Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.

quarta-feira, 30 de julho de 2008

Resumo da última sesión plenaria.

José Manuel Tobío toma posesión.
O edil José Manuel Tobío Boquete tomou posesión onte, no pleno ordinario de Ordes, do seu novo cargo como concelleiro de Industria e Comercio. Tobío responsabilizarase deste departamento, en sustitución da ex portavoz socialista Ester Couto, que estivo tamén presente na sesión. O alcalde, Manuel Regos, mostrou a súa satisfacción e Tobío asegurou que comprometería totalmente co Concello e o seu novo posto.

O Concello asumirá a xestión directa do cemiterio e do tanatorio do Balado.
O pleno aprobou por unanimidade o expediente de desafiuzamento por vía administrativa dos bens de dominio público correspondentes ao servizo municipal do cemiterio de Ou Balado. O pasado mes de decembro a corporación aprobara a xestión directa tanto do cemiterio como do tanatorio, un servizo que é gratuíto para os veciños do municipio. Naquel momento, o Concello solicitou á empresa adxudicataria que presentase a liquidación da concesión e as contas de explotación de cada un dos doce anos nos que xestionou este servizo, algo que a día de hoxe aínda non se presentou.

Un grupo de mozos irrompen na sala pedindo a construción do local de ensaio prometido.
O pleno discorría con tranquilidade cando entraron na sala un grupo de mozos cunha pancarta e ataviados con camisetas para protestar pola tardanza na construción dun local de ensaio. O que non pasou a maiores foi que estes mozos entraron á sala da man dos representantes do BNG no concello, algo que podía facer que saltasen suspicacias... A construción deste local acordouse por unanimidade no pleno celebrado o día 25 de decembro do ano pasado. A gran cantidade de grupos musicais que proliferan no municipio ordense fixo que o grupo nacionalista propuxese ao goberno local a cesión dun recinto para integralo na rede galega de locais de ensaio, que promove a Dirección Xeral de Xuventude e que este ano investirá dous millóns de euros. Entre os posibles locais aparecía o edificio da escola de música, pero un informe realizado en xuño deste ano indicaba que a estrutura do edificio «non pode baixo ningún concepto soportar a construción dunha segunda planta», polo que habería que demoler o edificio e facelo de novo.
O alcalde, Manuel Regos, admitiu que o proceso «vai lento», pero tamén afirmou a todos os mozos presentes que «estamos a realizar os trámites para buscar un local de ensaio, que esperamos que haxa axiña».
Ao finalizar o debate plenario os mozos despregaron a súa pancarta na porta da Casa do Concello e realizaron un "mini concerto" para continuar coa súa protesta de reivindicación dun local de ensaio no municipio.

Ademais.
A corporación municipal aprobou por unanimidade a participación do Concello no Plan de iluminación e outros complementos nos campos de fútbol municipais de herba artificial 2008. Este é un plan deseñado pola Deputación Provincial da Coruña e do que Ordes recibirá 60.000 euros para a iluminación do novo campo de fútbol que se está construíndo en Vista Alegre.

52 comentários:

Anónimo disse...

O de Tobío, ben vido sexa ao circo outros xá os comeron os leóns pero aver que decide o César.
O do tanatorio parece ser que Regos está a sacar a camisa do pasado como a serpe, algún cacho alle de quedar pegado o lombo,sem comentarios.
Os locaís de ensaio,se non fora o odio persoal que ten este goberno ao BNG xa estarian feitos pero así o dudo.
Unha vez maís o goberno de Ordes pon por diante os problemas persoaís a gobernar ben o Concello.
Só teñen que por un local o resto faino a Dirección Xeral de Xuventude pero nin con esas,parece mentira que ainda queden veciños que estan en contra desas cousas como comenta algún no chat,que o leven para Oroso ou Cerceda pero pobre mentalidade que teñen algúns,esperemos que o que opina así non sexa unha persoa xoven porque senón e verdade que non ai futuro.
Tamén parece ser que a cara de odio que tiña Pedreira mirando desafiante aos rapaces era de noxo,despoís dí que e socialista,eu non acabo de velo así.

Anónimo disse...

a ver se aprendes a escribir, que pos tiles onde non deberías!

Anónimo disse...

