
| Iván Raña regresou á cima mundial do triatlón ao gañar a proba da Copa do Mundo disputada en Kitzbuehel (Austria), a última competición antes de afrontar a súa participación nos Xogos Olímpicos de Pekín. O galego acabou así con cinco anos de seca xa que a súa última vitoria data de 2003 na proba disputada en Madeira (Portugal). Antes, Raña -subcampeón do Mundo tamén en 2003 e 2004- tamén gañara as Copas do Mundo de Madeira (2002) e en Ishigaki (Xapón) en 2001, onde se converteu no primeiro español en logralo. Raña, que xa destacara en Deas Moines (EEUU), onde acabou cuarto na proba da Copa do Mundo disputada o pasado 23 de xuño, cubriu o percorrido -de 1.500 metros a nado, corenta quilómetros en bicicleta e dez máis de carreira a pé- nun tempo vencedor dunha hora, 45 minutos e 23 segundos, seis menos que o neozelandés Kris Gemell. Terceiro foi o suizo Sven Riederer -bronce nos Xogos de Atenas 2004-, que lles acompañou no podio da proba tirolesa, nas que por só un segundo relegó aos postos cuarto e quinto ao neozelandés Bevan Docherty -prata nos Xogos gregos- e ao ruso Ivan Vasiliev, que fora o primeiro en saír das augas do Schwarzsee, o lago da localidade que alberga o descenso máis espectacular do esquí alpino. "É un dos días máis felices da miña vida" A menos dun mes para os Xogos de Pekín, España presentará na cita olímpica a dúas triatletas de gran solvencia, xa que Raña uniuse a Javier Gómez Noya, campión mundial este ano en Vancouver (Canadá) e líder da Copa do Mundo -competición que se anotou os dous últimos anos-, que non competiu en Kitzbuehel, na lista de favoritos. "Estou realmente feliz, é un dos días máis felices da miña vida, porque tiven muchísimos problemas de saúde logo dos Xogos de Atenas", declarou Raña. "Non puiden adestrarme como desexase durante anos, polo que o regreso foi moi duro e estou moi feliz", manifestou o galego, que, con esta vitoria ascendeu ao duodécimo posto da Copa do Mundo, competición na que subiu nove veces ao podio. Raña contabiliza un total de 116 puntos no torneo que lidera Gómez Noya con 300, 54 máis que Docherty e con 99 de vantaxe respecto de Vasiliev, que é terceiro na xeneral. |



2 comentários:
Un ¡ai carballeira!,por ese rapaz el sí que ten mérito, pero coma sempre neste povo pasa de lado ata neste foro que non ai que poña un sixelo comentario,todo se volve falar de política e dos que están no concello, que non lle chegan a este home as solas dos zapatos en méritos nin en collóns como se sole decir en galego.
Temos un grande deportista na vila e debemos estar orgullosos del, neste foro temos que facerlle entre todos unha boa homenaxe escribindo cada un de nós algo adicandollo ao grande Iván Raña, porque so el sabe o que lle costa estar onde está.
Pola miña parabéns ao campión e que nos traia moitas maís,grazas Ivan.
Aúpa Iván , os de sempre estamos contigo
Enviar um comentário