
Ben, penso que todos coñecedes o programa de televisión "Caiga quien caiga". Como saberedes, ten unha sección chamada "proteste ya" na que a xente manda as súas queixas sobre determinados asuntos para que se fagan públicas e alguén trate de "resolvelas". Máis ou menos é o que queremos facer nós con unha nova sección no blogue. Para isto poñemos á vosa disposición o noso mail oterrunho@gmail.com no que poderedes contactar coa redacción do blogue para que faga pública a vosa protesta, sempre relacionada co concello de Ordes. Nada máis, agardamos a vosa participación.



14 comentários:
NON SE PODE DUVIDAR QUE ESTE BLOGGER E BLOQUEIRO A TOPE, POR ISO MIÑAS FELICITACIONS POLO BEN QUE O BNG EN ORDES SE MOVE, TER MEDIOS COMO ISTE A SUA DISPOSICION SON MOI IMPORTANTE , XA EMPEZAN ADREPENDER DO PP, DOMINAR A COMUNICACION E PODER. ENHORABOA.
Anonimo, non sexas penoso
meu Deus....
Vam-se-che enfadar os do BNG como lhe digas que nós somos deles...
O BNG está demostrado que é unha copia do PP. Mirade para Quintana o que fai cos maiores, e os de Ordes con SEAGA.
No derradeiro pleno dicían que defendían aos veciños de Ordes ¿A cales veciños?
En Ordes mentres siga Ramiro estamos aviados, é altivo cos menos favorecidos e sumiso cos poderosos.
Está claro que o odio e o resentemento sacan a xente do seu sitio ou o mellor algún xa nunca estivo.
Se o BNG e coma o PP,? porque non pactou con el nas municipaís ou nas autonómicas?,E non foi porque o PP non lle chiscara o ollo,pero ata agora no BNG tanto de Ordes coma no país ainda queda a suficiente decencia como para preferir estar na oposición a chegar a tal babaridade.
Non fixo o mesmo o PSOE en Ordes que con tal de gobernar agarrouse o PP,maís PP e un tránsfuga e encima non colleu a alcaldía,que a segue a ter o PP, pero para os que non están de acordo con nada iso e o maís decente e normal.
Tamén eu penso que se algún partido defende o interese do povo e dos veciños/as de Ordes ese e o BNG,porque nestes intres e o único con capacidade sobrada para poder facelo.
Deberíamos estarlle agradecidos o grupo municipal do BNG Gonzálo,Ramiro e María o grande traballo que estam a facer na oposición, porque imaxinadevos un pleno sen os do BNG sería,si guana,s guana,si guana.........e cazo maís cazo...
Camiñante: a xente non é parva. Non contestas ao de SEAGA, porque non che convén, nen ao de Quintana porque tamén miras cara outro lado, pero esto cheira a podrido, non en Escandinavia, senón no "voso" país. ¿Que traballo está a facer o BNG?. Pois mira...en Madrid apoiou a unha ministra que odia a Galicia. Incluso o Señor Touriño a reprendeu, o que amosa que a el sí lle interesa máis o "noso" pais que ao BNG a "vosa" Galiza. Os votantes xa deron o seu veredicto: O maravilloso BNG en Madrid, dous deputados. No Concello de Ordes tres concelleiros. No Concello de Ordes era a segunda forza política, agora é a cuarta ¿Que che parece?
Menos fanatismo e un pouco de sentidiño para facer unha Galicia máis xusta e menos cacique. Un saúdo.
ORDES NON PODE ESTAR GOBERNADO POR PERSOAS QUE SOIO MIRAN POLO SEUS INTERESES, COMO SE PODE TER DE CONCEJALA A UN PERSONAXE QUE DÏ TER DELEGHACION DA TERCEIRA IDADE E QUERERLLE COBRAR AS ACTIVIDADES OS MAIORES,CANDO TEÑEN UNHA PAGA DE MERDA.
ESTA INDIVIDUA, REPELENTE E DE LINGUA RAPIDA CON HISTORIA ESCURA, QUE RESIDE EN POULO E UN CANCRO TANTO PARA OS VECIÑOS DE POULO (SUFRIMOLO TANTO QUE ALGUN DIA TEREMOS QUE DECIRLLE XA BASTA) COMO PARA OS DO CONCELLO, O SEU E QUITAR TALLADA. OS UNICOS QUE TEÑEN DECENCIA POLITICA E PWERSOAL SON OS CONCELLAIS DO BNG. ANIMO QUE SOMOS MOITOS OS QUE OS VOTAMOS E SEGUIREMOS VONTANDO.
O que non ten algún e idea do que e estar na oposición ou no goberno,se estás no goberno tes que gobernar,Quintana por que bote uns bailes cos vellos non ten nada de malo,iso quere decir que non son os bichos nin radicaís que é como os pintaron toda a vida,tamén son humans,con capacidade para gobernar o noso país e ainda dar ideas no goberno do estado,por eso os galegos/as temos que estar orgullosos de ter un partido que nos defenda de verdade na capital do estado, como nos está a defender o BNG por moito que lles pese algúns.
