Problemas na Piscina climatizada.
Durante toda esta semana, segundo os socios, a auga da piscina climatizada estaba moi fría; segundo algúns deles, dende o mesmo Luns. Pois ben, até o xoves non se fixo nada, e foi o xoves cando se pechou o vaso ós bañistas para cambiar unha peza no transformador da caldeira. Os cruces de acusacións entre os partidos deixaronnos perlas coma que a piscina non puido ser utilizada (dto por parte do portavoz do BNG), cousa que non é tan certa, posto que si houbo xente que a utilizou, simplemente estaba máis fría do normal.
Ordes propón a Zhini como premio do deporte.
O concello impulsará o galardón para o xoven do clube Luar na gala da mancomunidade.
O pleno decidiu, por unanimidade realizar unha felicitación institucional a Óscar Zhini, recente campión de España sub-21 de taekwondo.
O representante do concello na mancomunidade de municipios, Manuel Astray, transmitiralle ós demais representantes a candidatura do xoven ordense ó premio do deporte, nunha galña que se celebrará a principios do vindeiro ano.
Entregarán a parcelaria de Montaos en 10 días.
Nun comunicado remitido ós medios de comunicación, o representante ordense do BNG, Gonzalo Castro, anuncia que nos vindeiros días será definitiva a publicación dos acordos de propiedade no DOG.
Cemiterio.
A principios de semana denunciaronse filtracions de auga nos panteóns, froito da mala xestión por parte da empresa concesionaria, apareceu deterioro en tumbas que afectou a cinzas e restos.
Segundo varios veciños, o problema ven xa do ano pasado, co derrubamento de varias cubertas dos panteóns, etc. A magnitude dos desperfectos pode asegurarse polo feito de que a propia funeraria viuse obrigada a utilizar unha bomba de achique, pois "os cinceiros frotaban nos nichos". Regos emitiu unha queixa á empresa concesionaria, da cal ainda non obtivo resposta.
Aproveitando o balbordo, o BNG acusou a Regos de consentir unha xestión ilegal do cemiterio, acusando ó alcalde de incluso favorecer a xestión ilegal do cemiterio do Balado por parte da firma Empresa para la Gestion del Nuevo cementerio de Ordes S.L. , cando a concesionaria deste servizo, por acordo plenario é a empresa arzuana Chofricas. Segundo Ramiro, cando no ano 93 se propuxo a creación do novo cemiterio, a Empresa para a Xestión... presentouse a un concurso público, pero incumplía unha serie de requisitos e a escollida foi Chofricas, a cal, realizou unha subcontrata con Empresa para a Xestión... de maneira ilegal, pois foi sen o consentimento plenario. Ademais, Ramiro asegurou que o único que o alcalde pode facer é rescindir o contrato coa concesionaria, e polo tanto rematar tamén coa actividade de "Empresa para la Gestión del Nuevo Cementerio de Ordes".
Perdoade polo parón de varios días sen publicar, pero e que andivemos ocupados.
Coma sempre, gustamos da vosa participación.
Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.
domingo, 25 de novembro de 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)



2 comentários:
O contrato da empresa xa fai tempo que tiña que estar rescindido. Fai anos que hai problemas cos panteóns, e Regos é conscente delo. Os socialistas protestaron tamén en varias ocasións, pero xa se sabe, agora que gobernan, non toman as decisións que propoñían antes. É unha desgracia, no poder son todos iguais. Incluído o BNG. Non hai máis que ver na Xunta e nos concello que goberna. ¿Que pasa cos contratos basura? ¿Agora xa non importa que se cobren 440 euros e se asine unha nómina de
670. ¡Señores políticos, un pouquiño de seriedade! ¡Pero todos!
É por que dis que o que dixo Gonzalo castro foi unha "perla", dis que o xoves pecharon a piscina aos bañistas e Gonzalo Castro dixo que a piscina non puido ser utilizada.
Contou algunha mentira? Eu creo que non.
Enviar um comentário