Fai poucos días recibimos na "redacción" do blogue a nova de que un novo equipo de fútbol vía a luz na nosa vila. Este feito encheunos de satisfacción e máis ó ver que é un proxecto serio, de moi boa fe e ademais necesario. E digo necesario porque supón unha alternativa ó monopolio que ata o de agora tiña a S.D. Órdenes (que a moitos non nos convencía, sobre todo o pico máis alto da súa directiva). Trátase dun equipo chamado A.D. Vila de Ordes, que estará encadrado na Terceira división Autonómica. Este proxecto ten como base a participación de todo o pobo (tanto para xogar como para aportar axuda) e para isto se convocou unha reunión o próximo Luns día 30 ás 21 horas no bar Millenium, para todo aquel interesado en xogar. Segundo nos din os responsables do clube, escasean os fondos económicos (cousa que comprendemos), así que os futbolistas non recibirán pagos. En principio os xogadores serán a partires de idade de xuvenil (de 17 anos en diante), barallandose a posibilidade de que en futuros anos se poidan crear máis equipos.Deixámosvos un link á súa paxina web .



2 comentários:
Parabéns ao Vila de Ordes! É um projecto mais que necessário, rachar já com o monopólio dessa empresa privada chamada S. D. Órdenes (sim, "Órdenes") que se sustenta com fundos municipais, em teoria destinados às escolas desportivas...
Oxalá lhe vaia de maravilha!
Da gusto ver a cousas ben feitas desde o principio
Enviar um comentário