Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.

sexta-feira, 21 de dezembro de 2007

Regos cambia dedicación parcial por exclusiva e cobrará 43.000€

A proposta preséntase hoxe en comisión e apróbase no pleno do 28 ·· O alcalde gañará 6.000 euros menos que o seu antecesor, pero os soldos do executivo superan aos do goberno Martino, formado por só catro edís.

Seis meses logo de tomar posesión como alcalde de Ordes, Manuel Regos cambiará o seu réxime laboral de dedicación ao Concello. Ata agora Regos gozaba dunha dedicación parcial de 20 horas semanais cunha remuneración anual de 20.000 euros brutos. Con todo, o equipo de goberno proporá hoxe en comisión informativa á Corporación o cambio de réxime, para pasar a ostentar unha dedicación exclusiva cun mínimo de 40 horas semanais dedicadas á súa función gobernamental no Concello. Este cambio levará tamén un aumento no soldo do rexedor, que se fixará en 43.000 euros brutos por ano.
Manuel Regos explicaba que esta decisión responde ó respeto que ten polo Sergas onde ocupa unha praza de administrativo, que agora está sendo cuberta por outros compañeiros no horario liberado do que o alcalde dispón para atender o seu cargo no executivo ordense.
"É necesario diferenciar a política do traballo, e co ritmo constante de visitas oficiais a administracións e entidades que leva este goberno en busca de melloras para o municipio é imposible facerse cargo doutras responsabilidades", "espero amortizar o novo soldo para catro anos no próximo 2008, traendo solucións ós problemas do concello, porque o ano que vén ten que ser o ano de Ordes".
Aínda que Regos Boquete cobrará case seis mil euros menos que Martino, o total de gasto do novo executivo nos soldos (114.940 €) superará, co incremento de salario de Regos, nuns 15.000 euros á cifra total que o goberno Martino dedicaba a este fin (99.676 €).

E agora digo eu... recordamos aquelas palabras do señor Astray de Xullo deste mesmo ano, nas que decia que non ía apoiar un aumento do gasto nas retribucións do goberno? Que fará o señor Astray tras este anuncio? Estamos ante un caguetas ou estamos ante unha persoa que cumpre coa súa palabra? Deixovos un link no que se recollen as palabras do señor Astray.

Coma sempre esperamos a vosa opinión, porque, ainda que parezamos mortos por momentos, seguimos moi vivos.
 

© New Blogger Templates | Webtalks