Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.

sexta-feira, 4 de janeiro de 2008

Fenosa investirá 1,3 millóns en Ordes para solucionar dunha vez os apagamentos

O Concello de Ordes acaba de conseguir o compromiso de Unión Fenosa de investir 1,3 millóns de euros nos próximos dous anos para solucionar o problema dos continuos cortes de luz. Así se desvelou onte no transcurso dunha reunión do equipo de goberno con directivos da empresa eléctrica madrileña.

Segundo o alcalde, Manuel Regos, «comprometéronse a que a subestación de Sigüeiro entrará en servizo a finais de xaneiro e, xunto á incorporación de cinco novas liñas de media tensión, acabaranse definitivamente vos problemas de subministro eléctrico aos veciños dá vila e do polígono industrial».

Os representantes da empresa eléctrica confirmaron un investimento de 1.357.000 euros nos traballos de mantemento e mellora da subministración eléctrica en Ordes durante os dous próximos anos, feito que, segundo o alcalde, demostra a «boa disposición» da compañía eléctrica para «acometer unha serie de importantes actuacións en Ordes».

Para empezar, a finais de xaneiro entrará en funcionamento a subestación de Sigüeiro e durante o primeiro trimestre incorporaranse cinco novas liñas de media tensión a esta subestación, o que mellorará en gran medida e a curto prazo a calidade do servizo eléctrico en todo o municipio, fundamentalmente na vila ordense e o polígono industrial, segundo o concelleiro de Obras, Roberto González. (opinión persoal: alguén se cree algo vindo da boca deste señor?)

Tamén durante o próximo ano construiranse tres liñas de media tensión, tres centros de transformación e tres redes de baixa tensión nos lugares de Vilar de Ceidón (Ordes), A Regueira (Beán) e O Carballo (Pereira), o que beneficiará directamente aos veciños destas zonas. Así mesmo, as actuacións de Unión Fenosa no mantemento da rede elevaranse a 152.000 euros.

Para o 2009 está prevista un investimento de 426.000 euros na posta en marcha de nove liñas de media tensión, nove centros de transformación e nove redes de baixa tensión en varios lugares do municipio, entre eles Fraga dá Galiña e Darefe (Ordes), Vilasenín II, Menlle e Castro (Leira), O Pazo e Carrucheiros (Ardemil), Costa, Vixide e Piñeiros (Montádevos), Piñeiro (Poulo) e Vilariño (Buscás). Durante o exercicio do 2009 a eléctrica tamén investirá outros 150.000 euros en actuacións de mantemento das súas instalacións no termo municipal de Ordes, sempre segundo os datos facilitados polos directivos da empresa eléctrica.

O Concello estima que con estas actuacións Unión Fenosa satisfai as demandas presentadas, con manifesto de protesta incluído, que desembocou nesta reunión.


P.D.: Non me preguntedes o que teño contra Roberto González, non é nada persoal, nin nada que teña que ver coa miña ideoloxía, simplemente que ese home dedícase a prometer reasfaltados nas pistas ós probes anciáns das parroquias mais afastadas do concello; promesas que incumple, pois o homiño este so se adica a repintar as estradas do centro do pobo, que xa estaban correctamente pintadas.... (todo para quedar ben).
Fóra disto, esperamos os vosos comentarios coma sempre.

P.D.2.: Adiantándome ós posibles comentarios, non son do BNG nin teño nada que ver co BNG. (e digoo porque xa sei que moita xente nos vai vir acusando de bloqueiros e blablabla... demasiado falar por falar, se vos pedimos as opinións será porque ansiamos un debate xusto, nada de insultos partidistas...)

55 comentários:

Anónimo disse...

