
A delegada provincial da Consellería de Presidencia, Aurora Moinelo, realizou onte unha "xira" pola comarca ordense, na cal se reuniu con representantes do executivo local, que prantexou a necesidade dunha ampliación e remodelación da Casa do Concello, para o que se solicitou ó departamento autonómico representado por Moinelo unha subvención que amplía a solicitada polo anterior goberno, xa que se trata dun "proxecto moito máis ambicioso". Segundo o goberno, a reforma da casa consistorial pasa pola remodelación da existente e a construccion dun novo módulo adosado, para o cal se aproveitarían os terreos que o Concello posúe na parte posterior do mesmo. O goberno basea a necesidade da ampliación na cantidade de servizos que alberga na actualidade un mesmo edificio (Policía Local, Biblioteca...). -Na edición do correo galego, como podedes comprobar aquí, tamén di que as dependencias da Garda Civil están no propio edificio do Concello, penso que o corresponsal está mal informado, o que non sei é se foi a propósito ou por accidente- A obra pode ser presupostada nos primeiros meses do próximo ano
Ademais, o Concello tamén solicitou a Presidencia un novo vehículo para Protección Civil, e recordou a petición xa realizada dunha bomba urbana lixeira (camión antiincendios).
Pensades que é necesaria esta ampliación? Hai espacio suficiente para acometela? Poderían as obras causar un caos circulatorio pola chegada de camións de material, etc.? Coma sempre agardamos as vosas opinións e respostas.
Saudos.
P.D.: O que queira saber a miña opinión, que me avise, e quedamos algun dia...
P.D2.: As vacas voan...



10 comentários:
Non sexades fundamentalistas co que os periodistas poñen. Tamen facedes como o PP "todo vale" contra o Concello como arma de destrucción masiva. Son xoven teño sentido común e penso e no noso povo somos moitos.
A miña opinion era tiralo e fazer outro novo, este edificio e arquitectura do franquismo.
Pero quen merda tira aqui contra o concello? unha nova que so informa e falase de fundamentalismo... isto e alucinante
E além disso disse que tem "sentido común" e que no nosso povo há muitos assim. Ainda nom sei como nom somos o "Alhariz" da Corunha...
Podedes ter un traductor de Portugues, frances o Ingles, pois con ter que falar o castelan xa nos chega.
Facedes o favor de non empezar conversas sobre a lingua ,creo que este e un foro libre dentro do repeito
Também podeis ter um tradutor de "irrespeituosos":
"Podedes ter un traductor de Portugues, frances o Ingles, pois con ter que falar o castelan xa nos chega"
Sem entrar em o conteúdo do texto:
-"TraduCtor" es una palabra del castellano
-Portugués, francés o inglés se acentúan de forma gráfica por ser agudas terminadas en vogal, n o s. (leia-se com musiquinha)
-Los nombres de las lenguas se escriben con minúsculas; y, en el peor de los casos, se escriben todos igual; ¿o acaso el "francés" no se merece esa mayúscula?
Tem razão, com falar castelhano já nos chega...
Moitos de vós non sei que crase de nacionalistas sodes cando pretendedes que o noso idioma sexa o portugés ¿por que non o galego a secas, como o falan vosos avós, vosos pais e case todos vós cando non estades no foro, ou coa moza ou mozo que lle falades castelán?
Galicia ten unha lingua propia e agarimosa, non a desprecedes.
Dígoo con todos os respetos para o portugués, pero a eles non se lle ocorre decir portugés-galego.
"coa moza ou mozo que lle falades castelán?" Deus me libre.
"crase" non é nin galego nin portugés...
Unha proba maís de que gañamos a bandeira verde a pulso,ampliación da alameda cara o parque,ampliación do concello cara o parque e terán que cortar os plataneiros que estan xunto os taxistas,pero que carallo pasa aquí neste povo que todas as obras teñen que estar centralizadas no mesmo carozo de Ordes,pois nón, Ordes non e só o que temos o redor do concello,porque estes acabaran deixandolle construir no parque a calqueira promotor que lle dea uns pesos ou un baixo ainda que sexa para a garda civil.
Os municipaís,garda civil e xulgados como dín, podenlle facer un edificio en calqueira outro sitio mellor donde teñan aparcamento sen problema para a súa dotación e maís para os que teñan que ir a esas dependencias.
O mellor, o de por todo o redor do concello, tamén lles permite aos gobernantes controlar quen entra ou sae e se me interesa ou non tropezo e deixome ver,que iso levase moito verdade señores do goberno,non sexa que fulano fale cos do BLOQUE e eu non me intere.
Enviar um comentário