Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.

quinta-feira, 20 de setembro de 2007

Localizan 4 fontes non potables en Ordes

As analíticas de acuíferos e fontes que o concello de Ordes está levando a cabo, detectaron a presenza de catro acuíferos non potables no concello. Veñen sendo os manantias Fonte da Costa e A Chan en Montaos, Morgada no Mesón e Sta. Eufemia en Leira. Os resultados das análises revelan contaminación por bacilos (bacterias coliformes), entre elas E. Coli, co cal a auga non é apta para o consumo. Este tipo de contaminación, tendo en conta que estas bacterias se introducen no medio polas deposicións de humanos e animais, é debida á presenza cercana de fosas sépticas ou pozos negros ou á fertilización con purín dos prados próximos. Desde o Concello aseguran que as análises se repetirán nuns 6 meses, polo que os acuíferos poderán revertir a súa situación.

Por outra banda, segundo "El Correo Gallego" Ordes pediu a Medio Rural Masa común para crear dúas áreas recreativas e bocas de auga. Regos e Pedreira visitaron as instalacións da consellería de medio rural para reunirse con Suárez Canal, na que Regos lle expuxo a vontade de que, tralo reparto de terreos despois das concentracións parcelarias de Vilamaior e Barbeiros, o Concello poida utilizar as zonas de masas forestais comúns para a creación de áreas de ocio na beira do río. Tamén solicitaron a utilización de terreos comúns para a creacion de bocas de auga para a limpeza das cisternas, co propósito de evitar o arrastre de productos agresivos ós ríos.

Que vos parecen estas actuacións? Parecevos que son correctas e necesarias? ou pola contra parecevos que agora mesmo o concello está a moverse demasiado no tema medio ambiental para a) quedarse coa xente máis xoven b) tapar outros temas tamén importantes e que non se están a tratar coa mesma celeridade? Esperamos as vosas opinións, coma sempre.

1 comentário:

Anónimo disse...

detras de internaco ainda segue habendo un verquido ilegal, asi que tampouco van con tanta celeridade. e con respecto ós outros temas... a pista de diante da miña casa sigue chea de buratos, e iso que o concelleiro de obras publicas en dedicación exclusiva dixo que ia acabar cos baches das pistas, pero parece que só o fai en Ordes pobo, e non nas aldeas, porque sei de mais xente que ten o mesmo problema. Moito medio ambiente, e ó demais que lle dean, non?

 

© New Blogger Templates | Webtalks