Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.

domingo, 4 de novembro de 2007

Resume informativo semanal.

O bloque ve en Ordes "intereses inconfesables".
O BNG de Ordes, a través do seu portavoz, Gonzalo Castro, fixo público o seu malestar tralo anuncio por parte do alcalde Manuel Regos da paralizacion do Plan Xeral. Os "nacionalistas" manteñen sospeitas de que "detrás da paralización do PXOM existen intereses inconfesables que buscan provocar que non se aprobe o mesmo no presente mandato municipal", una decisión que, según Castro, "abocaría a Ordes a seguir padecendo un desenvolvemento urbanístico caótico e pouco sostible". Ante esta situación o BNG asegura que defenderá a modificación do avance do PXOM, actualmente en tramitación, co obxectivo de aprobar un documento "que permita un desenvolvemento urbanístico equilibrado, que fomente a creación de vivenda protexida e que prime a calidade de vida dos veciños e veciñas de Ordes".

500 veciños participan na homenaxe ó soldado Lois.
Regos, Couto e o comandante Juan Feal Vázquez fixeron unha ofrenda floral nos tradicionais actos (que non sei se coa nova lei de memoria histórica se poderán seguir realizando) de homeaxe ó soldado ordense, que este ano foron seguidos por medio milleiro de persoas.
Logo da homenaxe, houbo concerto da Banda de música de infantería do Terzo Norte.

Ordes sube a taxa da recollida lixos un 3% e a de augas un 2'5%.

No pleno celebrado o pasado Luns día 29, a corporación ordense sumerxiuse nun debate sobre as normativas fiscais reguladoras de tributos e impostos. Segundo as propostas da alcaldía, as reformas pretenden simplificar o acceso dos cidadáns á documentación, até tal punto que, a partires do 1 de Xaneiro de 2008, eliminarase a taxa presente na maioría dos documentos administrativos (certificados de empadroamento, etc). En canto ás demais taxas, destaca a suba do imposto do lixo, que se incrementará por primeira vez desde o 2003, e que o fará nun 3%.
En canto ó servizo de abastecemento de auga e alcantarillado, a suba é dun 2'5%.

E digo eu, a taxa pagada por sogama polo paso dos camións, non sería ben empregada na baixada do imposto do lixo? Ainda por enriba súbeno? Como xustifican estas subas?

Coma sempre queremos saber as vosas opinións.

22 comentários:

Anónimo disse...

Home claro, para facer os certificados gratis, suben os impostos de lixo e auga, asi seguen igual, ou cobrando ainda mais...

E con respecto á homenaxe do soldado Lois, pareceme moi ben que teña un monumento e tal, pero unha homenaxe cada ano? a un home pertencente a un exército que traizoou a un goberno democrático? Enfon no país vasco tamen debería haber homenaxes ós mortos de ETA...

Anónimo disse...

A vergonza e a situacion do monumento pero canto menos conseguiu unha actuacion da banda gratis cada ano, algo bo tiña que ter...

Anónimo disse...

O das taxas pareceme unha vergonza, que van seguir a subilas cada ano? como se foran xa baixas...

Anónimo disse...

O Soldado Lois foi obligado a incorporarse a filas, polo tanto el non tivo a opci�n de elixir o bando no que loitar. Quiz� nin siquera fose moi conscente da loita na que o meteron. O seu comportamento foi heroico e exemplar. Por eso merece o monumeto e a homenaxe. �ou acaso a actitude do Cid, do Xeneral Lister, e de tantos outros non � discutible? O Mundo est� cheo de monumentos de xente que para uns foron uns herois e para outros uns tiranos, seg�n a idiolox�a de cada un.
Ademais Lois era de Ordes �A que ve�en esas ganas de desprestixialo polos propios ordenses?

En canto � PXOM, tanto os do PSOE, como os do BNG da Xunta, estiveron esperando que pasasen as Elecci�ns Municipais para comunicarlle � Concello a s�a paralizaci�n (seis de xu�o). Antes non lles interesaba, porque pod�a influir negativamente nos resultados electorais dos seus respectivos partidos.
Que quiten todos as caretas e se po�an a traballar, inclu�do o BNG, que �ltimamente est� utilizando demasiado a demagoxia, e moitos paisanos, que ata agora lle votamos, xa empezamos a estar fartos das s�as lerias. O que queremos son feitos, non desculpas baratas. Na pasada lexislatura, a oposici�n era maioritaria, puido forzar o plantexamento dun Plan Xeral acorde coas necesidades de Ordes �por que non o fixo?. Polo tanto a culpa � de martino, pero tam�n de toda a corporaci�n en xeral.

A subida da recollida do lixo e a do abastecemento de auga, moi mal. Ademais en moitos puntos das aldeas a recollida fana unha vez por semana, e non � selectiva. � outra proba m�is, de que tanto ten que goberne xan como perill�n, � chegar � poder son todos calvos.

Anónimo disse...

Sempre cas verdades a medias, ¿ por que non pos as tasas que desaperecen, QUE SON MOITAS? Ser imparciales con estos titulares nada, e esconder a verdade e de pouca persoa.