Vaia maneira de intentar vender a presa agora cos locais de ensaio nin que os necesitaras ti. O local de ensaio estou seguro de que se vai facer pero as promesas so as fixo o bng, a imposibilidade de facer unha contruccion para eles este ano non implica que non se vaian facer, e loxico que nos presupostos de este ano o goberno lle quera dar prioridades a outros asuntos que os membros do goberno prometeron. Que se aprobou no pleno pois si, pero podese facer para outro ano por que non se fagan xa non pasa nada porque non e de vital importancia xa que todos os grupos teñen o seu propio local e incluso se fose necesario un facilintallo a outros. A ver se deixades de vender palla

Anónimo disse...

O anónimo primeiro,¿non ten outra resposta mellor? pois estamos en internet non na escola.

Anónimo disse...

Na protesta había xente de 3 grupos máis aparte dos de axóuxere!! En Boiro tras inaugurarse o local de ensaio en un ano surxiron 15 grupos novos, o que lle serviu ó concello para facer un festival, sacar un cd e múltiples actividades con eles.

O que pasa é que aquí moito non lle podemos pedir ós políticos nin tampouco a xente.....

Anónimo disse...

A ver anónimo espabilado... Todo o que lhe atribuis ao concelhos de Boiro na realidade fixo-o o local social Aturuxo. Que é mui distinto.

Anónimo disse...

Home se ti o dis... pero perdoa que lle de máis crédito á xente dos diferentes grupos de Boiro, ós que puiden escoitar acerca da experiencia dos locais de ensaio. Eu imaxino que coñecerán a realidade de Boiro mellor ca ti...

Anónimo disse...

Temos claro que axouxere quere ter os locais de ensaio para eles, pese a ensaiar xa nun local pagado polo concello.

P.D.: Atribuirlle que nazan grupos a un local de ensaio paréceme unha animalada.

Anónimo disse...

A verdade e que aquí polo que se vé, o único que de que se trata e de machacar a quen queira facer algo bo por todos, porque se precisamente o grupo ese Axouxere ten onde ensaiar e encima nun local do cocello, terá maís mérito o que se movilicen para pedir os locaís o cal demostra que non vai ser só para eles como se fala aquí.
A min dame que o que ai e medo pedirlle ao Concello cousas,polo que vin nos xornaís e unha oportunidade que o mellor vai tardar en repetirse,se o Concello non presenta o local para acondicionar nun prazo, queda sen os cartos e iso afectanos a todos os veciños de Ordes,eu penso que este goberno esta a deixar pasar moitas cousas que son boas para os cidadáns,e iso e o que teñen que pensar que non só e para eles, porque senón eu poñería en dúbida o demócratas que son.

Anónimo disse...

A xente de axóuxere puido quedarse na casa, como fixeron outros.

Pero decidiron ir a reclamar o local de ensaio para Ordes, para que a xente teña un sitio no que no só ensaiar senón tamén gravar a súa música.

Sei de dous grupos de rapaces de -Ordes que quixeron formar cadanseu grupo, e que por falta dun espazo no que ensaiar abandoaron.

Anónimo disse...

Pero, vexamos..., non queirades vender agora a preocupacion dun grupo polos demais cando todos sabemos que ese acto foi feito e organizado polo bng, como ben din eles chamandolle rajados e caciques ao resto dos grupos. Non intentedes vender a vosa preocupacion polo demais porque puramente e unha extratexia dun partido en concreto e como minimo debedes respetar a decision dos demais a non politizar desa maneira o seu grupo. Non vendades esa solidaridade se todos sabemos que non foi por conta propia se non por intereses politicos.

Anónimo disse...

Que ue saiba non lle escoitei chamar a ningún deses rapaces rajados ou kacikes a ninguén,iso xurdiu no chat a razón de certos comentarios e dixeno eu,así que non metades a quen non ten culpa nesto,o que o queira comprobar que mire o chat de onte,temos moito liante por aquí.

Anónimo disse...

Camiñante, estou falando da realidade e da rua e certa xente anda dicindo eso pola rua, asi que de liante nada, liadesvos vos soiños

Anónimo disse...

Entón se o din na rúa será verdade,pero tanto pode ser verdade que o din uns coma que o son outros.

Anónimo disse...

