Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.

quarta-feira, 29 de agosto de 2007

González e a Abraira

Ouvín unhas noticias que poden ser interesantes, aínda que non actuais, si está ben coñecer algunhas cousas que pasaron, para saber a que aternos.

Contase nos círculos académicos do colexio Castelao, que cando foran as votacións para decidir se se aplicaba un horario de xornada continua, ou se polo contrario se mantiña o horario de tarde, houbo manobras estranas.
Este tipo de votacións necesitan dun porcentaxe de votos de nais e pais de alunos para se aprobar. Polo visto, ás poucas horas de pechar as urnas, non habia o quorum necesario. Foi entón cando aparece Roberto González, actual concelleiro de Obras Públicas. A Abraira acude a el, e entre os dous, coa listaxe de alunos, e telefono en man, chaman unha por unha a todas as casas pedindo o voto, dun xeito que recorda moito a certas prácticas caciquís deste país.

Por outro lado, parece ser tambén que durante o tempo que Maricarmen Abraira estivo de directora do colexio, houbo certo desvío de fondos. O colexio ten uns cartos destinados ao menú do comedor escolar, que escolle o colexio. A trampa é fácil, declárase comprar un peixo (por exemplo) de certa calidade, e de certo prezo, mais en realidade o que se lle dá aos nenos de comer é outro máis barato. A diferenza de prezos, obviamente, ia para o peto da Abraira.

Gustaríame que se alguén sabe algo sobre isto, que me parece moi serio, o compartise con nós para facelo público. Evidentemente, se alguén dos aludidos quere desmentir isto, ten o blogue á súa disposición.

quinta-feira, 23 de agosto de 2007

Verquidos incontrolados en Ordes

Segundo "El Correo Gallego", a concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes, ordeou a retirada dos residuos atopados nun vertedoiro incontrolado situado nun tramo, agora inhabilitado, da estrada comarcal AC-524, preto de Poulo. Alí apilábanse distintos tipos de refugallos, desde electrodomésticos, un carriño de bebé, varios colchóns vellos... etc. Jesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente, sinalou que será prioritaria a eliminación de calquera punto de vertedeiro/verquido incontrolado. Por outra banda, o Concello proxecta habilitar puntos de extracción de auga destinada á limpeza de cisternas, para evitar os verquidos de Purín ós rios.

Noutros temas fun bastante reservado á hora de dar a miña opinión, pero neste, vexome na obriga de facelo. Se teñen bontade de eliminar todos os puntos de verquidos incontrolados/contaminantes, xa lles dou un polo cal empezar: na parroquia de Leira, atópase situada unha das maiores empresas ordenses, internaco. Pois, fara un mes, mais ou menos, un rapaz ordense, facíase eco no seu blogue dun verquido ilegal procedente dunha das naves desa empresa, e que ia dar a un rio próximo. Prégovos que visitedes o link, porque hai imaxes, imaxes que dan verdadeiro noxo. Xa sei que o de tirar refugallos por aí é un tema distinto, pero complementario. E moito choio teñen no concello se queren erradicar todos os vertedoiros incontrolados, pois saindo ó monte detrás da miña casa xa hai varios.

Pregovos a vosa opinión, pois é un tema que me toca bastante a fibra sensible.

Saudos dun "desinformador".

terça-feira, 21 de agosto de 2007

O que pasou coas orquestras de Martino...

Facéndonos eco de diversos comentarios que preguntan que pasou coas ditas orquestras, temos informacions de que o dia 15 de agosto, pola tarde, apareceron 2 orquestras na alameda para realizar a montaxe, coa conseguinte sorpresa que se levaron ó ver que xa estaban os palcos de outras 2 montados. Co cabreo que tiñan, pediron falar con xente do concello, alí chegaron distintos persoeiros, que foron increpados polos membros das orquestras, que pediron cobrar o mesmo ca se tocaran, pois ninguen os avisara da contratación de outras. Pois nada, ó final o conto acaba nos xulgados, cos das orquestras poñendo denuncias a punta pala. Todo isto resúmese nunha frase: "Pagamos as orquestras baratas e as caras, e só escoitamos as baratas".

Esperamos as vosas opinións sobre o tema e sobre a actuación do concelleiro de festas, se foi el o que actuou.

sexta-feira, 3 de agosto de 2007

Programa Definitivo das Festas Patronais de Ordes

A menos de 15 días para o comezo das mesmas, lánzase o cartel/programa que anuncia os actos para cada un dos días das festas:




























P.D.: Podedes dar a vosa opinión... Parecevos que estas festas costan máis de 100.000€, que era o que estaba presupostado?

Saudos!

quarta-feira, 1 de agosto de 2007

Cristina Pato tocará en ordes o 12 de Agosto dentro do verán Cultural.

A gaiteira Cristina Pato será o prato forte do chamado "verán cultural" ordense (o que antes era a semana cultural de antes das festas). Cristina tocará o dia 12 de Agosto na alameda, nun concerto organizado polo concello co patrocinio de Caixanova.

o veran cultural comezará hoxe coa actuación dos títeres de Falcatrúa, e a proxección da película Mia Sarah (dentro do ciclo "Noites de Cine) ás 22:30 na alameda. O xoves haberá teatro e o venres o Mago Pablo.

O Sábado: Xuntanza Folclórica da Mancomunidade de Ordes, ademais do VII Festival de Bandas (organizado pola Asociación Amigos da Música de ordes, non polo concello) e a noite de cine coa proxección de Pérez o Ratiño dos teus Soños. O martes dia 7 será o día do neno desde as 17:00 e o día seguinte, turno para Títeres Cachirulo con O Libro da Selva e Noites de Cine, con Piratas del Caribe II. O Xoves día 9, teatro con Os Colombaíños, o venres 10 actuación do Mago Vituco. Para o Sábado 11 queda a Xuntanza de Corais e a última noite de cine, con Puente a Terabithia.

Con respecto ás festas e ás orquestras (que tamén é interesante) as nosas informacions dinnos que ningunha das orquestras máis coñecidas (Paris, Panorama, Olympus) pasará por Ordes, excepto a Philadelphia, que o fará o día 17 (tamen sabemos que ese día actuará so esa orquestra).
Non temos máis noticias sobre as orquestras/artistas que tocarán nas festas, nin sobre o festival Ordes Rock (que non sabemos nin sequera se se celebrará) Pero iremos dando conta das novidades que haxa para que vos enteredes.

Sen máis un saudo.
 

© New Blogger Templates | Webtalks