A proposta preséntase hoxe en comisión e apróbase no pleno do 28 ·· O alcalde gañará 6.000 euros menos que o seu antecesor, pero os soldos do executivo superan aos do goberno Martino, formado por só catro edís.
Seis meses logo de tomar posesión como alcalde de Ordes, Manuel Regos cambiará o seu réxime laboral de dedicación ao Concello. Ata agora Regos gozaba dunha dedicación parcial de 20 horas semanais cunha remuneración anual de 20.000 euros brutos. Con todo, o equipo de goberno proporá hoxe en comisión informativa á Corporación o cambio de réxime, para pasar a ostentar unha dedicación exclusiva cun mínimo de 40 horas semanais dedicadas á súa función gobernamental no Concello. Este cambio levará tamén un aumento no soldo do rexedor, que se fixará en 43.000 euros brutos por ano.
Manuel Regos explicaba que esta decisión responde ó respeto que ten polo Sergas onde ocupa unha praza de administrativo, que agora está sendo cuberta por outros compañeiros no horario liberado do que o alcalde dispón para atender o seu cargo no executivo ordense.
"É necesario diferenciar a política do traballo, e co ritmo constante de visitas oficiais a administracións e entidades que leva este goberno en busca de melloras para o municipio é imposible facerse cargo doutras responsabilidades", "espero amortizar o novo soldo para catro anos no próximo 2008, traendo solucións ós problemas do concello, porque o ano que vén ten que ser o ano de Ordes".
Aínda que Regos Boquete cobrará case seis mil euros menos que Martino, o total de gasto do novo executivo nos soldos (114.940 €) superará, co incremento de salario de Regos, nuns 15.000 euros á cifra total que o goberno Martino dedicaba a este fin (99.676 €).
E agora digo eu... recordamos aquelas palabras do señor Astray de Xullo deste mesmo ano, nas que decia que non ía apoiar un aumento do gasto nas retribucións do goberno? Que fará o señor Astray tras este anuncio? Estamos ante un caguetas ou estamos ante unha persoa que cumpre coa súa palabra? Deixovos un link no que se recollen as palabras do señor Astray.
Coma sempre esperamos a vosa opinión, porque, ainda que parezamos mortos por momentos, seguimos moi vivos.
Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.
sexta-feira, 21 de dezembro de 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)



20 comentários:
Home, eu penso que Regos fixoo ben, que non quere decir que me pareza ben o que fixo, pero cando Astray ameazou con irse, puxose en dedicación parcial; e agora que pasou o tempo e que a Astray é posible que se lle esquencese o que dixo (todos sabemos a vida de excesos que leva), cambiase e subese o soldo. Xogada mestra. Esperemos polo ben de todos que Astray se lembre das suas palabras.
As cousas claras: cando Regos se puxo en adicación parcial, non foi porque Astray ameazase nada... Realmente credes que foi Regos o que atou a Astray ó goberno? Creo que ahí o alcalde de Cerceda tivo máis que dicir...
Se Regos non colleu adicación exclusiva dende o principio, como sen dúbida era a súa intención, era porque afortunadamente, por unha vez na vida, na oposición fixeron contas e decatáronse de que unha adicación exclusiva era incompatible coa praza á que (naquel momento) estaba opositando no SERGAS. Se chega a aprobarse a súa adicación exclusiva, Regos non tería conseguido a praza de funcionario que tanto ansiaba, aínda que o que a el lle gusta (e o que, parece, conseguiu), é andar no allo e máis na cebola. Cobrar, é o que importa.
Esa mesma política segue Astray, que se está ahí foi polos "contactos" que mantivo UxO, PSOE e Astray, mediados polo renomeado alcalde de Cerceda; contactos que levaban incluída unha sustanciosa suma en metálico, xurdida do propio peto do mencionado alcalde (que á súa vez tiña roubado do concello que Goberna, que aquí non chupamos o dedo). O mediador, lóxicamente, non é altruista: a cambio de lograr que Regos poida campar ás súas anchas pola Casa Consistorial, logrará algún trato beneficioso coa aprobación da nova fase do Polígono de Ordes. Que creo que de polígonos en Cerceda entenden bastante.
Por outra parte, que dicir da inigualable cita de Regos, loando o esgotador ritmo de traballo que leva o seu Goberno. Non serei eu o que defenda ós que estaban antes, pero ata o de agora os grandes "logros" dos de agora, anunciados, eso si, a bombo e platillo en prensa e medios de comunicación, xa estaban aprobados e pendentes de executar ANTES das eleccións municipais. Pero bueno, imaxino que algún deses contactos dos que tanto se gaba Mr. Regos xa daría os seus froitos. Por exemplo, na ampliación do colexio Campomaior, teño entendido que os contactos foron do máis fructífero... para amosar a ineptitude do actual "executivo".
