Neste enlace, sacado da web do concello, podedes descargar un arquivo de Word no que aparece unha táboa cos custos das diferentes actuacións das festas patronais.
Ven dicindo que o custo en orquestras foi de 66300 €, sumando un total co resto de actuacións, incluído o festival brincadeira, de 87200 €. Creo que como habitantes do pobo, e contribuíntes ás propias festas, deberíamos de recibir unha información máis detallada, é máis, creo que temos DEREITO a saber tamén canto recibe o concello por parte dos chiringuitos montados, dos coches de choque..., ademais de saber canto aporta a xente do concello á conta bancaria que este ten destinada ás festas, así poderíamos saber se as contas estan feitas correctamente.
Por outra banda, pareceme unha animalada, pagar a orquestras como Bahía Blanca (penosa) máis de 4000€. Ainda que tamen penso que o resto foron pagadas bastante por enriba do seu valor, sobre todo pola presa que había para realizar as contratacións. (Teño coñecemento de causa neste tema).
Que vos parecen a vos os gastos das festas patronais? Son acordes coa calidade das mesmas? Seguide opinando como facedes sempre.
Un Saudo.
Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.
terça-feira, 25 de setembro de 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)



6 comentários:
Pero amijiño bloqueiro canto carajo cres que pajaron os jitanos rumanos e os coches de choque? Si por min fora pajarialle por non vir, pois a sejuridade brilaba pola sua ausencia. E tí que eres moi listo canto carajo cres que custa unha ¿ orquestra? de merda o dia 15 de ajosto. Se queres joder dí por que carallo pajaron os cartos ¡ moitos , pero moitos! para trecentos rapaces, esto sí e tirar os cartos de todos nos.
ten razon o Dr. Amor, pois unha orquestra como bahía blanca, custará máis ou menos 2000€, e non digo as outras, pero a Olympus, que se coñece por ser a mellor de todas, non pasa de 8000 ou 9000, dependendo da data.
E se di que ten coñecemento de causa, será porque o ten.
Seguide así, que me encanta o blogue. Pola miña parte, eordes.com xa ten un sustituto bastante mellor.
E si o bloqueiro Dr. Desamor che dí que as vacas voan, ti amijiño tamen o dís, que pouca autoestima tes.
Moi curioso, hai xente que en canto lee unha noticia que non lle gusta empeza a chamar aos do blog "bloqueiros".
Os gastos das peores festas que se recordan en Ordes son os que son e se non vos gustan botadelle azúcar.+
As orquestras que tiña contratadas o anterior goberno eran malas, e quizais moi caras, pero as que contrataron os novos gobernantes aínda costaron máis e algunha delas tampouco era mellor.
A desculpa que puxeron para cambialas viuse que era unha venganza en toda regla. ¿Contratos ilegais? ¡En tódalas festas de ordes en anos electorais se utilizou o mesmo sistema, e na maioría das veces era Regos o responsable!
Enviar um comentário