Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.
sexta-feira, 21 de setembro de 2007
O Concello de Ordes contra o abandono das fachadas dos edificios abandoados.
Como di o xornal "Tierras de Santiago", o concello emitirá antes de final de ano unha ordenanza que obrigará ó coidado das fachadas das construccións abandoadas ou en mal estado. Din que os costos correrán por cargo dos propietarios, pero que o concello dará facilidades. Todo isto forma parte da "cruzada contra o feísmo" que xa iniciou o goberno actual co feito de pintar de branco certas fachadas e colocar os "carteis de prohibido fixar carteis". Notese certa ironía, xa que non creo que a mellor maneira de adecentar as nosas rúas sexa pintar con pintura branca augada unhas fachadas que nin foron lavadas previamente, co cal, pese a que non teño coñecementos no tema da pintura, creo que non durarán moito tempo tan ben pintadiñas. En fin, volvo a pedirvos a vosa opinión sobre estas medidas, pensades que son de cara á galería? ou en caso contrario pensades que son actuacións correctas, coherentes e que realmente son importantes?.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)



5 comentários:
A verdade e que espero que os que as pintan aprendan a pintar ou o que se vaia facer porque moito gusto non da
Eles si que son feos, pero por dentro...
Que va amijiños todo é conto ou non ollamos o povo xeo de merda, hay mais merda que nos tempos de Martino, este sí que foi alcalde, non molestaba a nadie e un cansabase de criticalo.
GALIZA CEIVE E SOCIALISTA
Dior mio de mi vida, que cousas se ben no mundo. E digo eu porque pinta de branco as casas? ven podian facer algo mais divertido total aqui cada un fai o que quere, ou se non que llelas pinten os grafiteiros de colorinchos
Enviar um comentário