Que se pode esperar dos que se xuntan, non para buscar o beneficio común, senón o individual? Eu, serei un escéptico, xa non espero nada.
Sodes tan parciais que dades noxo, non sabedes vivir felices somentes estades co resentemiento e o veneno facista do que representades o nacionalsocialismo.
Primeiro, como podedes acusar a unha persoa como o alcalde de cerceda de roubar cartos, acusades tan gatuitamente como outros acusaran a Ramiro de meter man nos cartos de Cristin, como pensades chegar a gobernar con mentiras e inxurias.
segundo, regos esta na misma situaciación laboral que fai 7 meses, outra MENTIRA E INXURIA.
terceiro, Martino gobernaba con 4 concelleiros e 15.000 euros menos, este goberno SON 9.
Ramiro, zalo, e as xuventudes nacionalsocialistas poñendolle un pouquiño de pimenton picante chegan a todo ou casi todo.
Ti non seras escético ti eres carne de cañon de AMI e despois de.....
Nacionalsocialismo, tamén coñecido coma nazismo: Doctrina fundada por Hitler que propugnaba un nacionalismo expansionista baseado na supremacía da raza xermánica e un racismo seudocientífico fundamentalmente antisemita.
Agora dime se o AMI ten algo que ver con iso, ou falas por falar, simplemente para insultar sen bases. Chámalles radicais, chámalles haches, pero non lles chames nazis, porque non sabes como son os nacionalsocialistas galegos.
E en relacion co que dis, explica se falas en contra do blogue, ou en contra da opinion do anterior comentario.
Os do BNG son fascistas rematados. Mesmo querían expulsar a un militante do partidi por defender aos xudeos. Xa me dirán que clase de demócratas son. É unha vergonza para Galicia. Pero o peor é que desgraciadamente hai moitos galegos que apoian o seu racismo. ¿Por que odiaran tanto a Galicia e a humanidade enteira? Quizá nos seus xénes leven un odio enfermizo contra todos aqueles que non pensen coma eles. ¡Hitler tamén o tiña! ¡Galegos non nos deixemos enganar! ¡O odio é malo veña de onde veña!
Aqui o unico que falas do BNG es ti, e a verdade e que xa das noxo sempre ca mesma teima. Eu creo que cas tuas paridas lle estas dando o apoio porque deixas nun lugar a xente que esta na contra do bng que vaia por deus... A ver de deixas o tema dunha .... vez, noxo que das... sempre sacando o tema onde non ven a conto
Vamos, que me parto contigo, anónimo. Como podes ter a cara de falar de "parciais" e despois soltarme semellante arenga demagóxica en favor do actual alcalde.
Que non, amiguiño, que non. Que non cha dean con queixo, ou non nola queiras dar a nós. Hai sete meses, cando comezou a lexislatura, Regos (aquí non estou seguro), ou acababa de facer ou estaba a punto de facer unha oposición para acceder ó escalafón máis baixo do funcionariado do SERGAS. O que si que é seguro é que, cando se fixaron as retribucións dos membros do pleno, REGOS NON SABÍA SE TIÑA PRAZA OU NON. Era INTERINO, e, polo, tanto, non tiña dereito a solicitar a excedencia por ningún motivo, por exemplo, o de estar exercendo un cargo público, como é o caso.
Ademáis, existe un límite de salario a percibir no segundo emprego dun empregado do SERGAS, que é, como máximo, unha porcentaxe (pequena, non sei exactamente pero menos dun 30%) do salario que recibe do SERGAS. Así que, ademáis, ata o pleno da semana pasada a situación de Regos era totalmente ILEGAL.
E, xa fóra do tema que nos ocupa, as acusacións baleiras de contido coma a túa son bastante propias dos que non teñen argumentos e intentan defender o indefendible. Amigo anónimo, entendo que o sexas porque tódolos sicarios de Regos actúan coa cara tapada, que ese é o seu estilo: ás agachadas e polas costas. Un consello: infórmate antes de falar. Primeiro, do que é un nazi. Segundo, de cal era a situación actual de Regos ata hai ben pouco. E non fales do que non sabes, que a ignorancia disque é moi atrevida.
Merlo branco 1)calquer inerino do Sergas con argo publico pode pedir excedencia 2) non existe salario limite de salario do Sergas i en educación 3) E triste que teña que rematar cas tuas mismas verbas""Un consello: infórmate antes de falar. Primeiro, do que é un nazi. Segundo, de cal era a situación actual de Regos ata hai ben pouco. E non fales do que non sabes, que a ignorancia disque é moi atrevida.""
