Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.

quinta-feira, 27 de setembro de 2007

Resultados da primeira enquisa de O Terrunho.

Os resultados á pregunta "Que nota lle porías ó goberno actual de Ordes no que leva de mandato", son os seguintes:
- Moi deficiente: 12% dos votos
- Insuficiente: 12% dos votos
- Suficiente: 0 votos
- Notable: 4% dos votos
- Sobresaínte: 32% dos votos
- Matrícula de Honra: 4% dos votos
- Aínda non tivo tempo: 20% dos votos
- Unha merda (con perdón): 0.16% dos votos.

Estes resultados lévannos a supoñer que a xente está contenta co que leva visto, é pronto, pero xa vemos por onde van os tiros. Por outra banda, se facemos unha media dos resultados, teremos que o grao de satisfacción é medio.

Seguimosvos pedindo coma sempre a vosa opinión, pois (parafraseando unha famosa canción), sen vos non somos nada.

4 comentários:

Anónimo disse...

Que raro que ainda non houbo ninguen acusando de bloqueiros por esta nova, a verdade que non sei que ten que ver ser critico co goberno con ser do bng, non atopo o paralelo, igual e por escribir en galego e todo.

Anónimo disse...

Ou por a xente esta cansa e recorda " a navallada" e o " Non " por non, ou por que a xente percibe que sodes un altavoz moi malo de unha parte do BNG de Ordes.

Anónimo disse...

escribir en galego está ben, pero querer falar portugués moi mal.
estádeslle facendo moito dano ó bng coas vosas lerias. os nacionalistas temos que mirar cara diante, non recuar. estamos no século XXI, non o esquezades. galicia é unha autonomía de españa, non a queirades converter nunha rexión portuguesa. os nacionalistas galegos non o consentiremos.

Anónimo disse...

a enquisa foi feita nos primeiros días do cambio. a día de hoxe a puntuación sería moito máis baixa, sobre todo para regos, gonzález e as tres concelleiras que se gastan unha chulería e unha prepotencia algo descomunal. alguén lles terá que decir que foron elixidas para gobernar, non para chulear ó personal.
tampouco o bng (que é a única oposición) se está esforzando moito.

 

© New Blogger Templates | Webtalks