O que dí o anónimo do Seaga, traballa xente do PP do PSOE de calqueira outra ideoloxía ou do BNG,¿porque os do BNG non teñen dereito a un posto de traballo como todo o mundo?¿ou a caso en Tragsa que e como o Seaga,a nivel estado non traballa
xente do BNG,PP;PSOE,IU e outros?.
Na empresa donde eu traballo somos xente de todo tipo de ideoloxías, pero ben collemos todos sen problema.
O que non estea de acordo ou desconfie da concesión ilegal dalgún posto de traballo público,pode recurrir a lei para aclaralo que para iso está e temos acceso todos/as as/os cidadáns.
Camiñante. cómo se che ve que camiñas polos camiños caciquis do BNG. Home xa sei que Quintana ten direito a bailar canto queira, pero entón porque antes criticaba tanto ó señor Fraga se agora el fai o mesmo. eso se chama demagoxia, ter moita cara ou mentir. ¿deféndenos en Madrid? ¿cómo? ¿votando para favorecer á señora ministra de Fomento? ¡Home, está ben que ti sigas engañándote a ti mesmo pero que non nos queiras facer parvos ós demais! ¡claro que ti seguro que chupas da teta á conta do BNG, pero somos moitos máis os que pensamos que a "nosa" galicia merece algo mellor que o que vós lle queredes dar á "vosa" Galiza de MER...como dixo a "vosa" amiga ministra! Un saúdo e desperta do teu sono que dormir todo o tempo e malo para o sentido e ti polas túas opinións coido que estás nunha profunda soneira. ¿Si todos os postos de traballo foron licitados por méritos propios, por que achacades a outros partidos de favoritismo? Só me queda berrar moi forte ¡¡¡¡Hipócritas!!!!
Non fai falla camiñar polos camiños caciquís do BNG para opinar así,pero estou seguro que tí eres dos que non estás de acordo co que faga o BNG,PP ou PSOE porque se fose así non dirias iso,eu son nacionalista galego e de galiza,se algún partido político vai a mirar polos intereses das galegas/os ese vai ser o BNG, por moito que lles foda algúns non vexo nistes intres un PSDG,ou un PPDG só vexo un PSOE e un PP,que cada día estannos a demostrar que o único que lles importa e non cabrear os seus xefes en Madrí, votando no parlamento de galiza a favor e logo chegan alí e votan en contra da súa propia terra,pero iso debe de ser o que tí queres
por iso nos chamas hipócritas aos nacionolistas.
O da vosa Galiza de merda costoulle 61 millóns de euros que viñeron de investimento,a demaís é o que pensan e pensaron toda a vida,eu aí si que non non estou dormido nin con soneira,porque levo moitos anos escoitando iso, pero tí o mellor ainda non che chegou ben adentro o día que che chegue espero que cambies de parecer.
Tampouco estou a chupar do BNG nin de ningún outro partido,levo maís de 20 anos traballando na mesma empresa e neses tempos por desgracia en Galiza o BNG non podía dar postos de traballo,que oxalá nos puidera antes e agora dar eses postos que eles desexan,os de Navantia,o agro,a pesca emoitos maís que teñen en proxecto, pero grazas os que tí non criticas como por exemplo o PP e o PSOE estamos sen eles.
Un saúdo en sen cabreos.
Camiñante. a min non me fode que o BNG defenda ás galegas nen ós galegos, nen ós maridos nen ás maridas, nen ás membras nen ós membros, nen ós homes nen ás homas. A min o que de verdade me fode é que faga o contrario do que predicou durante moitos anos. Eu non son tan vello, nen levo 20 anos traballando. E voteille en dúas ocasións ó BNG, pero vexo que non merece máis o meu apoio.
Explicareime. prometeu a limpeza dos montes e a prohibición da pranta indiscriminada de eucaliptos. A día de hoxe, nen se limparon os montes nen se puxo freo ás prantacións de eucaliptos. os maiores son utilizados polo S.r Quintana pior aínda que o facía o S.r Fraga. Están axudando a gobernar a Xunta e só hai que ver como está a nosa sanidade e o noso ensino. Hai que ver como está o campo galego e como están saneados os nosos ríos e rías.
¿Omde están os 61 millóns que ti dís? ¿Cando teremos o tren de "media" velocidade? ¿Cando teremos as autovías acabadas?
¿Tén tren de Alta Velocidade Andalucía, Cataluña, Guadalajara, Toledo...?
¿Na Areosa non se amontoan toneladas de lixo que Sogama non dá queimado? ¿Que decian cando Cando gobernaban outros?