Os do goberno están aproveitándose das xestións do BNG. Por si alguén ainda non o viu envio esta noticia do 13 de decembro de 2007, publicada no Correo Gallego:

EL CORREO GALLEGO 13/12/2007

"Industria requerirá a Fenosa que solucione los apagones en Ordes

El delegado provincial de la Consellería aseguró al BNG local que a finales de enero se conectará la subestación de Oroso con San Caetano y Meirama

El portavoz municipal del BNG de Ordes, Gonzalo Castro, se ­reunió el martes con el delegado provincial de la Consellería de Industria, el nacionalista Luis Barcia, para reclamar soluciones a los continuos cortes de suministro eléctrico en el municipio.

En dicha reunión, el delegado provincial confirmó a Gonzalo Castro que Industria exigirá a Unión Fenosa, responsable de las deficiencias en el suministro eléctrico ordense, que explique detalladamente el origen de las averías que dieron lugar a los apagones (hasta 14 en un día) vividos en el municipio, especialmente el último mes. Además, a petición del departamento ­autonómico, la eléctrica deberá revisar la totalidad de las líneas averiadas y adoptar las medidas necesarias para evitar que se puedan producir nuevos apagones en la zona.

Entre los compromisos adquiridos por la Consellería destaca también la finalización, la próxima semana, de los trámites para la puesta en funcionamiento de la subestación eléctrica de Oroso. Esta se conectará el próximo enero, según Luis Barcia, a las subestaciones de San Caetano y Meirama, un enganche que permitirá mejorar sustancialmente la calidad del suministro eléctrico en toda la comarca de Ordes.

Además, según declaró el delegado provincial de Industria, en 2008 se realizarán obras de refuerzo de las líneas y ramificaciones eléctricas en la comarca, en las zonas donde se han detectado problemas de servicio eléctrico, incluyendo las mismas en el Plan da Consellería de Innovación e Industria para a Mellora da Calidade de Subministración Eléctrica.

Por su parte, Gonzalo Castro mostró su satisfacción por las medidas adoptadas por la Consellería que dirige el nacionalista Fernando Blanco, medidas que, en su opinión, "permitirán solucionar definitivamente os problemas de subministración eléctrica no concello de Ordes"...

Isto é o que hai, o que debía facer a Consellería de Industria é chamar a atención aos de Fenosa por mentir descaradamente, xa que eses millóns dos que falan non os pon Fenosa, están cofinanciados pola Consellería de Industria a través do Plan da Consellería de Innovación e Industria para a Mellora da Calidade de Subministración Eléctrica.

Moito fume e poucas noces as deste goberno. Pero para aproveitarse do traballo dos demáis andan de carallo.

Anónimo disse...

JA,JA,JA,JA.....xa empezan os pantoches do BNG a darlle a lingua viperina. De verdade un cree que estos individuos do BNG de Ordes ( bueno perdon a parte minoritaria pero que son os que estan no Concello) creerse as suas visions, verdaderamente aconsellolle que vaian o psiquiatra pois estan de atar e esto o pobo sabeo así lle foi o dia que veu Paco Rodriguez sioin estaba unha parte do BNG de 63 persoas 25 eran de fora de Ordes, todo un exito para os Ramiro boys( o chosco,o martisa,etc)

Anónimo disse...

Señor anónimo. Usted debe ser desos radicais que habia no BNG e que grazas a dios están onde teñen que estar.

Eu son de Vilamaior e fun o outro día á conferencia do señor Francisco Rodríguez, e a min non me ditan as contas que di usted, porque sólo de Vilamaior eramos máis de 15 de personas e alí había polo menos 100 personas.

Siga vostede onde está, na súa casa, que é onde mellor pode estar.

Eu tamén creo que os do goberno se aproveitaron do traballo de gonzalo coa Consellería de Industria.

Anónimo disse...

Son o de Vilamaior señor anónimo. Di vostede que os que están no concello representan a unha minoría do BNG.

Pois haber como se explica que os que están no concello representan a unha minoría, ¿e logo no BNG non se votan as listas das eleccións polos afiliados?

Eu creo que sí. ¿Verdad?

Daquela si Gonzalo, Ramiro e maría xosé foron elexidos para ir nos postos altos da lista, sería pola maioría dos afiliados, ¿Verdad?

