Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.

segunda-feira, 21 de janeiro de 2008

Campaña de "La voz" para dar a coñecer o estado actual da "ADSL" rural galega.

Mirando as novas na páxina de "La voz de Galicia", vin con sorpresa como se "mollaron" desta vez, e como resposta ó mail dun lector, iniciaron unha campaña de verdadeira información, na que cada lector pode dar a coñecer o seu caso de mal funcionamento ou non funcionamento da ADSL rural. Como Ordes é un concello rural, pese a quen lle pese, poño o enlace á dita campaña AQUÍ, e fago un chamamento para que todos poñades o voso caso, sei que non vai servir de moito, pero polo menos notarase un pouco. Tamén vos chamo a que nos vosos comentarios nos contedes a vosa experiencia coa dita ADSL rural. Moitas gracias de antemán.


sexta-feira, 4 de janeiro de 2008

Fenosa investirá 1,3 millóns en Ordes para solucionar dunha vez os apagamentos

O Concello de Ordes acaba de conseguir o compromiso de Unión Fenosa de investir 1,3 millóns de euros nos próximos dous anos para solucionar o problema dos continuos cortes de luz. Así se desvelou onte no transcurso dunha reunión do equipo de goberno con directivos da empresa eléctrica madrileña.

Segundo o alcalde, Manuel Regos, «comprometéronse a que a subestación de Sigüeiro entrará en servizo a finais de xaneiro e, xunto á incorporación de cinco novas liñas de media tensión, acabaranse definitivamente vos problemas de subministro eléctrico aos veciños dá vila e do polígono industrial».

Os representantes da empresa eléctrica confirmaron un investimento de 1.357.000 euros nos traballos de mantemento e mellora da subministración eléctrica en Ordes durante os dous próximos anos, feito que, segundo o alcalde, demostra a «boa disposición» da compañía eléctrica para «acometer unha serie de importantes actuacións en Ordes».

Para empezar, a finais de xaneiro entrará en funcionamento a subestación de Sigüeiro e durante o primeiro trimestre incorporaranse cinco novas liñas de media tensión a esta subestación, o que mellorará en gran medida e a curto prazo a calidade do servizo eléctrico en todo o municipio, fundamentalmente na vila ordense e o polígono industrial, segundo o concelleiro de Obras, Roberto González. (opinión persoal: alguén se cree algo vindo da boca deste señor?)

Tamén durante o próximo ano construiranse tres liñas de media tensión, tres centros de transformación e tres redes de baixa tensión nos lugares de Vilar de Ceidón (Ordes), A Regueira (Beán) e O Carballo (Pereira), o que beneficiará directamente aos veciños destas zonas. Así mesmo, as actuacións de Unión Fenosa no mantemento da rede elevaranse a 152.000 euros.

Para o 2009 está prevista un investimento de 426.000 euros na posta en marcha de nove liñas de media tensión, nove centros de transformación e nove redes de baixa tensión en varios lugares do municipio, entre eles Fraga dá Galiña e Darefe (Ordes), Vilasenín II, Menlle e Castro (Leira), O Pazo e Carrucheiros (Ardemil), Costa, Vixide e Piñeiros (Montádevos), Piñeiro (Poulo) e Vilariño (Buscás). Durante o exercicio do 2009 a eléctrica tamén investirá outros 150.000 euros en actuacións de mantemento das súas instalacións no termo municipal de Ordes, sempre segundo os datos facilitados polos directivos da empresa eléctrica.

O Concello estima que con estas actuacións Unión Fenosa satisfai as demandas presentadas, con manifesto de protesta incluído, que desembocou nesta reunión.


P.D.: Non me preguntedes o que teño contra Roberto González, non é nada persoal, nin nada que teña que ver coa miña ideoloxía, simplemente que ese home dedícase a prometer reasfaltados nas pistas ós probes anciáns das parroquias mais afastadas do concello; promesas que incumple, pois o homiño este so se adica a repintar as estradas do centro do pobo, que xa estaban correctamente pintadas.... (todo para quedar ben).
Fóra disto, esperamos os vosos comentarios coma sempre.

P.D.2.: Adiantándome ós posibles comentarios, non son do BNG nin teño nada que ver co BNG. (e digoo porque xa sei que moita xente nos vai vir acusando de bloqueiros e blablabla... demasiado falar por falar, se vos pedimos as opinións será porque ansiamos un debate xusto, nada de insultos partidistas...)
 

© New Blogger Templates | Webtalks