Anónimo disse...

faime unha lista coas que desaparecen

Anónimo disse...

Eso, pon esas moitas ou seranche moitas para escribilas?

Anónimo disse...

Um breve comentário:

o "monumento" em homenagem ao soldado Lois, que está no cemitério do Pinheiro, está colocado justo por riba da parede em a qual se fuzilárom aos republicanos de Ordes.

Só isso.

Anónimo disse...

Tanto este foro, como o do Parladoiro, parece que foron creados para que uns cantos señores do BNG se dedicasen a resaltar as calidades do BNG e desprestixiar ós outros partidos.
Co que non contaban os seus creadores é que a exclusiva da crítica deixou de ser dos seguidores do BNG. ¿Por que? Moi sinxelo. Porque o BNG ó tocar poder deixou de ser virxe e a xente recoñece que e tan corrupto como os demais e así o expresa.
Espero que sexades algo demócratas e saibades aceptar as críticas. A verdade absoluta xa non é vosa.

Anónimo disse...

Aqui somos os primeiros en criticar ó bng cando algo o fai mal, e non se di unha palabra mais alta que outra. Nestes temas, por moito que nos pese, non hai verdade absoluta, pois cada un mira as novas cos ollos da súa ideoloxía. Sodes libres de opinar o que vos veña en gana, coma de criticar, sempre que sexan críticas constructivas. E por favor, non nos compares co parladoiro. (non temos por que ser do BNG por escribir en galego e ser nacionalistas).

Anónimo disse...

Estame cansando e moito que non paredes de tildar a tal de tal partido ou doutro... dades noxo xa

Anónimo disse...

Eu vexo ben o foro. O que desexo é que sexamos o máis positivos posibles e aportemos ideas que beneficien ao pobo de Ordes e a Galicia en xeral.
O bo sería que en vez de buscar os defectos dos demais, nos adicaramos a esixirlles aos representantes dos partidos aos que lles votamos, o cumplemento da lei e da xusticia . Pero claro, se cada un pensamos que os malos son os "outros" e que os "nosos" o fan sempre ben, porque nos axudan, mal vai a ir a cousa.
Os partidos estám compostos e dirixidos por persoas, polo tanto, en todos hai xente boa e xente mala. Tampouco é nada novo que o poder e o diñeiro lles gusta a todos sen excepción.
Xulguémolos a todos polos seus feitos, non pola súa idioloxía.

Anónimo disse...

Como podesdes dezir tantas mentiras e idioteces ¿ cando se fusilaron republicanos no cimenterio de Ordes? ¡ Como tocades de oido , confundidos o cimenterio de Ordes o de Boisaca de Santiago onde SI foron fusilados xente do Partido galegista, Izquierda Republicana e Socialistas. RIGOR.

Anónimo disse...

Ultimo anonimo, para de dicir estupideces e informate

Anónimo disse...

Anónimo de RIGOR, ti si dís idioteces: no cemiterio de ordes, fusilaron e mataron a ligonazos varias persoas.

Anónimo disse...

No cimenterio de Ordes a QUEN FUSILARON, SI ESTADES DOCUMENTADOS DECILO. OBRADOIRO DA HISTORIA fixo documentos que recomendo, para non dezir tonterias.

Anónimo disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Anónimo disse...

Ti nin leches ben os documentos do Obradoiro da Historia, nin sabes nada de nada. No Cemiterio de Ordes foron asasinados varios homes. O que pasa que non é este o sitio para dar nomes. Ti pregúntalle a calquera de Ordes.
Na parte de atràs do cemiterio, hai un pequeno cerrado. Alí están enterrados os que non eran católicos. Entre eles algúns dos executados.

Anónimo disse...

Amigo anónimo Rigor: xa que nomeaches ó Obradoiro da Historia, quero decirche que nunha das súas publicacións. A resistencia antifranquista na Comarca de Ordes.
Beseada en Manuel Ponte Pedreira, publicada en 1997, na páxina 13 di entre outras cousas: "Na parede norte do cemiterio de Ordes incrústanse as balas despois de atravesar os corpos de militantes e simpatizantes da esquerda. Os restos dos apaleados e fusilados aínda repousan nas fosas comúns, ben tapados polo monumento ao laureado Soldado Lois.
Antes de xulgar hai que saber e estar informado, senón quedas en ridículo como neste caso. Opinar sí, pero con sentido.

Anónimo disse...

bravo polo ultimo anónimo. as opinións fundamentadas coma as suas son as que fan grande a este blogue/foro/debate

Anónimo disse...

Antes de votar a lingua a pasear e dezir parvadas SI LEES ben o que Pazos recolle e o que di a xente , ISO NIN QUERE DEZIR que sexa verdade.
RIGOR e mais RIGOR , dime para rematar pola miña parte, nomes e datas de fusilados no cimenterio,

Anónimo disse...

agora vai resultar k os franquistas non fusilaron a ninguén, é unha lenda urbana...
anda!

 

© New Blogger Templates | Webtalks