¿Non será usted un deses radicais resentidos que nos queren obligar a falar portugués e que gracias a dios son minoría no BNG de Ordes?

Eu creo que si.

Anónimo disse...

Eu creo que os do BNG actuan de forma equivocada.

Solucionanlle os problemas ao goberno municipal e ao final a xente cree que foron os do goberno os que o solucionaron.

Eu creo que a oposición non debería solucionarlle os problemas ao goberno, si queren chegar a gobernar.

Señores do BNG. Pensen e rectifiquen, sinon vamos ter Regos para moitos anos.

Anónimo disse...

A verdade non estou de acordo co segundo anonimo pero tampouco estou de acordo co de vilamaior. O señor de vilamaior esta demostrando a sua tremenda ignorancia sobre un partido como o BNG e chama radicais; sen os minimos argumentos, a parte dos seus filiados; tremendamente ignorante hai que ser para afirmar que nos queren obrigar a falar portugues, vergonza che deberia dar...
Se para ti Beiras e un deses radicais do BNG tes un problema porque parte deses "radicais" dos que falas pertencen a mesma corrente.
Igual eso e o que che intenta facer pensar algunha persoa do BNG actual...

Anónimo disse...

Serei moi ignorante, a fin de contas non son máis que un veciño de Vilamaior e non estou nesa élite de listos de Universidade que non pisaron unha eira na súa vida.

Pero desde a miña ignorancia eu creo que Beiras é moito máis radical que Quintana. ¿Ou non?

E supoño que si llo preguntas á xente en Vilamaior, Buscás, mercurín... tamén che dirán que lles gusta máis Quintana que Beiras porque é máis moderado.

O problema dos que defendedes a Beiras é que non vos relacionades coa xente, sólo vos interesa estar con catedráticos, profesores, etc, pero o de falar co pueblo, nada de nada.

Eu de feito ainda non vos vin por Vilamaior, eu a xente do bng que vexo por vilamaior son gonzalo, ramiro, avelino, maría... e polo que teño entendido son de quintana non de beiras.

Será que para os de Beiras falar coa xente da aldea é rebaixarse.

O mellor que fixo o BNG foi cambiar a Beiras por Quintana.

Anónimo disse...

Cantos complexos...

Anónimo disse...

Este de Vilamaior ten que cambear os lentes pos ou on sabe contar ou necesita mais diotrias. Os de Beiras inda somos moitos no BNG de Ordes, vos Ramiro Boys tedes menos vida no BNG de Ordes que un caramelo a porta de un colexio.
Falas de Beiras e non sabes nin quen é

Anónimo disse...

Dubido e moito que este ultimo anonimo pertenza ao BNG, penso que hai xente aqui que esta tentando crear unha confrontacion no partido e dar unha imaxe incerta dun sector ao que non pertence

Anónimo disse...

Os de vilamaior debedes ter algun tipo de privilexo nese partido porque poucas parroquias reciben ese trato por esa xente, recordo que nalgunhas so foron polas casa a deixar publicidade e non falar ca xente

Anónimo disse...

Haiche moita xente nerviosa co BNG neste pobo. Incluso se dedican a escribir nestes foros mentiras para intentar dar unha imaxe de división que eu non vexo por ningunha parte.

¿Serán os do PSOE ou os do PP os que se dedican a calumniar?

Digoo por que eles si que teñen problemas e divisións.

No PSOE, non teñen máis que baixas no partido desde as eleccións municipais e no PP avecinase un follón importante, porque empeza a haber movimentos para mandar para casa a Martino.

E os do PSOE e o PP o que queren é confundir á xente para que pensen que no BNG hai problemas, porque é o único partido que se ve traballar en Ordes.

Pois a min non me engañan.

Anónimo disse...