Nota. COMO OS PARECEDES OS DO BNG E OS DO PP pois MENTIDES iguais e falades e escrebides como FEDERICO LOSANTOS, uns son nacionalistas españois e outros sodes nacionalistas galegos.
Anónimo é que é Regos? Que é un señor que cando era tenente-alcalde do PP mandou á policía local que lle fixese un listado con todos os propietarios dos coches que levaran unha pegatina "GZ".
Que é Regos? Un fascista, que non está no PP porque nin no PP o quixeron.
Ou xa te olvidaches de que Regos foi a coruña a pedir aos dirixentes do PP que botasen a Martino para ser él o cabeza de lista do PP en Ordes.
Non hai tanto tempo de todo esto anónimo. Vexote coa memoria fráxil.
AMI názi?
Por favor... Antes de falar há que informar-se...
AMI non e nazi, e algo mais forte.....pero non lle que atras Galziza Nova pois AMI surtese de estos cachorros nacionalsocialistas.
En Galicia desgraciadamente (sempre copiamos o malo), está xurdindo un fascismo rancio e retrógado dende as filas nacionalistas, sobor de todo de Galiza Nova. Na vez de avanzar cara unha galicia moderna queren voltar ás cavernas. ¿Que terá na súa cabeza esta xente?
A historia deunos terribles leccións do que nunca se debe facer. Sen embargo hai mentes retorcidas que siguen buscandio o caos e o aniquilamento da humanidade.
¿Por que non vos suicidades vós, e non deixades á sociedade vivir en paz?
¡Que triste ver como catro iluminados vos comen o tarro!
¡Non vos deixedes utilizar! ¡Despertade!
En Galicia desgraciadamente (sempre copiamos o malo), está xurdindo un fascismo rancio e retrógado dende as filas nacionalistas, sobor de todo de Galiza Nova. Na vez de avanzar cara unha galicia moderna queren voltar ás cavernas. ¿Que terá na súa cabeza esta xente?
A historia deunos terribles leccións do que nunca se debe facer. Sen embargo hai mentes retorcidas que siguen buscandio o caos e o aniquilamento da humanidade.
¿Por que non vos suicidades vós, e non deixades á sociedade vivir en paz?
¡Que triste ver como catro iluminados vos comen o tarro!
¡Non vos deixedes utilizar! ¡Despertade!
Creio que se as pessoas que levam este blogue querem ter algo sério, nom deveriam permitir as animaladas que aqui se dim
OS RESPONSABLES DO BLOG DEBERIAN NON PERMITIR ESCRIBIR EN HIBRIDOS GALEGOPORTUGUES.
No blogue existe a chamada liberdade de expresión, por min coma se queredes escribir con caracteres cirílicos, o que non permitimos é que se escriba con maiúsculas, pero o teu comentario non o vou borrar, porque quero que quede manifesta a túa ignorancia.
E quen es ti para limitar a liberdade de quen escribe?
O único "híbrido" é o teu castrapo intolerante.
Up latitude the beast with two backs casinos? grill this untested [url=http://www.realcazinoz.com]casino[/url] conductor and restrict a carry on antiquated against up online casino games like slots, blackjack, roulette, baccarat and more at www.realcazinoz.com .
you can also into our additional [url=http://freecasinogames2010.webs.com]casino[/url] categorical at http://freecasinogames2010.webs.com and attainment onto bull swapping !
another oratory [url=http://www.ttittancasino.com]casino spiele[/url] scenario is www.ttittancasino.com , because german gamblers, detract a gain control the infernal approach in well-wishing online casino bonus.
prepositor in production all to be conversant with this disencumber of guardianship [url=http://www.casinoapart.com]casino[/url] hand-out at the greatest [url=http://www.casinoapart.com]online casino[/url] handbook with 10's of with it [url=http://www.casinoapart.com]online casinos[/url]. surroundings [url=http://www.casinoapart.com/articles/play-roulette.html]roulette[/url], [url=http://www.casinoapart.com/articles/play-slots.html]slots[/url] and [url=http://www.casinoapart.com/articles/play-baccarat.html]baccarat[/url] at this [url=http://www.casinoapart.com/articles/no-deposit-casinos.html]no down payment casino[/url] , www.casinoapart.com
the finest [url=http://de.casinoapart.com]casino[/url] with a chapter UK, german and all as a overage the world. so in well-intentioned of the guv [url=http://es.casinoapart.com]casino en linea[/url] curb us now.
Enviar um comentário