Cando menos, a xente debería amosalo seu respeto cara aqueles que exercen o dereito ó pataleo. Namentres outros, tan fachendosos e polo de agora anidados alá nos cumios das suas respectivas torres de marfil; non deixan de cuspir fume polas súas gorxas xa murchas. Sorprendente a muda destes (salvo un par deles), antano castelanfalantes de clase acomodada e agora defensores (de palabra claro está) da lingua e dos problemas da clase que vive a ras do chan. Nisto coma en tódolas cousas, non é mismo falar da feira que ires a ela; non presumades de valentes cando xa nin sodes a sombra do que nunca fostes e quixestes ser... (para deusquetecreou)

Anónimo disse...

vivo nunha torre de marfil, pero mareas de merda azotan os seus muros

Anónimo disse...

É unha pena que existan enfrontamentos por facer algo que non perxudica a ninguén. Non está demáis lembrar o que se quere. Outro conto é que o que se quere se teña cando un quere, pero ben é sabido que o que non chora non mama, así que paciencia. Benvido sexa o altruísmo e a unidade dos grupos de Ordes. Así debería de ser.

Anónimo disse...

¿A caso está mal, manifestarse como fixeron eses rapaces? Creo que o que demostraron é non ter medo. Xa que é moi dado en Ordes o de que cando se fai algo en contra do Goberno quedes "sinalado" de por vida!
E se algún dos grupos que se manifestou xa ten onde ensaiar, máis mérito teñen por interesarse en conseguir algo que beneficie a outros, en vez de quedar na casa...que eso é moi fácil...!

Anónimo disse...

Noraboa a eses rapaces polo comportamento cívico e educado que o sr. Alcalde soubo recoñecer e polo que os felicitou publicamente, cousa que tamén a el lle honra .O sr. Regos, no seu programa electoral incluía o apoio aos grupos de música ordenses e á banda.Ao mellor non puido, ata o de agora , adicarlle demasiado tempo a todos eles pero saberá cumprir. El sabe que para preparar concertos, facer probas de son,grabar, etc se requiren instalacións especiais que a Dirección Xeral de Xuventude proporcionaría se se dispuxera dun espazo axeitado. Pero xa se andará. E a eses rapaces de Axouxere os mellores parabéns polo concerto do domingo e que , cando o precisen, sigan manifestándose con música de xeito cívico e sen faltarlle a ninguén como eles saben facer.

Anónimo disse...

Alguén dixo que para que haxa paz, primeiro hai que culturizar á xente ¿Acaso son xustificabeles tantas descalificacións por un local que está en marcha? ¿Acaso Ordes non ten outras necesidades iguales, ou maiores, que as de un local de ensaio? ¿Acaso en Ordes non hai banda de música e grupos folclóricos que ata o dagora ensaiaron onde poideron? ¿Acaso tanta revolta non será máis ben política auspiciada por un determinado grupo vencellado a un determinado partido político?
¡Un pouquiño de seriedade por favor!
¡Ah, Sr. Camiñante, co teu incontinente berborreo estaslle a facer un moi flaco favor ao BNG, por que a cousa cando e tan repititiva xa cansa. Ti és o menos indicado para falar de democracia cando non respetas a opinión dos demais!

Anónimo disse...

Quítome o gorro dos pampíns ante o último anónimo. Chapeau!

Anónimo disse...

Seriedade,eso digo eu porque que eu siba non estou a falar en nome de ningún partido político,que simpatice con un maís ka kos outros eso chamase democrácia e liberdade de expresi.

Ata a volta das vacacións.

Anónimo disse...

