Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.

quarta-feira, 13 de agosto de 2008

Aparición de troitas mortas no río...

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG



P.D.: E se isto ocorre nun concello que foi galardoado (merecidísimamente, segundo as autoridades) coa bandeira verde pola súa grandiosa xestión medioambiental... que pasará nos concellos que non a teñen? Para min que vai tomando forma o feito de que o galardón sexa un paripé para calar bocas con respecto ás "merdas" do concello (perdoade a expresión e véxanse dobres e tripes sentidos...). Como pode ser que no río que pasa polo centro da vila máis importante do concello "verde" esté aparcada a moto de plástico dun bebé? E os botes de cervexa campando ás súas anchas polo fondo do río? O da morte das troitas puido ser causado por unha vertedura accidental, algo que é dificil de previr, pero o da moto, o dos botes de cervexa, o dos tubos rotos... a min cheirame un pouquiño mal o tema da bandeira verde visto o panorama, non credes?

Novas e vellas

O BNG de Ordes pide cortar o tráfico na N-550 nas festas

A nova Alameda de Ordes será o escenario das festas patronais do municipio, deste xeito os palcos das distintas orquestras non se situarán na estrada N-550 impedindo o paso do tráfico rodado, como se facía ata agora. Con todo, desde o BNG de Ordes considérase necesario desviar o tránsito desta estrada durante os días principais dos festexos.

A pesar de que este grupo político manifestou a súa satisfacción polo feito de que a ampliación da Alameda estea operativa para as festas, María Xosé Raña, concelleira nacionalista de Ordes, considera que «nos días que a afluencia de xente ás festas patronais vaia ser maior, o 15 e o 16 de agosto, o goberno municipal debería intentar chegar a un acordo co Ministerio de Fomento que permita o desvío do tráfico». Deste xeito, segundo indica Raña, poderíanse instalar os palcos das orquestras á beira das terrazas dos locais de hostalería que están enfronte da Alameda.

Para a concelleira do Bloque Nacionalista ordense «manter o tránsito na N-550 nos momentos de maior afluencia de xente ás festas obrigará aos veciños a cruzar a estrada para acceder desde a zona, onde están situados vos palcos, aos locais de hostalería, o que xerará situacións de perigo, ademais dun evidente prexuízo aos establecementos hostaleiros».

Ivan Raña.
A noite do Luns ao Martes, día 19 de Agosto, ás 04.00 horas, proxección en directo da proba de triatlón dos xogos olímpicos de Pekín no Auditorio da Casa da Cultura ordense.


Ordes terá 170 prazas de aparcadoiro subterráneo preto da Alameda.

O aparcadoiro situarase no parque Félix Rodríguez de la Fuente, que perderá arboleda e equipamentos

O Concello de Ordes decidiu por freo aos problemas de aparcadoiro do centro urbano dando os pasos necesarios para a construción dun aparcadoiro subterráneo a escasos metros da Casa Consistorial. Este proxecto, do mesmo xeito que a iniciativa que prevé ampliar a sede do Concello ordense, recibiu o pasado martes o visto e prace da Consellería de Medio Ambiente, cuxos servizos técnicos entenden que ambas as intervencións, aínda que implican cambios na normativa urbanística en vigor, non necesitan someterse a un estudo estratéxico de impacto ambiental, o que permitirá ao grupo de goberno aforrar moito tempo en novos estudos e trámites burocráticos.

O futuro aparcadoiro subterráneo ordense prevé aproveitar a zona do parque Félix Rodríguez de la Fuente, situado na parte traseira do recinto da Alameda, para construír dúas plantas baixo terra con capacidade para albergar, en total, 170 prazas de estacionamento. A execución do proxecto, para o que non hai prazos oficiais, afectará ó parque infantil, á pista deportiva e tamén ás árbores deste recinto, concretamente doce exemplares da especie acer platanoides , popularmente coñecidos como plátanos.

A decisión de construír un aparcadoiro baixo terra nesta zona obedece, segundo consta no proxecto técnico, a que se rexeitou a posibilidade de situalo na zona coñecida como Campo da Feira por razóns de tipo xeotécnico e porque baixo terra nesta zona discorre o río Mercurín, hoxe en día canalizado. Ademais, dado que na zona do Campo da Feira existe unha parcela municipal para equipamentos aínda sen desenvolver, o Concello considera que «sería máis conveniente para os intereses municipais agregalo ao sistema xeral de zonas verdes para ampliar a execución do acondicionamento das marxes do río Mercurín en proxecto e agregar a superficie equivalente á parcela de equipamento do actual Concello, posibilitando así a súa necesaria ampliación».

O Concello xustifica a demanda deste aparcadoiro ao afirmar que «a ampla oferta administrativa e de servizos que se dan na zona central da vila fai que sexa elevado o número de vehículos que diariamente se achegan desde os diferentes puntos do termo municipal ao centro de Ordes». O Concello recoñece que esta necesidade é palpable na zona, aínda que sexa «en detrimento das zonas de esparcimento e goce dá poboación».

Futura casa consistorial

O proxecto para o que se solicitaron os preceptivos permisos ambientais tamén propón un cambio de cualificacións urbanísticas de chan para permitir a ampliación do consistorio.

Esta obra, para a que Presidencia confirmou unha achega de seiscentos mil euros, suporá a construción dun novo edificio de 980 metros cadrados, que se situará tras as dependencias actuais. Será unha construción de soto e tres alturas para situar nel todos os servizos administrativos municipais.


Ambos os proxectos afectarán a unha superficie final de 3.276 metros cadrados

Os proxectos de ampliación da Casa Consistorial de Ordes e de construción dun aparcadoiro subterráneo baixo a superficie do parque Félix Rodríguez de la Fuente implicarán cambios nas normas subsidiarias. Estas modificacións, aínda que non son significativas, afectarán a unha superficie total de 3.276 metros cadrados en pleno corazón do centro urbano. Por iso, para a execución destas obras foi necesario solicitar o preceptivo informe da Consellería de Medio Ambiente sobre impacto ambiental.

A súa resolución, que data do pasado día 5, establece que, «sempre que se cumpran as medidas de protección ambiental recollidas no documento de modificación das normas subsidiarias, considerar que dito instrumento carece de efectos ambientais significativos determinantes da súa necesidade de avaliación ambiental estratéxica». Ambos os proxectos técnicos foron presentados na Consellería de Medio Ambiente o pasado 16 de maio, tras aprobar o orzamento.

 

© New Blogger Templates | Webtalks