Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.

quinta-feira, 4 de outubro de 2007

As orquestras queren cobrar os contratos que anulou o Concello.

Como xa adiantabamos aló polas datas das festas, o correo galego confirma que as orquestras contratadas por Martino para as festas, e que foron rexeitadas pola actual corporación, queren cobrar os cartos deses contratos, ademais dunha indemnizacion por prexuizos. O contrato firmado por Martino coa empresa encargada de representar ás orquestras, é de 48.000 € para a actuación de catro orquestras: Ciudad Cristal, Mar Azul, Ciudad de Vigo e Sol América. Ante a rescisión do contrato e a cancelación das actuacions dos grupos (que cobrarían 12000€ cada un) a empresa representadora (Dia y Noche) enviou unha reclamación ó concello na que pide unha indemnización.
Seguramente Regos rexeite a petición e faga cargar a Martino coa responsabilidade, polo que o tema rematara nos xulgados como xa adiantabamos.

Agora que se coñecen os datos do anterior contrato, hai que dicir que era unha animalada, pois é unha animalada que esas orquestras cobren tanto como Paris de Noia, Panorama, Olympus, Philadelphia... sabendo que non chegan a ese nivel. Por outra banda, a actuación da actual corporación foi con boa intención, pero chapuceira a máis non poder, típica de novatos nos cargos.

Coma sempre, queremos saber as vosas opinións.

3 comentários:

Anónimo disse...

Aquí non houbo ningunha novatada, o que houbo foi unha venganza en toda regla. eso só o fai xente ruín e irresponsable que non lle importa perxudicar a terceiros con tal de facerlle dano ao adversario político.

Anónimo disse...

dacordo que as orquestras contratadas non eran das millores, pero tampouco as que troixeron eran nada do outro mundo e costaron máis.
o que pasa que en ordes hai un goberno moi malo e unha oposición peor.

Anónimo disse...

Pobre Martin... Vai ter que devolver un pouquiño de todo o que leva roubado.

 

© New Blogger Templates | Webtalks