Para o anónimo culturizado.
Non sei se sabes que os srs. mandatarios no concello de Ordes comprometéronse nun pleno xa fai uns meses a buscar un lugar, neste caso falouse da escola de música, para os ensaios dos grupos musicais que hai en Ordes, e logo sería acondicionado pola Dirección Xeral da Xuventude, como teñen en Boiro e noutros pobos, non sei se sabes que a música tamen e cultura, o teatro e cultura, a poesía e cultura, etc...En Ordes, sin xeralizar e por desgracia, conocese ben pouco, e sobre todo a nosa, a galega. Claro que hai moito que facer en Ordes. "sacar os camións da merda das ruas, que nos están matando pouco a pouco, crear traballo, etc." pero o noso goberno eso dalle igual, lavan por aquí, un curso de reciclaxe por alí e imos tapando. Sabes que che digo, fainos falla moita cultura, pero o que mais nos fai falla e que xente xoven sea capas de coller unha pancarta neste concello, sin facer dano a naide, e reivindique o que crea necesario, moitos outros terán que copiar deles se queremos algo neste pobo tan sumiso os mandatarios, que nunca loitou nin loita por nada.
Moito ánimo rapaces e collede a pancarta sempre que teñades algo que dicer, tedes xente que vos apoia, pola música e por todo o que cremos que é de xustiza ter, para eso pagamos os nosos impostos.
Noraboa a todos os que asististes ó pleno polo voso comportamento.

Anónimo disse...

Comprometéronse a buscar un lugar, ben. Falouse da escola de música, ben. Pero resulta que na escola de música non se pode facer semellante obra e hai que buscar outro sitio. Parécevos que sobran sitios na vila?
Parécevos que os membros do goberno local van a ter como prioridade cumplir as promesas electorais de outros partidos?
Non tedes nin idea e o que é peor, parécevos que a tedes...

Anónimo disse...

Anónimo Said: Véseche ás leguas que pertences ao BNG, eso non tiña nada de malo si respetaras as opinións dos demais, e si pensaras que a razón absoluta non pertence a naide, ás veces todos temos parte dela e outras veces non. O que xa non é de recibo é pensar que os malos son sempre os outros.
Agora mesmo o teu queridísimo BNG ten responsabilidade de goberno na Xunta de Galicia ¿Pensaches a diferencia que hai entre Quintana e Fraga cos maiores? ¿Que pasa co medio rural? ¿Que pasa co ensino? ¿Que pasa cos nosos agricultores? ¿Que pasa cos contratos basura? ¿Que pasa co ecoloxismo? ¿Que pasa coa sanidade? Todas esas deficiencias foron criticadas polo BNG e prometeron que si un día chegaban ao goberno as ían subsanar.
¿Cómo o fan? A verdade amigo meu, é que a gran maioría dos galegos xa estamos deixando de crer nos sapos preñados, e dende logo non queremos que nos sigan vendendo sempre a mesma burra cega. Desgraciadamente parte da nosa xuventude volta novamente á vendimia a Francia. imos cara atrás na vez de ir cara diante. eso é o que a mín me preocupa, e que tamén che debera preocupar atí, pero desgraciadamente vexo que non. Cando non hai outros recursos armades unha perrencha por un local de ensaio, cando a xuventude de Ordes sofrimos outras carencias moito máis importantes, tanto para a cultura, como para a econnomía, sen embargo eso non o queredes ver, só queredes incordiar e facer demagoxia.
¡AH! para quitar os camións do lixo da vila teredes que falar cos vosos socios de goberno na Xunta e máis en Madrid ¿ou para que apoiastes á Ministra de fomento? ¿Para que nos chame galicia de merda?

Anónimo disse...

Para o último anónimo:
Como doen as verdades, parece que estás un pouco queimado, reláxate home/muller, fai vida saudabel. Eu tamen che falei da cultura, do traballo, dos camións do lixo(que o Sr. Regos arregla con catro cursos que paga o presi de Sogama e que saen en todas as fotos, pero o noso goberno (o do pobo) sigue os pasos do anterior, claro que como xa estiveron anteriormente no goberno, xa saben como actuar: desorganización nos actos (toda), prepotencia do Sr. Astray cas súas palabras de tránsfuga (de pena), en fin, ¿acaso agora voltamos atrás e non podemos sacar as pancartas a rúa?, creo que teríamos que sacalas moito máis, eu ainda non sei que dixen na miña opinión que tanto che ofendeu, espero que agora en Ordes non nos queiran tapar a boca tamén. Era o que nos faltaba. Desde logo que a algún non lle importaría eso e moito máis.
Que saibas que non pertenzo a ningún partido político, nin creo moito na política, pero si na xente loitadora, na xente da terra de verdade, na que se molla para que a nosa lingua non morra, na que traballa arreo pola nosa cultura, pola nosa música, en fin, pola nosa patria.
Un consello: sal do entramado do goberno de Ordes.

