
O concello de ordes ven de comezar coas obras de reforma da alameda, comezando polo derrubamento dos antigos almacéns municipais, que estaban situados debaixo da alameda, na zona do aparcadeiro posterior, pasando os contidos de ditos almacéns a outras dependencias do concello. Pregúntome se a sede da cruz vermella de ordes tamén pasou a outras dependencias do concello. E xa que estamos, é máis necesario o cuartel da Garda Civil, ou unha sede en condicións para a Cruz Vermella en Ordes? Cinguindonos ó tema, cal é a vosa opinión sobre as obras? Veríades positiva a creación dun aparcadoiro subterraneo de varias prantas en lugar de simplemente poñer unhas columnas e facer unha placa para aumentar a superficie da alameda? Opinades que as obras causarán moitas molestias ós veciños? Pensades que estarán rematadas para as festas patronais?
Agardamos as vosas opinións!
P.D.: Recordámosvos a próxima posta en marcha da sección "Proteste xa" na que nos faremos eco das vosas protestas en relación co concello. O mail de contacto é o seguinte oterrunho@gmail.com



11 comentários:
Volvemos a mesma de sempre,obras sen xeito,a presa feitas por catro cabezas pensantes.
Agora teñen presa por engadirlle un cacho novo a alameda,que veñen as festas,non lles deixan cortar a nacional 550 e ai que facelo como sexa, sen aproveitar que se está a facer un desmonte que dandolle tres metros maís podiánse facer prazas de garaxe no soto, e na pranta baixa con unha boa actuación acorde co entorno xá que queda o rás do parque sería o sito propio para os locaís de ensio e locaís para as moitas asociacións que ai en Ordes,que non teñen onde caerse,así non terian que mandar os rapaces a ensaiar a catro kilómetros do povo, nunha escola rural pouco segura na cal sería un risco para gardar o material que e moi costoso.(Iso sería un fracaso)
Pero está claro que faltan ideas e vontade, por parte dos que están na brecha e os demaís como podedes ver o que pasou no pleno de onte non temos voz nin voto.
Esto para que Astrai vexa que os ordenses damos a cara e tamén temos ideas,quen carallo vai falar se non sabe a que partido pertence,como non sexa o dos tránfugas meu pobre.......
Camiñante, creo que os locais de ensaio se van a construir onde está agora a escola de música (onde ensaia a banda, etc.). Iso é o que teño oído, pero non é cousa do concello, é cousa da consellería.
pepito, non e cousa da conselleria, o local para o local de ensaio teno que poñer o concello, a conselleria o que fai é acondicionalo e mercar o equipamento
Eu creo que hai un problema e é que a obra te que estar "acabada" para as festas de Ordes, entón hai dúas posibilidades claras:
1) ou se deixa a medio facer e se inclúe o parking subterráneo, co cal unha de dúas ou se levan as festas este ano para o campo da feira (coa alteración popular por levar as festas para en frente o negocio de regos) ou non sei ata que punto podería aguantar dunha multitude de xente sobre as obras a medio rematar.
2) Non facer o parking, dar rematado as obras para as festas, pero quedarnos coa posibilidade simple de non facer un parking subterraneo e aproveitar o a subalameda para locais. Co cal podería ser un desaproveitamento dos cartos inicialmente invertidos con respecto ao resultado final.
Aquí está o dilema...
A min dame que non van facer parquing subterráneo. Están furando a ver se atopan petróleo para pagar os pufos e tal...
De un xeito ou doutro ao gusto de todos non vai estar e criticas vainas haber sempre , ainda asi dunha maneira ou doutra seran mais acentuadas ou menos.
Eu penso que seria moi penoso que as obras dependeran dunhas festas,eso demostraria que non foron feitas para proporcionar un servizo mellor que e a sua funcion, se non unha actuacion mais cara a galeria. Eu quero imaxinar que teñen pensado o que queren facer e que empezaron as obras sabendo o que lle ia lebar; desde logo que unha obra publica lebe unha incognita tan grande enriba sua e un pouco raro..
Pepito,o alcalde dixo no pleno que os locaís de ensaio se farian nunha escola do rural,seguir dando largas e o que quere.
¿Porque tanta teima en engadirlle un cacho o concello para ter as dependenzas todas xuntas,e non xuntar os locaís de ensaío coa escola de música?,¿a caso non son o mesmo?,se os rapaces dos grupos son case todos da escola de música ou da banda,pero está claro que pola cultura musical sen ánimo de lucro non estan, ou o mellor esa xente non se vende, xá sabedes, xente diferente,xente que non se vende........xenteeeeeee.
Que quede claro que a consellería pon os cartos maís o proxecto, o concello só o local,xá se está a facer noutros concellos con obras acabadas e funcionando,unha pena que nos volva a pasar o tren e no collamos, pero e o que ai.
Iso de que son case todos da escola de musica ou da banda non é de todo certo...
Ke maís dá se son da escola ou non,parece que non se sabe debatir o tema do que falamos, sáese como sempre pola tanxente,o que se trata e de que fagan os locaís e poidan facer uso deles todos os que esteñan interesados.
Que debatir camiñante se non hai ningunha posicion contraria ao que estamos a falar
Señores do BNG, menos propaganda e máis feitos. Estamos fartos das vosas reivindicacións cara os responsables de gobernar as outras institucións. Cando lles toca ás consellerías gobernadas polo BNG, está todo ben feito e non se di unha palabra máis alta que outra. Eso facíano franco, Stalin, Mao e Castro entre outros ¡Vaia democracia que tedes! Pero claro, afortunadamente a xente sabe discernir unha cousa da outra, por eso lles vota ó PSOE ou ó PP e en Ordes sodes a cuarta forza política.
Camiñante: non te esforces tanto que che é tempo perdido. Os feitos son os que dan a razón.
Enviar um comentário