A gaiteira Cristina Pato será o prato forte do chamado "verán cultural" ordense (o que antes era a semana cultural de antes das festas). Cristina tocará o dia 12 de Agosto na alameda, nun concerto organizado polo concello co patrocinio de Caixanova.
o veran cultural comezará hoxe coa actuación dos títeres de Falcatrúa, e a proxección da película Mia Sarah (dentro do ciclo "Noites de Cine) ás 22:30 na alameda. O xoves haberá teatro e o venres o Mago Pablo.
O Sábado: Xuntanza Folclórica da Mancomunidade de Ordes, ademais do VII Festival de Bandas (organizado pola Asociación Amigos da Música de ordes, non polo concello) e a noite de cine coa proxección de Pérez o Ratiño dos teus Soños. O martes dia 7 será o día do neno desde as 17:00 e o día seguinte, turno para Títeres Cachirulo con O Libro da Selva e Noites de Cine, con Piratas del Caribe II. O Xoves día 9, teatro con Os Colombaíños, o venres 10 actuación do Mago Vituco. Para o Sábado 11 queda a Xuntanza de Corais e a última noite de cine, con Puente a Terabithia.
Con respecto ás festas e ás orquestras (que tamén é interesante) as nosas informacions dinnos que ningunha das orquestras máis coñecidas (Paris, Panorama, Olympus) pasará por Ordes, excepto a Philadelphia, que o fará o día 17 (tamen sabemos que ese día actuará so esa orquestra).
Non temos máis noticias sobre as orquestras/artistas que tocarán nas festas, nin sobre o festival Ordes Rock (que non sabemos nin sequera se se celebrará) Pero iremos dando conta das novidades que haxa para que vos enteredes.
Sen máis un saudo.
Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)



5 comentários:
O Ordes rock, según teño entendido, non se vai facer. Este ano vai ser un festival novo chamado "Brincadeira" e será o 25 de agosto.
Van tocar: Terracota, Lamatumbá, Samesugas e Kastomä, e estará Mofa e Befa.
No blogspot de Kastomä xa aparece o cartel
Dito seja de passo, creio que está organizado por Hamas e Murdok (se me equivoco pedo desculpas). Nom seja que logo leve méritos Regos...
Temos dito moitas veces que non se admiten comentarios escritos en maiúsculas. Todos os que recibamos, serán borrados.
o merito e de quen organiza e colabora niste caso o concello con xente dun grupo de ordes.
Pois ainda acertachedes ben
Enviar um comentário