Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.

quarta-feira, 26 de setembro de 2007

Ordes acorda cambiar o nome de rúas con referencias ao franquismo

O pleno aprobou a medida por unanimidade e afecta ás rúas General Mola, Generalísimo, Calvo Sotelo e José Antonio. Este acordo foi alcanzado grazas á moción presentada polo BNG, unha iniciativa que o grupo nacionalista leva presentando desde a súa chegada á corporación municipal no ano 1995. Agora, tras o acordo alcanzado, a rúa General Mola pasará a chamarse rúa de Galicia; a rúa Generalísimo será a rúa Nova; a rúa Calvo Sotelo será a rúa dous Lagartos; e a rúa José Antonio pasará a chamarse a rúa do Recreo. Este acordo suporá a modificación do rueiro de Ordes, actualmente vixente desde fai 30 anos. A pesar de que aínda non está decidida a data, espérase que sexa canto antes.
Cabe decir que no caso das rúas General Mola e Generalísimo, o BNG propuxo chamalas Manuel Ponte Pedreira e Alexandre Bóveda, "como recoñecemento ó sacrificio destas persoas en favor da democracia que hoxe disfrutamos". En cambio, a enmenda presentada polo goberno, rexeitou eses nomes por tratarse de perosoaxes históricos, co cal se podían ferir sensibilidades.
Ademais, a corporación municipal acordou que levará a cabo unha homenaxe de recoñecemento ás republicanos fusilados da comarca. A data aínda está por acordar.

Coma sempre, gustaríanos saber a vosa opinión sobre o tema.

7 comentários:

Anónimo disse...

Eu creo que está ben deixar morrer o pasado se este non vai beneficiar o presente...
así que me parece ben que lle poñan nomes neutros ás rúas.
Non obstante, a memoria é importante, que tralo olvido se repite a historia.
Estaría ben que non só retirasen as placas, senón que se fixera un acto explicando por qué se retiran, ou algo así.

Anónimo disse...

Como sempre estades a contar as cousas como mais os interesa ou a trigeversar , quen foi o promotor dos cambeos de nomes as ruas do franquismo FOI NEL nun Pleno no ano 1983, a Rua de Rosalia de Castro e grazas a NEL pois antes era Calle del Directorio ( en honor o Xeral Primo de Rivera) e as outras non prosperaron. A VERDADE OS FARA CEIBES a mentira escravos queridos bloqueiros.

Anónimo disse...

Se por casualidade les o xornal, meu querido anónimo, saberás que non terxiversamos, nin contamos as cousas como nos interesa. Se de verdade contase as cousas como me interesa, habería moita máis polémica, pero non é o lugar se queremos facer un xornal cibernético imparcial.

Anónimo disse...

Que pessado o anónimo de sempre...

Bom, QUE ERA HORA JÁ DE MUDAR O NOME DAS RUAS!! Mas, ninguem se acorda de Alfonso Senra???

Dar-lhe o nome de um cacique a uma avenida é coisa feia...

Anónimo disse...

Anónimo, estás equivocado, a placa da Rúa de Rosalía Castro, efectivamente foi colocada en 1983, pero o promotor da proposta non foi Nel. O promotor foi seu pai D. Manuel Astray Rivas que era concelleiro e presidente do potronato Rasalía Castro no ano 1982. posteriormente fixéronse moitas propostas para o cambio do nome das rúas, pero non prosperaron polo voto encontra, entre outros, do señor Regos e sobre todo do señor González.
¡Como cambian as "ideas" verdade!

Anónimo disse...

o cambio do nome das rúas nin me vai nin me ven, por que con cambiar os nomes, desgraciadamente a historia non se cambia. Os Reis Católicos tampouco foron moi bos para Galicia, sen embargo hoxe nadie pide borrar o seu nome de ningún sitio, e como eles algúns máis.
O que xa non vería ben sería poñerlle o nome dun guerrilleiro, ou de calquera que empuñou as armas, porque dentro duns anos cando gobernen outros volverán a cambialo. Non me dirán a min que o "Che", Fidel Castro,Azaña e moitos outros non loitaron polo poder, e a maioría perpetuouse nel. Todos, sin distinción ningunha, din que loitan pola libertade do pobo.¡Mentira! Logo que vencen convertense eles en ditadores...Lenin, Stalin, Mao, Pinochet, Vilela, Castro...
Non sigo que me dan ganas de chorar.

Anónimo disse...

levo moitos anos casi medio século lexos da miña terriña .Nela deixei como di ROSALIA amigos por extraños , e con eles moitos recordos moitas saudades que xamais esquenzerei.

Pido con todo agarimo a todos meus
paisanos que loiten XUNTOS Por facer cada dia un ORDES mais grande e fermoso.

 

© New Blogger Templates | Webtalks