Amiguiños do Bng, poñédevos dacordo vós e deixade de botarlles a culpa aos demais. O BNG en Ordes é agora mesmo unha desfeita. A división coñecea todo o mundo. Mentres Ramiro, o chosco, Avelino, María (¿Cantos votos tivo en Barbeiros?), e algúns mais estean mandando non hai nada que facer.
Quintana é un aprendiz de Fraga. Tanto o criticou e agora el utiliza aos maiores o mesmo. Tanto
Rodríguez como QuinTana son o cancro do BNG. Por sair na foto con Zapatero, venden Galicia e votan a favor da ministra máis inepta de toda a Democracia Española, que por riba odia a Galicia e detesta aos nacionalistas
Os cataláns repudiárona, e hoxe día 8 de xaneiro, lede La Voz de Galicia e veredes os investimentos que se aprobaron para Cataluña. Para Galicia moito conto, pero de feitos nada de nada ¡Canto se están a rir de nós!
O BNG, que tanto repetíu aquelo de mexan por nos e dicimos que chove. Agora non só mexan, tamén cagan. ¡El Plan Galicia de mierda! ¿Lembrades? ¡E o BNG aguantando o desprecio cara a nosa terra e apoiando a quen nos ofende! ¡Sinto vergonza de que haxa galegos tan hipócritas e tan tontos!
¡Así nunca acabaremos co dito de "Gallego tenías que ser"!
¡E por riba falades de autodeterminación! Só poido berrar de raiba e de dor: ¡¡¡Mintireiros!!! ¡¡¡Hipócritas!!!

Anónimo disse...

Último anónimo Cataluña ten 18 deputados nacionalistas en madrid (10 de CIU e 8 de ERC).

Galicia só ten 2 deputados nacionalistas en Madrid.

Fai as contas e xa verás quen conseguiu máis.

Eso sin entrar na poboación que ten Cataluña e a que ten Madrid.

E digo eu, que conseguiu Fraga cando gobernaba Aznar en madrid?. NADA MEXABAN POR ÉL E TIÑA QUE CALAR.

Tiñamos que aprender dos cataláns, pero aquí como somos parvos.

Que fixeron nos últimos catro anos en Madrid os 22 deputados galegos do PP ou do PSOE??? NADA, PORQUE TIÑAN QUE CALAR E OBEDECER O QUE LLE DICÍAN AS DIRECCIÓNS MADRILEÑAS DOS SEUS PARTIDOS.

Neste País non damos aprendido, e ainda por riba criticades aos únicos que fixeron algo por él, os 2 deputados do BNG!!!

Así nos vai!!!

Anónimo disse...

Contestación ao último anónimo.
Os dous deputados do BNG, o único que fixeron foi cobrar os soldos e reivindicar cousas insignificantes que en nada benefician a Galicia. As infraestructuras que de verdade necesita Galicia nin as mencionaron. Quizais no seu afán de levarlle a contraria ao PP e facerlle a pelota ao PSOE, lle fixera cometer eses grandes erros, pero tanto dun xeito como doutro, son imperdonables. Un partido nacionalista, por riba de diferencias políticas, ten que defender a súa autonomía (Nación, dín eles), aínda que ás veces coincida o seu voto cos do PP.
Xa sei que os deputados do PP e os do PSOE tampouco conseguiron nada, pero entón: ¿En que quedamos? ¿Acaso os do BNG son o mesmo de ineptos? Se é así que deixen de criticar aos demais e que recoñezan que ou non se pode facer máis, ou son todos iguais.
Sempre que alguén escribe unha crítica contra o BNG, pensades que é xente do PP. Estades nun erro, somos moitos os que nin somos do PP, nen do PSOE, pero que vemos os defectos de todos dun xeito imparcial.
¿Acaso o Señor Quintana non criticaba a Fraga por levar os vellos de romaría? ¿El non fai o mesmo acompañado ás veces de Super Piñeiro? ¿Non os utiliza o mesmo cando antes tanto criticou?
¡Millor nos iría aos galegos se tivésemos menos forofismo cos partidos e lles esixiramos máis aos nosos propios representantes!
¡Ti mesmo o recoñeces, ningún dos deputados galegos fixo nada por Galicia! ¡Esther Couto a que menos!
O tren de Alta Velocidade chegará a Galicia cando eu teña netos (aínda estou solteiro e sen noiva), pero a nós que máis nos ten, se temos os dous deputados do BNG, que son os mellores do mundo.
¡Non se conforma quen non quere!
¡Para os socialistas, Galicia seguirá sendo unha Galicia de merda, e os do BNG, para non incomodalos aceptano tan campantes!
¡Así se defende a Galicia, si señor!

