Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.

sexta-feira, 13 de julho de 2007

Segundo "El Metropolitano"...

(posible) Localización dos aeroxeradores de Endesa.


Xa falamos o outro día, da posibilidade da creación, por parte de Endesa, dun parque eólico en terras do Concello. Deixo un mapa, aparecido no coñecido xornal, no que aparece a posible localización dos "muiños".

Permítome poñer a miña opinión persoal, que pode ou non ser compartida por vos. Eu resido nunha das parroquias afectadas, que acaba de pasar unha "concentración" parcelaria catastrófica (da que proximamente falarei), e non me parece moi ben que apareza isto agora, para acabar de deixar a miña terra sen montes...

Pola súa parte, Unions Agrarias, aconséllan ós propietarios de tenzas de monte afectadas, que teñan "paciencia e que non se ceguen polo carto inmediato"

Eu aconsellaríalles que, en lugar de venderlle as suas tenzas a Endesa, llas alugasen; pero tampouco sei se isto é posible.

Sen máis un saudo.


4 comentários:

Anónimo disse...

Iberdrola firma un acuerdo con Marruecos para desarrollar un parque eólico en el Sahara ocupado

http://www.rebelion.org/noticia.php?id=53570

Anónimo disse...

POR QUE ERES TAN SECTARIO ? POR QUE NON QUITAS OUTRAS NOTICIAS DO METROPIOLINO SOBRE O QUE ESTAN A FACER O NOVO GOBERNO? ¡ ERES VOCEIRO DO DIFUNTO BNG!

Anónimo disse...

Vaia, como se alporiça a gente com as notícias... Claro, suponho que será mais importante a primeira feira medieval de Ordes que a construçom dum parque eólico...
És vozeiro do BNG? Amig@, os fantasmas que vê cada um dim de que pe cojeia...

Anónimo disse...

Parece ser que sempre hai o mesmo parvo dicindo has mesmas parvadas en calquer foro de ordes nas que se basea en dicir sectario e difunto bng. Este e tonto do cu e na mais.

 

© New Blogger Templates | Webtalks