Anónimo disse...

Anónimo cabreado (o derradeiro) (Camiñante): nin siquera mencionas as deficiencias do goberno galego ás que eu me referín. Quizais o teu odio (ou a ignorancia) non che deixe ver a realidade. Eu son moi novo, aínda non sento rancor por ningún partido, pero sí son realista e as mentiras oféndenme. O actual goberno de Ordes claro que comete erros, e algún dos seus membros debíalle dar vergonza sair á rúa. ¡Ah! Pero tamén é certo que o BNG está a cometer os mesmos erros onde goberna, e tí claro, eso non o ves, ou non o queres ver, o que fai que te convirtas non sonámbulo sen ideas propias. Eu máis ben diría nun ninguén, nun muñeco de trapo co cal poden xogar au seu antoxo. Unha persoa antes que nada ten que ter un criterio propio e denunciar todo aquelo que está mal feito ¡Fágao quen o faga! Lembras as verbas de Castelao "Que simpático está o señor" Non lle des a volta á tortilla e te convirtas ti nun servidor da mentira. ¡Critíca, pero a todos por igual cando o merecen, e se non non fagas o ridículo! Eu non estou cabreado, afortunadamente teño sentido e penso, pero doime que despois de varios anos, moitos galegos teñan que voltar a coller a valixa cara a vendimia francesa. Eso gracias aos partidos que ti defendes con tanto ímpetu, pero con moi pouco sentido e responsabilidade. Con xente con tanto odio como ti amosas non se arranxan os problemas da nosa terra, necesítase un pouco máis de sentidiño e responsabilidade.

Anónimo disse...

Para o último Anónimo. Non ves como non tes razón. Sentidiño digocho eu a tí, en primeiro lugar, porque me estás atribuindo o nome de outra persoa que escribe aquí, pois trabucaste, non son camiñante, e sentidiño considero que teño o suficiente para saber o que digo, e responsabilidade non me vas a enseñar tí, porque fai moito tempo que sei o que é, e o teño demostrado. Creo que, efectivamente dasme a razón, dende o momento en que me criticas polo apoio a uns rapaces que saen a rúa a reivindicar algo, sin facer dano a naide, quere decir que de democrático tes ben pouco, Non vou perder máis do meu preciado tempo en falar contigo, so sabes ofender os demais coa túa lingua.Cando te dirixas a unha persoa polo apodo, primeiro asegurate que sea ela. Delataste ti soiño.

Anónimo disse...

Segues sen respostar ás miñas preguntas ¡Non che interesa claro! Segue coa túa matasoña de que uns son moi malos e os outros moi bos ¡Que simpático é o señor! ¿Lembras?Eu son libre e non teño amo nen señor. Ti és un exclavo e un servidor. Aí está a diferencia.
Adeus.

Anónimo disse...

Segues sen respostar ás miñas preguntas ¡Non che interesa claro! Segue coa túa matasoña de que uns son moi malos e os outros moi bos ¡Que simpático é o señor! ¿Lembras?Eu son libre e non teño amo nen señor. Ti és un exclavo e un servidor. Aí está a diferencia.
Adeus.

Anónimo disse...

A anónimo anterior. Non che ia a respostar, pero visto que estás tan nervioso, que xa repites o mensaxe, eu tamén che digo que non me contestaches o que eu che dixen.Eu non son escrava de naide,(con s) ti parece que estás doido por algo, saberás porqué, eu non teño nada que agochar. A diferencia está en que eu digo o que penso e o mesmo tempo fago o que digo, ti polo que parece, fixeronche pasar malos momentos, e estás ferido, por eso tes tan mala leite-ostia. Boa noite.

Anónimo disse...

Para a última anónima/o. Eu non acostumo a ofender a nadie. A verdade é que con xente coma ti, pobre BNG e pobre Galicia. Eu non pertenzo a ningún partido, nin estou doido con ninguén nin pasei malos momentos. Repítoche, son moi novo para que tivera tempo de aniñar en min o odio e o rancor, como parece que o fixo en ti. O único que desexo é o ben para Galicia, por eso defenderei sempre a verdade e criticarei a todos os partidos por igual, non cama ti que só miras cara un lado. Eso é o máis triste que lle pode pasar a unha persoa, que non diferencia a verdade da mentira (ou que non queira diferenciala, que aínda é máis triste) Un saúdo, non merece a pena seguir dialogando con tigo, xa que en vez de revatir as cousas, so insultas e pensas que todos/as teñen a mala leite que debes ter ti. Por min sigue couceando contra o aguillón, a min me trae sen coidado, quen tes que coidar da túa cabeciña es ti.
Eu sei que escrava/o se escribe con s, pero ben podías aprender e pasar a ser unha/un ex escravo/a do fanatismo.

