Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.

terça-feira, 3 de junho de 2008

Ordes galardoado coa bandeira verde como concello sostible.


A partires de hoxe, no noso concello ondeará unha bandeira verde, como símbolo dunha xestión ambiental eficiente. A bandeira foi recollida en Madrid polo alcalde Manuel Regos. O premio non é para sempre, se o concello quere conservala, terá que seguir traballando. «O noso próximo obxectivo é acadar un maior aforro enerxético e adaptar a Axenda 21 ao noso concello» di Regos. Nos últimos doce meses, o Goberno de Ordes colocou ao redor de 1.100 colectores destinados á recollida selectiva de lixo, que o ano pasado recolleron máis de 5.000 toneladas de desperdicios. Ademais, púxose fin a 25 vertedoiros incontrolados, as marxes do río Mercurín foron saneadas e os veciños comezaron a xerar o seu propio compost grazas a unha campaña en colaboración con Sogama. Por último salientar que este galardón só foi obtido por 12 concellos de toda España este ano.

E agora digo eu... Como me sona isto a conto chino. Como dí o noso amigo "Camiñante" nun comentario anterior, todo parece feito para desviar a atención nun tema no que, na miña opinión, se seguen facendo cousas mal. Os camións de sogama seguen pasando polo centro da vila, o da limpeza do río Mercurín non é tal e como se dí, o compost dos residuos orgánicos lévase facendo nas aldeas desde que son aldeas (quen come as sobras das comidas? os cans; quen come as mondas das patacas? Os porcos; etc etc etc.), e no dos colectores... a min que me perdoen, pero coñezo casos de aldeas nas que para tirar papel ou vidro hai que ir en coche... e non me parece algo demasiado ecolóxico nin sostible nin nada. Eu non sei cal será a vosa opinión, a miña penso que quedou clara.


Un saúdo.

3 comentários:

Anónimo disse...

Concello sostible??? Ríome eu delo, un dos puntos que se teñen en conta é a xestión da enerxía.

Cando inda é día o alumeado da Rúa da Canteira xa está aceso, gastando uns cantos kilowatios inútilmente. Iste é só un exemplo.... Todos vemos e coñecemos o alumeado de Alfonso Senra...

Río Mercurín.... meu Deus!! Se se lle construí ata por riba del!!!

Que me perdoen, pero vaia merda de premio.

Anónimo disse...

A ver se nos saira gratis...

Anónimo disse...

Se pasades pola rúa Victor G. Faya o lado da residencia dos maiores, podedes ver unha proba clara do noso merecemento da bandeira verde,mesmo o carón do río está cheo de plásticos ,botellas de todo tipo e merda a esgalla.
Sería onde sacou a foto o concelleiro de medio ambiente para o concurso,pena non saira nela.

 

© New Blogger Templates | Webtalks