Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.

quarta-feira, 17 de outubro de 2007

Varias novas.

O alcalde de Abegondo, Juan José Rocha, lanzou onte duras críticas contra o Parque Eólico de Ordes.
Rocha dí que o Parque, unha iniciativa tramitada directamente polo Ministerio de Industria,«hipoteca definitivamente calquera posibilidade de desenvolvemento sostible e renovable do Concello» e, xa que logo, choca «frontalmente co Plan Eólico Solar Estratéxico do Concello de Abegondo incardinado dentro do Plan de Eficiencia e Aforro Enerxético Municipal».

A Deputación financia a normalización lingüística de 13 concellos, entre eles o de Ordes.

A relación de Concellos, que se beneficiarán de achegas que oscilan entre 6.000 e 12.000 euros, está integrada por Santiso, Boimorto, Frades, Boqueixón, Tordoia, Vedra, Oroso, Arzúa, Ordes, Ames, Melide, Teo e Val do Dubra. O deputado responsable da área de Normalización Lingüística destacou que «as administracións locais teñen que xogar un papel fundamental na normalización e na dignificación do noso idioma, e, por iso, dende a Deputación da Coruña se prantexou hai uns anos a posibilidade de conveniar cos concellos que así ou desexasen a creación e mantemento de servizos de normalización lingüística». En palabras de Xoán Manuel Sande «a convocatoria de axudas deste ano foi un éxito pois case duplica ou número de concellos que van contar cun servizo de normalización lingüística, chegando a preto dá metade dúas concellos dá provincia».

Cincocentos ordenses piden o desvío dos residuos de Sogama.

Preto de medio milleiro de veciños de Ordes estamparon a súa firma nos escritos que desde hai dúas semanas están repartidos polo municipio para esixir a Sogama que utilice unha vía alternativa ao centro urbano da localidade para trasladar os residuos sólidos urbanos á planta de incineración de Cerceda. Os responsables locais do BNG esperan aumentar o número de sinaturas, xa que deixaron numerosos escritos repartidos por diversos comercios da vila. A proposta que expoñen os autores da campaña é que o constante peregrinar de camións cargados de residuos sólidos desvíese pola autoestrada e por novos viarios nos que o impacto ambiental é menor.Sogama confirmou que non está polo labor de aceptar esta proposta porque considera que lle supón un custo engadido de 2,4 millóns de euros. Como medida compensatoria asinou un convenio de colaboración co Concello de Ordes para organizar actividades que fomenten a compostaxe e a reciclaxe, no que Sogama exerce o pago dunha tarifa (ó meu parecer ridícula) polo paso dos camións polo centro da vila.

Coma sempre, pedimos as vosas opinións.

Saudos!

domingo, 14 de outubro de 2007

Accidente do coche de Protección Civil o sábado pasado en Ordes.

Supoño que será coñecido por algúns dos nosos lectores, pero por outros non, xa que foi bastante ben sacado da luz publica polo goberno ordense; O sábado pasado (día 6 se non me equivoco) conducía o coche de protección civil un rapaz de 18 anos con moi poouco tempo de carnet, e, en lugar de facer o seu traballo, dedicabase a andar polo Campo da Feira chuleando. Nunha destas, parouse diante do Papaluz, e subiu a unhas raparigas. Foron por aí a dar unha volta, coa mala sorte de que se remataron estrelando nas inmediacións do Alto. Isto é textualmente o que me dixo unha das miñas fontes, que penso que está bastante enterada; pero SE SABEDES MÁIS SOBRE O TEMA, OU O QUEREDES DESMENTIR, este é o voso lugar, ademais de que podedes opinar se vos parece correcto que un rapaz de 18 anos, que aínda é novato, conduza o coche oficial de Protección Civil.

P.D.: A todos os que nos acusan de imparciais, de militantes do bloque, de independentistas, etc etc etc. : Non sabedes quen é o que vos escribe, e se fosemos militantes do bloque, penso que se notaría bastante máis. Pero se o único que facemos e poñervos as noticias tal cal saen na prensa!! que imparcialidade hai niso? A min que mo expliquen...

quinta-feira, 4 de outubro de 2007

As orquestras queren cobrar os contratos que anulou o Concello.

Como xa adiantabamos aló polas datas das festas, o correo galego confirma que as orquestras contratadas por Martino para as festas, e que foron rexeitadas pola actual corporación, queren cobrar os cartos deses contratos, ademais dunha indemnizacion por prexuizos. O contrato firmado por Martino coa empresa encargada de representar ás orquestras, é de 48.000 € para a actuación de catro orquestras: Ciudad Cristal, Mar Azul, Ciudad de Vigo e Sol América. Ante a rescisión do contrato e a cancelación das actuacions dos grupos (que cobrarían 12000€ cada un) a empresa representadora (Dia y Noche) enviou unha reclamación ó concello na que pide unha indemnización.
Seguramente Regos rexeite a petición e faga cargar a Martino coa responsabilidade, polo que o tema rematara nos xulgados como xa adiantabamos.

Agora que se coñecen os datos do anterior contrato, hai que dicir que era unha animalada, pois é unha animalada que esas orquestras cobren tanto como Paris de Noia, Panorama, Olympus, Philadelphia... sabendo que non chegan a ese nivel. Por outra banda, a actuación da actual corporación foi con boa intención, pero chapuceira a máis non poder, típica de novatos nos cargos.

Coma sempre, queremos saber as vosas opinións.
 

© New Blogger Templates | Webtalks