¡Si tiveran un pouco de vergonza non lle consentirían a unha ministra socialista chamarnos galicia de merda, ou polo menos faríanlle rectificar! ¡Este BNG é o que tí defendes e pretendes que tamén o faga eu! ¡non amigo, aínda son moi novo para adormecer xá! Non són fanático de ningún partido, nen penso selo nunca, porque o fanatismo converte a un en esclavo político e ten que dicir sí cando é non. Eu quero ter o meu propio criterio e apoiar o que está ben feito, pero tamén criticar as aberracións cando se cometen. Hoxe a xuventude deixamos de apoiar incondicionalmente ó BNG porque cando toca poder está sendo igual ós outros, e en cousas aínda peor. Os galegos e galegas, temos outras necesidades máis acuciantes que chamarlle Galiza a Galicia. Queremos unha Galicia limpa, coidada, sen caciquismo, xusta e cuns servizos básicos axeitados.
Ese é o meu ideal, o demáis son demagoxias baratas.
Un saúdo: eu tampouco me cabreo, pero opino e desexo o mellor para a nosa terra, chámenlle Galicia ou Galiza.
Grazas por votarlle o BNG en dúas ocasións como ti dís,e espero que fagas acto de concencia e o sigas a facer moitas veces polo ben dos galegos/as,se non che parece mal.
Se estás algo informado do tema das plantacións, daraste conta da rumasa que nos deixou o anterior goberno o respeito,e nestes intres a conselleria do Medio Rural está a facer unha das mellores labouras respecto a ese tema,pero cando as cousas se queren facer ben como di o dito, moito e ben non ai quen.
Anse de regular na súa totalidade as plantacións,e tamén se van limpar os montes,pero os cidadáns tamén temos que por o noso interese por construir e non destruir,porque se tí tes unha propiedade de monte, deberias de preocuparte de limpalo tí, porque é a túa propiedade e a túa obriga e os beneficios desa madeira ou o que teñas plantado vaiche xerar riqueza a tí non ao veciño,entón porque temos que facelo todo co carto público que é o que tí entendes,¿ou a caso as patacas,o millo ou as cebolas entre outras tamén cha ten que sachar a Xunta?´
Nos temos que ser maís responsables e tamén saber a que viñemos a este mundo.
Non son un fanático nin un escravo político nin moito menos,pero o que dís da xuventude que xa non cre no BNG, eu non digo que crea no BNG ou non,pero sería bo que crera en Galiza e no futuro de Galiza como se debe de facer nunha terra nai coma poucas, que é a que nós temos.
Tamén a xuventude ten que empezar a moverse maís e movilizarse na proclama dos seus dereitos, loitar ainda que sexa na rúa, caime a alma o chán cando por falta de moverse se perden todos os dereitos na vida laboral a cotío.Non vos dades conta que vos están escravizando pouco a pouco sen contratos ,sen horario,sen vacacións en resumen sen dereitos, polos que tivemos que botar maís dunha carreira diante dos grises todos os 25 de Xullo en Compostela,para que agora se bote todo polo chán a cambio de deixarvos facer un botellón.
O 25 DE XULLO TODOS/AS A COMPOSTELA DEFENDAMOS A GALIZA.
Un saúdo.
Camiñante, vexo que ti sí estás completamente dormido. Dís que a xuventude ten que empezar a moverse para defender os seus dereitos ¿Acaso o BNG non está a gobernar a Xunta? ¿Acaso o BNG non prometeu que si un día gobernaba, o faría defendendo os intereses da xuventude? ¿Existen contratos basura? ¿Ten a xuventude problemas para acadar o primeiro emprego? ¿Existen enchufes e caciquismo para lograr empregarse?
¿Si eles están a gobernar e a apoiar aos socialistas en Madrid, contra quen protestamos a xuventude? ¿Por que se perden os dereitos laborais? ¿Acaso non són os gobernantes os que teñen que defender eses dereitos? ¿Expulsou o BNG a un militante en Vigo por defender aos xudeos? ¿Que quere o BNG, implantar un estado como o de Fidel Castro en Cuba, ou para a liberazón de Galiza? ¿Recapacita un pouco home, e bota fóra ese rancor que non che deixa ver a realidade. Eu cheguei á conclusión de que non tés puñetera idea de nada, e que te deixas levar por un odio enfermizo, ou quizais por algún trauma sofrido ao longo da vida. ¿Non serás un de tantos que defendeu o franquismo, e agora presume de correr diante da policía en Santiago? Deses hai moitos actualmente en todos os partidos, incluído oBNG. Doutro xeito non se comprenden ás túas siniestras ideas.
Ti vaite a Santiago o 25, ou a onde queiras, pero a onde de verdade tiñas que ir é ao Corpiño para que che quite ese pesadelo que levas enriba e que che fai que xamáis comprendas a realidade e que sigas dormido polos séculos dos séculos. Amén. Defender a un partido, ou unhas ideas está ben, pero ser un rencoroso e un sumiso tonto xa non é de recibo. Porque un sumiso listo tratará de sacar algunha tallada para el, pero o sumiso tonto é capaz de perxudicarse a el mesmo contal de facerlle dano aos demáis.
¿Que vades reivindicar a Santiago o 25, e contra quen, sí é o BNG unha parte gobernante?
Teño que voltar a berrar moi forte:¡¡¡¡Hipócritas¡¡¡¡ ¡¡¡¡¡Máis que hipócritas!!!!!
Enviar um comentário