Anónimo disse...

Cando o ilustrado e peso pesado de Villamaior pertenente os borregos da camarilla de Ramiro fala sin saber quen é Beiras e non lle tapan os beizos de burro sigñefica que estan moi nerveosos.
Beiras e o referente do NOVO BNG sin il endexamais se chegaria os deputados que hoxe ten o BNG, pois cos " coroneles" da UPG estariase como moito en tres ou dous,
Beiras e o NOVO CASTELAO,para il MIL PRIMAVEIRAS e GRAZAS por patronear e saber levar a nao do nazonalismo ao gran porto da esperanza da nazon galega.
Tipos como iste de Vilamaior e algun mais podrian ser do PP sen dubida, pois intelectualmente teñen un miolo de mosquito, que xa e moito.
Podedes dezir que son do Psoe ou PP ou son Nel, para os Ramiretes boys todo vale o que lle conte o xefe, iles non teñen criterio son como zombis.

Anónimo disse...

Ten moita razón o derradeiro anónimo. A Beiras estáselle ninguneando cando de verdade foi o artífice de que o BNG hoxe sexa unha verdadeira forza política en Galicia. Os que van tirar por terra todo o traballo son Francisco Rodríguez e Quintana. En Ordes Ramiro e catro sopeiros máis que lle siguen as súas voutades. El claro: mentres chupe de Seaga todo vai ben ¡Que lle importa a el Ordes, o BNG ou o nacionalismo! El é un facha e un servidor do seu "chef". En resumidas contas, un vividor que se presenta e dimite cando lle convén. A culpa tamén é dos que llo permiten. ¡Así está o BNG en Ordes!
¡Algo teremos que facer os que de verdade somos nacionalistas!

Anónimo disse...

Aos últimos anónimos:

- Beiras, por unha cuestión de idade, non pode ser o futuro do BNG, non discuto o mérito que tivo Beiras, pero debería deixar traballar á xente nova que colleu o relevo do BNG.

- Si tan mal está o BNG de Ordes,como vos decides, ¿como se explican estos resultados?:

Eleccións Autonómicas 2005:
PP: 3.510 votos, PSOE: 1.962 votos, BNG: 1.442 votos.

Eleccións Municipais 2007:
PP: 1693 votos, PSOE: 1639 votos, BNG: 1535 votos.

Mentres en Ordes o PP e o PSOE teñen menos votos nas municipais que nas autonómicas, o BNG é xusto ao contrario, ten máis votos nas municipais que nas autonómicas.

Pois non señor, tan mal non debe estar o BNG de Ordes, cando nas eleccións onde saca mellor resultado é nas municipais.

Anónimo disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Anónimo disse...

Bravo polo último anónimo. Cantas bocas calou!!!

Anónimo disse...

Vós sempre pretendedes calar bocas, pero o BNG en Ordes é a cuarta forza política no concello, esa é a realidade. Quedeou por detrás de Regos, de Martino e de Esther (a os que o BNG tanto criticou)¡Esa é a realidade!
A mín non me importa que me mandedes calar, xa sei que clase de demócratas sodes os actuais dirixentes do BNG.
Pero non miredes tanto para a barriga. Se non cambiades esto afúndese. ¡Miúda tropa dirixe actualmente o partido!

Anónimo disse...

