Xa é público o programa das festas que, como pon no programa, se celebrarán na nova alameda os días 14, 15, 16 e 17.
O 14 estará a banda de música de Arca e as orquestras Bahía Blanca e Panorama.
O día 15 as orquestras Emperadores e Olympus, os Viqueiras e a banda de música das Pontes.
O 16 a París de Noia e Nueva Generación, de novo os gaiteiros os Viqueiras e a banda municipal de música de Ordes.
O ultimo día o 17, a orquestra Suavecito, mais, como pon no programa, a gran gala musical en directo con David Civera e Marlene Morreau( gran artista consagrada no panorama estatal...). Neste apartado pon tamén, espectáculo musical de televisión española, Rocio Caamaño e grupo gallego de pop juvenil Nuev8seis, aínda que estes 3 apartados non sei moi ben de que se tratan, a ver se alguén o pode explicar.
Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)



4 comentários:
A Regos gústalle calquera clase de espectáculo no que alguén ensine carne (cada un que interprete como queira), por iso non me extraña o de Marlen Morró.
Na capital da prostituiçom, que traiam este espectáculo e denigrante... Quanto machismo por metro quadrado...
Moito feminismo mal entendido por metro cuadrado por traer a Civera. Cantos cartos mal aproveitados por Brincadeira 08, por Leília, etc si se empleasen os cartos das festas en mandalos para o terceiro mundo, moito mellor, ou ingresalos nas contas dos defensores dos dereitos humans. As festas cada un na sua casa ou botellon comunal
O ultimo anónimo está intentando botar por terra unha tradición de moitos anos en pos dun comunismo exagerado. As festas alegran o pobo sobre todo ós maiores, dan ganancia ós establecementos hosteleiros, fan que máis xente coñeza a vila, etc. Podes estar en contra do cartel, pero non en contra das festas. Supoño que desde o concello poñerán unha conta corrente para colaborar, asi que se te sintes mellor, non colaboras, ou gastas os cartos no alcohol para un botellón comunal, ou mellor sería que os gastos do botellón comunal e os gastos que se fagan na túa casa durante as festas (comidas familiares, bebidas, sair e tomarlle os vermús e cubatas nos bares...) os dones a unha ONG, ou xa postos nun extremo, se tanto che molesta gastar os cartos, dona todo o que tes a unha ONG, e tírate a vivir na rúa. Postos a esajerar, esajeremos.
Enviar um comentário