Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.

sexta-feira, 27 de julho de 2007

Astray di que non apoiará un aumento de gasto en retribucións

Manuel Astray, edil do grupo de goberno de Ordes por Nova Alternativa, anunciou onte que non apoiará ningún incremento no gasto de retribucións do novo goberno local, formado por UXO, PSOE, Terra Galega e o seu partido.

Astray anunciou onte que pedira aos técnicos municipais un informe oficial sobre a estimación de gasto das novas retribucións. No caso de que a cifra resultante sexa superior á que existía en Ordes cando gobernaba o PP, Astray anuncia que votará en contra e abandonará o goberno.

Fonte:
"La voz de Galicia"


Por outra parte, vemos no Correo Galego, que se pretende aprobar un presuposto Continuista pero con "vocación máis social". Dise que vai aumentar a partida destinada á atención benéfica, etc.

Tamén se fala das retribucións: "En el pleno se aprobarán también los sueldos del gobierno. La retribución parcial del alcalde será de 20.000 € anuales. El edil de Obras y Urbanismo, cobrará 29.000 € al año en dedicación exclusiva. Los ediles de Deportes e Industria y Comercio cobrarán 16.220 € anuales. La concejala de Cultura percibirá 10.500 € y las pagas por asistencia a las juntas serán de 250 €."

Non dubidedes, que de todo o que ocorra na sesión plenaria do próximo Luns, estaredes ben informados aquí.

Saudos.

5 comentários:

Anónimo disse...

Este e o goberno estable do que tantos se falaba?

Anónimo disse...

Por primeira vez alguén di algo sensato, por desgracia é unha cousa pouco común... e non me extrañaría que tivese que dimitir, pero xa se sabe, ás veces... onde dixen digo, digo Diego...

Anónimo disse...

E agora digo eu... 250€ por cada xunta? non sei se é isto ó que se refire Astray, pero.... chéirame mal.

Anónimo disse...

Simplemente como información, sumei as cantidades das supostas retribucións. O total é de 91940€ cada ano, ó que hai que sumar as "Xuntas".

Anónimo disse...

.. si eso foi baixar os soldos,,, ve�a deus e o vexa.!

 

© New Blogger Templates | Webtalks