Anónimo disse...

Señores/as anónimos as Consellerías da Xunta que máis problams están xenerando: Sanidade, Educación, Pesca, Medio Ambiente...están dirixidas polo PSOE.

Haberá que preguntarlle pois ao psoe.

Ao césar o que é do césar.

Anónimo disse...

SOLICITO UNHA RECTIFICACIÓN DO ADMINISTRADOR DO BLOG. OS RAPACES QUE SE MANIFESTARON NO PLENO NON ENTRARON DA MAN DOS REPRESENTANTES DO BNG.

QUE SÓ SAQUEDES AS MANIFESTACIÓNS DE REGOS CANDO O QUE SE DEBATIU NO PLENO FOI UNHA INICIATIVA DO BNG, XA NON É NOVO, PORQUE ACOSTUMADES A MANIPULAR AS NOTICIAS. MAIS O QUE NON SE PODE CONSENTIR É QUE MINTADES. OS RAPACES ENTRARON CANDO FACÍA MÁIS DE DÚAS HORAS QUE EMPEZARA O PLENO E NON ENTRARON DA MAN DE NINGUÉN.

CANDO SE INFORMA NON HAI QUE FALTAR Á VERDADE, POR MOITO QUE ESTA NON GUSTE.

Anónimo disse...

Pero ti fuches ao mesmo pleno? polo que dis supoño que pensaras que que por ir da man deberian ir agarradiños como se se tratasen de nenos, todos poidemos ver momento antes do pleno e despois para saber o que é entrar da man, a ver se lemos mais para mellorar a comprension na lectura...
e faga o favor de escribir en minusculas

Anónimo disse...

que estas negando, que foi organizado polo bng?

Anónimo disse...

E teredes que ter probas para decir que foi organizado polo BNG. Digo eu.

O que lle fastidia a algúns é que é a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta, ou sexa a Vicepresidencia de Anxo Quintana, quen está instalando os locais de ensaio por todo o país.

A ver se vos dades conta dunha vez de que o goberno non quere que haxa local de ensaio en Ordes para que o BNG non leve o mérito e consiga votos da xente nova.

Que triste!. Menudo goberno ten Ordes!

Anónimo disse...

Para o anónimo do escravismo. Xa ia pasar de contestarche, pero ata me fai graza respostarche. En 1º lugar xa che dixen que non son escrava de naide, xa que non pertenzo a ningún partido político, e repítoche por enésima ves que soio estou apoiando a uns rapaces que saen ca pancarta a reivindicar o que creen xusto, pero ti estás moi resentido, creo que xa sei porque, e teimas con BNG, soio defendo a democracia, cousa que non sei se sabes o que é, polo que dis es un rapaz novo, eu recomendoche que salgas mais a rúa, sentaríache moi ben, falar coa xente, decir o que un pensa, etc., etc. é algo que non debes de acostumar facer, non lle deas máis voltas ao BNG, porque o vas a marear e posibel que tí tamén caias.
Mensaxes con moito contido, si señore.
Ata a vindeira.

Anónimo disse...

Probas,pois porque todos os grupos o saben, porque neste foro se enfendeu un do bng porque non foron a maioria dos grupos e porque fixeron as pancartas con galiza nova. Traeme sen coidado quen os poña pero o que non se pode tirar e contra a imposibilidade de ter un local desde xa, aparte, estou lendo no metropolitano que os grupos poden utilizar o a escola fora de horario lectivo para ensaiar nela. E sobre os votos da xente nova,moita xente dos grupos xa e votante do bng ainda que visto a actitude de desprezo dalgun membro do bng non sei que opinion teran agora

Anónimo disse...

