Recuperamos umha notícia passada de La Voz de Galicia (http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2008/05/13/0003_6814222.htm) informa de que é possível que o Concelho de Ordes assuma competências do Estado Espanhol e lhe ceda um local ao Instituto Armado da Guardia Civil. Pode o concelho de Ordes assumir um gasto de umha competência que nom é sua quando é um dos concelhos mais individados da Galiza?
Aguardamos os vossos comentários.



8 comentários:
Isto e o prezo que temos que pagar polas boas xestións que fai a nosa diputada do PSOE na capital do estado,porque non sei se vos lembrades que ia conseguir un solar para facer o cuartel na urbanización de Xaime do Ramecho,si claro,o solar etá aí pero con condicións,legalizar a urbanización e aí temos o problema iso non e doado.
O do cuartel e un proxecto electoralista que non se puido cumprir no seu día, agora escoce e de algunha maneira teñen que sair del,claro que mellor k poñendo os cartos os veciños/as de Ordes,porque os do PSOE non teñen o que ai que ter para petar na mesa en Madrí e decirlle que se queren ter cuartel novo da garda civil en Ordes que poñan a pasta,porque a vaca Marela xa está ata os coll.. de dar leite de valde.
Iso non vai pasar porque son sumisos o partido en Madrí,e como o que traballa nunha empresa rompelle a ferramenta co uso,ou desgaste pero para quedar ben co xefe xá compra el e aquí non pasa nada,maís ou menos.....
Camiñante, eu nom creio que o problema seja tanto a horrível gestom municipal (que o é) e que nom se saibam fazer valer em Madrid.
O Concelho de Ordes nom tem nada ao que ir a Madrid, e muito menos a velar polas boas instalações dos seus corpos represivos.
Resumindo, que o concelho de Ordes actue para-policialmente encarregando-se do trabalho de umha força ocupadora é demencial... E querer tirar rendimento eleitoral é penoso.
Saudos a tod@s! Aguardo que haja um debate interessante e respeituoso.
Por certo, o BNG solicitou un cuartelillo novo? Porque manda carallo con estes "nacionalistas"!
Non. O BNG non solicitou nada. Foi o a ex-deputada Esther Couto quen o pediu.
Non sexades estúpidos, calquer goberno (tanto de esquerdas, coma de dereitas, ou radicais) ten que ter forzas da orde, e habendo xente coma vós aínda farían falla que fosen un pouco máis contundentes. O BNG está dando mostras de que é un máis, incluso últimamente se avergonza da estrela vermella e xa a pinta de azul ¡Nesta vida todo cambia! ¿Cando pensades facelo vós?
1) "de esquerdas, de dereitas ou radicas". Refere-se a Lerroux?
2) "Forzas de orde", as cousas polo seu nome: "violência institucional".
3) O BNG está demonstrando que se está a vender. Estrelas azuis! Manda caralho...
10652
11012
Enviar um comentário