Co gallo de aumentar a variedade e a participación neste noso blogue, queremos animar a xente para escribir nel. Toda persoa seria, que teña algo que aportar e que o faga baixo o respecto sera aceptada a participar del. Danos igual a ideoloxía, sempre e cando se manteñan nuns límites (non queremos a hitlers nin nada diso). Podedes manter o anonimato se así o desexades. A norma principal é que non hai norma, sempre e cando non caiades en actos ilegais, nin insultedes á xente e aportando novas reais. Simplemente contactade connosco no mail abiliogamas@gmail.com.
Un saúdo.
Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.
quarta-feira, 28 de maio de 2008
Ordes ocupado: visita do Ejército Español
A passada semana o Ejército Español deslocou-se até o nosso concelho para fazer umha demostraçom de força e boas actitudes: exibiçom de força, parque temático das Fuerzas Armadas, etc... Montando um grande espectáculo no que esqueceu dizer o principal: ser soldado é matar por Espanha. Nom se falou de todos os delitos de barbárie, cometidos no Iraque, em Afeganistám ou na própria Galiza; as suas múltiples pelejas e agressons a moços e moças em Ponte Vedra (lugar de saída nocturna das bases cercanas) etc... É bem condenável que estes "criminais legais" intentem cumprir funções pedagógicas com crianças de colégio de primária. Educar na violência, no machismo, na força contra a razom...
Contudo, o acto foi condenado em pintagens que apareceram em distintos lugares da vila, assim como a través de várias organizações do pais.
Imos seguir rindo-lhe as graças a assassinos?
Organizações que expressárom o seu rejeitamento:
Galiza Nova Ordes:
http://galizanovaordes.blogspot.com/2008/05/organizacin-do-da-das-forzas-armadas.html
Agir:
http://www.agir-galiza.org/HTML/principal.php?pag=ler&fich=not631.htm
Regos culpa ó PP dos problemas no polígono, e o BNG culpa a Regos.
"Uns polos outros e a casa sen barrer".
Regos culpa ó PP da falta de ADSL do polígono.
O alcalde de Ordes, Manuel Regos, asegurou onte nun pleno ordinario sen máis puntos na orde do día que as preguntas da oposición, que o seu goberno arranxará as deficiencias do polígono industrial e concretamente a falta de rede telefónica e liña ADSL de acceso a Internet. O rexedor culpou, ademais, ao PP de Teodosio Martino, grupo titular da pregunta referente ao parque industrial, de ditas carencias por "ter recibido a obra sen ter as canalizacións oportunas e cunha depuradora que non funcionaba e que puxo a funcionar o novo goberno". Finalmente, anunciou tamén que o executivo "está traballando con Innovación e cederá unha parcela para a banda ancha".
Máis tarde, o BNG culpa a regos.
O BNG de Ordes respondeu ás declaracións realizadas polo alcalde de Ordes por medio do concelleiro Ramiro Recouso, que manifestou que "Regos debe admitir a súa corresponsabilidade na situación do polígono industrial de Ordes, xa que cando se executou, o actual alcalde era primeiro tenente de alcalde do goberno do PP e concelleiro de Obras e Servizos". Para o edil, Regos "pretende enganar aos veciños de Ordes ocultando que cando el tiña a responsabilidade de obras permitiu que a Xunta, gobernada tamén polo PP, aprobase un proxecto que non contemplaba a construción dunha depuradora, unha subministración eléctrica axeitada nin teléfono e Internet".
Por outra banda, chegannos á redacción rumores de que houbo un caso de "etilismo agudo" no IES nº 2 de Ordes, do que vos daremos conta cando teñamos máis información que a de algús pais de alumnos.
Recordade que nos, coma o raposo, sempre andamos axexando.

Voltamos!
Despois duns meses de "impas" por diversos asuntos, e tras ver que o único escaparate online para a actualidade ordense está de capa caída, e ata se podería decir, manipulado polo actual goberno (si, falo de "eordes"), non nos queda máis remedio que volver a nacer, con máis folgos ca nunca, para converternos no voso lugar de debate e opinión sobre as novas do concello.
Un saúdo.
Un saúdo.
Subscrever:
Mensagens (Atom)