Pregunto: Quen goberna na Xunta e que pinta o PSOE , polo que se le nesta paxina soio goberna o BNG e o PSOE de Ordes e un ienwemigo a batir. PENSADES OS DO BNG E PSOE QUE A ESTE RITMO VADES A VOLTAR A GOBERNAR NA XUNTA, a miña resposta e que NON pois demostrades que sodes incom`patibles

Anónimo disse...

A escola de música nin está acondicionada nin insonorizada para ensaiar.

Onde está a mesa de mezclas? e o estudio de grabación? e as salas insonorizadas?.

Algún fala do que non sabe.

Eso é o que están pedindo os grupos.

A ver si nos enteramos.

Anónimo disse...

Eu non vexo ese desprezo do que falas.

Eu o que vexo é que foi Rubén Cela, director xeral de xuventude e membro do BNG, o único que se preocupou ata agora polos problemas dos grupos de música de galicia.

E para que o saibades en toda españa empezan a copiar o da rede de locais de ensaio que está a facer o BNG desde a Xunta.

O que hai é tanto odio que nin sodes capaces de recoñecer o que fan ben os do BNG.

Eu pertenzo a un grupo e nas próximas eleccións vou votar por primeira vez.

E teño moi claro por quen o vou facer.

Anónimo disse...

O que non se fala do que non sabe ben sei eu quen é. Desde cando fai falta insonorizar unha escola de musica na cal se pode facer ruido durante o dia xa que e para iso. Para ensaiar o unico que che fai falta e lebar o equipo e xa esta, e se che habilitan unha aula na escola ainda has dicir que non. Para ensaiar tampouco fai falta un estudio de grabacion nin unha mesa de mezclas xa que moitos dos locais da rede nsaio non teñen tal estudio de grabacion, se non que se veu aplicando desde hai ben pouco.
Ou sexa, ao primeiro o problema era que non habia onde ensaiar, agora din que se pode facer na escola de musica ante a imposibilidade de infraestructura para a rede de locais de ensaio, pero ainda sabendo que non e posible neste ano seguese a machacar o tema.
Por certo non se dixo en ningun momento que fose unha mala iniciativa nin que fora mal traballo de ruben cela todo o contrario. Onde se fai unha practica demagoxica da mesma, e neste concello, onde ante a imposibilidade actual de facer tal contruccion se tira contra un goberno que aceptou tal iniciativa mais que non puxo data fixa se non que o fara en canto lle sexa posible, as cousas non son tan simples...
co tempo aprenderas a ser mais obxexctivo, e votar a un partido non implica recoñecer a realidade

Anónimo disse...

Eu tamén teño moi claro por quén votar nas videiras eleccións autonómicas. Non polo BNG que engañou a todos os rapaces de Galicia. A ver si un día nace un partido galego que defenda a verdade sen odio nen rancor cara a ningún dos galegos e respete o nome milenario de Galicia. Non Galiza. Señores do BNG, non estades no camiño correcto, Galicia necesita solucións, non resentementos nen odios infantís que a nada bon nos conducen. O BNG estaba mellor con Beiras que con Quintana.
Nas vindeiras eleccións vai levar un varapalo por incompetentes e déspotas. Os Xoves de Galicia estamos fartos de enganos e de demagoxias.

Anónimo disse...

O que acabas de dicir de nome milenario de Galicia e unha parvada Galiza tamen e un nome milenario

Anónimo disse...

Hai un anónimo que non ten nin idea do que é un local de ensaio.

A escola de música necesita dunha inversión para convertirse un local de ensaio.

Para ensaiar sin medios xa temos moitos baixos e casas en Ordes.

Un local de ensaio é outra cousa. É ten que ter estudio de grabación e salas insonorizadas.

Algún quere que en ordes sigamos no atraso de sempre.

E por certo o goberno municipal comprometeuse a solicitar o local de ensaio á Dirección Xeral de Xuventude este ano.

O goberno incumpliu, logo é normal que a xente proteste con todo o dereito do mundo.

Anónimo disse...