Eu non son un afiliado do BNG de Ordes nin sei quenes serán eses que escriben en contra do BNG de Ordes. O único que sei é que desde que está o rapaz este, o Gonzalo, vese que polo menos intentan facer algo polo pobo, eu por exemplo nunca vin que un partido en Ordes fixese o que está facendo o Bloque co problema dos camións de sogama.

Supoño que os que critican o BNG de Ordes o fan porque o que non queren é que este partido volva a renacer, que creo que con este rapaz poden facelo.

Anónimo disse...

Ese rapaz do que ti falas, anda facendo propaganda das concentracións parcelarias que foron aprobadas fai quince ou vinte anos e como é lóxico, algún día as teñen que rematar, pero que non venda tantas burras que todos sabemos cómo e quens fan as concemtracións parcelarias.
¿por que non se interesa pola oficina de desenvolvemento social que o bng pretende implantar en arzua e non en ordes? ¿porque o alcacde de arzua é do bng?
¡deixémonos de demagoxias, se de verdade queren defender ordes que o amosen, o resto e conto, e de conto e de mentiras xa estamos cheos, para eso non facía falta que viñera nadie dende a coruña a dirixir o bng a ordes! ¿ou a caso no bng de ordes non hai nadie capaz de dirixir o partido? ¡aviados estamos! ¡entón que fichen a ronaldiño que non está agusto en cam barca!

Anónimo disse...

Que eu saiba en Ordes non hai Universidades. Por eso Gonzalo tivo que ir fora.

O que hai é moita envexa de que o BNG teña ao concelleiro máis preparado.

Ningún dos que están no Concello lle chega á suela dos zapatos.

Ánimo Gonzalo, o futuro é teu.

Dicho un socialista de toda a vida que foi engañado nas eleccións municipais.

Anónimo disse...

Ti estás un pouco desorientado. En Ordes afortunadamente hai moitos universitarios, incluso dentro do BNG, polo tanto non veñas con andróminas de pacotilla. E tamén hai avogados a moreas. ¿Ou a caso Gonzalo é o máis listo del mundo mundial?
O de que fuches socialista todo a vida non o cre nin tí. ¿Por que se Gonzalo é tan bó, por que non lle votaches nas municipais e deixaches que te engañasen os socialistas?
O teu conto está moi gastado. Gonzalo é o que é e punto.

Anónimo disse...

Tes razón. Gonzalo é o que é e punto. Avogado, licenciado en ciencias políticas e asesor persoal do Vicepresidente da Xunta.

E tendo en conta todo esto, índiscutiblemente o concelleiro con máis nivel político de todos os do noso concello.

Un saúdo.

Anónimo disse...

¡Claro que Gonzalo é moi listo! ¿ Non será porque os outros sodes moi parvos? Eu dende logo coñezo a licenciados en moitas cousas, incluso da mili, e non presumo deles coma tí de Gonzalo ¿sabes por que? ¡porque eu tamén son licenciado!

Anónimo disse...

Pois tal como escribes non pareces licenciado. Pasarías pola Universidade, pero a Universidade non pasou por tí.

Claro que afortunadamente hai moitos licenciados, pero non todos son asesores dun Vicepresidente da Xunta.

O que hai é moita envexa, o problema de sempre deste pobo.

Anónimo disse...

Os borregos como o Martiso, Suso da fraga, o gordo de vilamaior e outros como istos son as xoias da coroa do BNG de Zalo e Ramiro

Anónimo disse...

Os borregos como o Martiso, Suso da fraga, o gordo de vilamaior e outros como istos son as xoias da coroa do BNG de Zalo e Ramiro

Anónimo disse...

Dadevos un bico e unha penetracion e facede as paces

Anónimo disse...

Borrego é o que non ten educación. E tí amigo anónimo tal e como escribes...asusta pensar como debes falar.

Ánimo Zalo, vese que os borREGOS deste pobo andan preocupados contigo.

Non me extraña, vendo as luces do seu lider "Manolito".

Anónimo disse...

pois o manolito ese gañou as eleccións, asi que a maioría do pobo debe ser parvo.

