Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.

quarta-feira, 28 de maio de 2008

Abrimos o blogue á participación popular.

Co gallo de aumentar a variedade e a participación neste noso blogue, queremos animar a xente para escribir nel. Toda persoa seria, que teña algo que aportar e que o faga baixo o respecto sera aceptada a participar del. Danos igual a ideoloxía, sempre e cando se manteñan nuns límites (non queremos a hitlers nin nada diso). Podedes manter o anonimato se así o desexades. A norma principal é que non hai norma, sempre e cando non caiades en actos ilegais, nin insultedes á xente e aportando novas reais. Simplemente contactade connosco no mail abiliogamas@gmail.com.

Un saúdo.

3 comentários:

Anónimo disse...

Por fin temos unha bandeira verde,debe de ser a de UXO, porque a do medio ambiente sinto vergoña allea de que no la deran.
Gustaríame que o meu/noso concello tivera unha bandeira verde polo mérito que se merece,pero non por unha propaganda política enchufada polo presidente de sogama para que calemos a boca a cambio de nada.
1º-A limpeza do río non e tal, sigo vendo un río soterrado no campo da feira cheo de lixo,tubos de lavadoras que verten directamente o río,plásticos, botellas fugas no alcantarillado.Debaixo da ponta na nacional 550 dirección Santiago, unha arqueta que verte o río cando non collen as augas por ela,(con un tubo de aliviadoiro posto en obra).
2º-Os camións de sogama seguen a pasar pola vila,cando chegue o verán non imos ter unha vila verde,teremos unha vila cheirenta como de costume,pero iso sí, viran os turistas das grandes urbes a respirar o cheiro de sogama,da Areosa e as vacas mortas que pasan a cotío por aquí.
3º-As empresas non reciclan,tiran todo o mesmo contenedor, dende o Concello e a empresa que xestiona a recollida de lixo nunca se fixo nada para que iso non pase,e por aí temos que empezar se non queremos vertedoiros incontrolados e perigrosos para a nosa saúde.
4º-Por repartir uns poucos composteiros nas aldeas,non quere decir que xá reciclamos porque eu nacín na aldea, estou sempre en contacto co rural e quen recicla a materia orgánica son os porcos,galiñas os cans....e non lle fai falta ningún composteiro,pero iso sí un contenedor para o vidrio seguro que lles era maís útil,cousa que escasea bastante ou non teñen nas aldeas.
Non digo maís e non é porque non teña ideas,pero eu non cobro por elas como fan os gobernantes,eso sí,non se pode facer o proxecto despois da obra,senón que temos que empezar sempre polo proxecto estudalo e despoís obrar,non apurarse a sair na foto sen maís.

Anónimo disse...

Noraboa camiñante! Que contento me poñen comentarios coma o teu, por fin hai xente que ten algo que decir, e que o di coherentemente.

Anónimo disse...

Que sorpresa, camiñante porque non escribes no blog, xa que o abren?

 

© New Blogger Templates | Webtalks