Sabes cal e a diferencia entre solicitar e construir non?
Se a tua maneira de defenderte a dicir que o resto non ten nin idea... e o que ten acabar de nacer...
Un local de ensaio non ter que ter estudio de grabacion nin salas insonorizadas, eso e unha parida, o de estudio de grabacion repitoche que hai moito locais da rede de ensaio que no teñen e o da insonorizacion outra xa que a escola xa esta sendo usada con ese fin.
Se ti tes tantos cartos para que che dea igual que che proporcionen un local xa que tes moitos baixos e casas tamen teras os medios economicos para facer a inversion economica que queiras neses medios.
E a ver se te enteras que o mellor que proporciona para ensaiar a rede de locais de ensaio e o acondicionamento cun equipo de ensaio, que nun principio non foron creados para grabar se non para ensaiar, non te queiras vir de listo, porque e ridiculo o que estas a dicir

Anónimo disse...

Listiño/a. Os locais de ensaio aprobados esta ano levan todos estudio de grabación.

Para ilustrarte un pouquiño direiche que o Decreto 16/2007, do 1 de febreiro, polo que se crea a Rede Galega de Locais de Ensaio para a Xuventude di o seguinte:

"Definición de local de ensaio.
Para os efectos do presente decreto terán a consideración de locais de ensaio aqueles establecementos de titularidade pública, local ou autonómica que estean PREPARADOS ACUSTICAMENTE, DEBIDAMENTE INSONORIZADOS e demais requisitos mínimos exixidos no artigo 6º deste decreto.

E este Decreto tamén di que: "Os locais de ensaio terán por finalidade fomentar o estudo e PRODUCIÓN MUSICAL da mocidade, de xeito gratuíto e en condicións de igualdade para toda a xuventude."

A escola de música non é un local de ensaio.

Sigue batendo no ferro, pero informate antes.

Anónimo disse...

Listiño/a. Os locais de ensaio aprobados esta ano levan todos estudio de grabación.

Para ilustrarte un pouquiño direiche que o Decreto 16/2007, do 1 de febreiro, polo que se crea a Rede Galega de Locais de Ensaio para a Xuventude di o seguinte:

"Definición de local de ensaio.
Para os efectos do presente decreto terán a consideración de locais de ensaio aqueles establecementos de titularidade pública, local ou autonómica que estean PREPARADOS ACUSTICAMENTE, DEBIDAMENTE INSONORIZADOS e demais requisitos mínimos exixidos no artigo 6º deste decreto.

E este Decreto tamén di que: "Os locais de ensaio terán por finalidade fomentar o estudo e PRODUCIÓN MUSICAL da mocidade, de xeito gratuíto e en condicións de igualdade para toda a xuventude."

A escola de música non é un local de ensaio.

Sigue batendo no ferro, pero informate antes.

Anónimo disse...

E que por se non te das de conta non estou a falar da rede de locais de ensaios se non de que o concello dixo que poderian habilitar locais mentras non se poida facer a obra para os locais. Que a rede de locais faga os locais de ensaio dese xeito non quere dicir que un local para ensaiar non teña que seguir tales puntos.
A escola de musica si que e un local de ensaio porque ahi ensaia unha banda.
O que pasa e que ti relacionas calquer local de ensaio con a maneira de facelos pola rede, pero os locais de ensaio, como e loxico, leban moito anos existindo e non son un invento novo.
A ver se aprendemos a ler un pouquiño... Unha cousa e un local de ensaio outra e un local habilitado pola rede de locais de nsaio da xunta

Anónimo disse...

que retorcidos sodes os políticos!!! jaja. nunca dades o brazo a torcer!

Anónimo disse...

Para anónimo do 13 agosto as 16:13:O que estades os xóvenes galegos será cheos de lamberlle o cú aos do PP e PSOE, para que vos dean un traballo na estación da PONTRAGA a cambio de facer de axentes electoraís,pero iso e pan para hoxe e fame para mañan,polo karallo vos traen empresas o polígono con condicións e salarios dignos,iso non lles conven, porque un povo con poder adquisitivo non e tan kacike como eles queren,non vos dades conta que iso os do PP aprenderonno dos cregos,e os do PSOE como gobernan con eles siguenlle a corrente.
Temos unha prova visible nos concellos veciños,Oroso,Cerceda,Carral,Santiago..votade unha ollada aos seus polígonos e mirade o de Ordes,Ou non queredes entender,ou estades condenados a lamberlle o cú.

 

© New Blogger Templates | Webtalks