Anónimo disse...

Manolo Regos: 20 anos de tenente-alcalde de Martino e de alcalde na sombra.

Gonzalo Castro: 1 ano no BNG de Ordes, sin ser nin tan sequera Concelleiro sendo o máis descoñecido dos candidatos.

Resultado das municipais:

Manuel Regos: 4 concelleiros.
Gonzalo Castro: 3 concelleiros.

Non me extraña que Manolo Regos botase fume o día das eleccións.

Anónimo disse...

AHh pero gañounos gonzalo castro ou gañounos o bng?

Anónimo disse...

Pois que queres que che diga. Tal e como estaba o BNG de Ordes...creo que Gonzalo Castro conseguiu bastante votos.

Con todo o respecto por Avelino Candal, si fose él o candidato o BNG sacaría 3 concelleiros?

Creo que non.

Así que podemos decir que moitos dos votos si os conseguiu Gonzalo Castro.

Anónimo disse...

Hai que oir cada cousas... por supostos que Avelino ia sacar 3 concelleiros, estou ben seguro. Gonzalo puido conseguir votos mais por outra parte tamen os perdeu asi que as contas quedan no mesmo, quen gaña os votos e o bng non gonzalo.

Anónimo disse...

O BNG sacou 2 dos 3 concelleiros polas mesas da vila (Casa da Cultura, Castelao e Campomaior).

Si vai Avelino de candidato, nas mesas da vila non sacan ese resultado nin tolos.

Falar podese falar moito, pero a verdade é que nas mesas de Ordes Avelino iba perder moitos votos, bastantes máis dos que podería gañar no Mesón do Vento.

Sabemos como é a xente de Ordes e a un candidato do mesón do vento nunca o votarían para alcalde.

É triste pero é así. É o pobo que temos.

Anónimo disse...

mesas do castelao -45 votos, casa da cultura -4, campomaior +12. Se ti o dis...

Anónimo disse...

E porque non pos os votos da mesa da Escola de General Mola?

Sera porque o BNG conseguiu 167 votos nesa mesa e subiu en votos con respecto as anteriores eleccións xerais.

Esa mesa é a mesa na que vota a xente do centro da vila. Xusto a que non ía votar a Avelino.

O dito, non teño nada en contra de Avelino, pero el nunca ía sacar 900 votos (2 concelleiros) nas mesas da vila. E iso é imposible que o recuperara no Mesón do Vento.

Señor anónimo, ou non tan anónimo, Avelino é un bo concelleiro, pero o de candidato á alcaldía viñalle grande, ata el mismo dixo que non quería ser candidato.

O BNG fixo ben levar a Gonzalo Castro como candidato, porque ademáis de manter os concelleiros do BNG, ten aptitudes para poder subir en votos cando sexa máis coñecido.

O BNG de Ordes ten posibilidades si nas próximas presenta unha lista renovada e con Gonzalo Castro de candidato, eu creo que a época de Ramiro, Avelino, Soneira, Charo, Cristina e o fillo de Milagros hai que deixala atrás, fixeron un bo traballo pero demostraron que non eran capaces de conseguir a alcaldía, deben deixar que outra xente nova colla as riendas e deben apoialos.

Non somos poucos os que pensamos eso.

Un saúdo.

Anónimo disse...

Simplesmente non che puxen o de xeneral mola porque non o puxeches ti tampouco, o unico que queria ver neses datos e que non houbo cambio en numero de votantes.
Eu estou seguro de que Avelino ia sacar os 3 concelleiros como o podia sacar outro calquera cun minimo de persoa, e ben sei que Avelino non se quixo presentar, se non recordas o que nomeaches e comparaches a Zalo con Avelino fuches ti.
Se non son tan anonimo e estas ta seguro da nomes a ver se acertas e non insinues...
Pois se eliminas toda esa xente a ver que queda do BNG, ademais que todo o mundo sabe, e comentouse moito que a xente que renovan nas listas non e nin moito menos xente preparada e cunha minimo coñecemento politico.
Recordoche que tamen andabades a dicir que o BNG ia gañar as eleccions. Eses que non sodes poucos.

Anónimo disse...

Boas. Eu quería terciar na conversa que tedes e dicirvos o seguinte:

Está claro que un dos anónimos debe ser alguén que quería ser concejal e non o foi. Eu creo que se nota bastante.

Por outra parte, as comparacións son odiosas, comparar a Avelino con Gonzalo sería como comparar o meu Renault Megane con un Ferrari. Non creo que sexa bo andar con esas lerias.

Deixadevos de parvadas, mentres discutides entre vos, os do goberno partense de risa.

Para unha vez que parece que o BNG de Ordes fai algo con sentido, ides cagala por facer o parvo.

Anónimo disse...

Vaia parvada, aqui se alguen non esta dacordo con alguen xa e por envidea, e cadra a casualidade que dos poucos que se presentan collen un e ponse a escribir aqui se vos parece...
O BNG que faga o que queira e se a caga, caga el a min non me metas.

Anónimo disse...

Según as vosas opinións, está visto e comprobado que o BNG de Ordes non ten presente, nen pisca de futuro. Vésevos demasiado fanatismo e idiolatría cara certa persoa. Un partido, antes que nada, ten que ter unha idioloxía coerente e definida independentemente das persoas que o compoñan. Narcisismo creo que xa o sofristes tempo dabondo con Ramiro.
Ultimamente o BNG estase a converter en dúas clases: fachas ou radicais. Creo sinceramente que está no camiño equivocado.

Anónimo disse...

Fun votante do BNG, pero estes días vendo á nosa conselleira de cultura lambéndolle o cú aos ditadores de Cuba arrepíntome de terlles votado e non o farei xamais.
¿Así se defende a democracia? ¿Acaso os ditadores que din ser de esqerdas teñen bula? ¡Que asco de BNG!

Anónimo disse...

Xa me parto. Daquela a ver a quen votas. Tanto o PP, como o PSOE, tamén teñen realizado visitas institucionais a Cuba.

Fraga ía a Cuba continuamante e Touriño ainda foi hai uns meses a festexar o centenario do himno galego.

Non confundas churras con merinas, Cuba e Galicia teñen fortes lazos e os gobernantes galegos deben estar a carón do pobo cubano, que non é o mesmo que dos seus gobernantes.

E si votabas BNG debías estar moi confundido, porque o BNG sempre estivo a favor dos dereitos do pobo cubano e en contra do bloqueo de EEUU.

Se cadra debías ter votado a Bush.

Anónimo disse...

agora decateime de que tanto o bng como bush son fascistas, en eso non me queda dúbida, e moitos dos seguidores do bng sodes uns hipócritas. dicides unha cousa e pensades outra. as xuventudes hitlerianas ao voso lado eran uns santos.

Anónimo disse...

E todos sabemos que ti es un fillo de puta

Anónimo disse...

¡Así se fala NAZI-ONALISTA, a cultura ante-todo! ¡Ti mesmo amosas que clase de persoa eres!

Anónimo disse...

E ti porque merda me chamas nacionalista subnormal?

Anónimo disse...

Nacionalista non serás, pero un NAZI deschabetado sí.

Anónimo disse...

E ti es outro mais

Anónimo disse...

Toma moreno!!!. Menuda subida do BNG de Ordes nas Xerais!!!.

Bravo Zalo!! Ti si que vales!!

Anónimo disse...

Si o reparto dos votos fosen para unhas municipales a resultado sería o seguinte:
PP, 8 concelleiros.
PSOE, 6 concelleiros.
BNG, 3 concelleiros.
¿Onde está a subida?

Anónimo disse...

Parecedesme a hostia, o bng nas estatais subiu gracias a zalo e ademais aplicades os resultados nunhas locais, misturades cando haxa

 

© New Blogger Templates | Webtalks