Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.

quinta-feira, 23 de agosto de 2007

Verquidos incontrolados en Ordes

Segundo "El Correo Gallego", a concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes, ordeou a retirada dos residuos atopados nun vertedoiro incontrolado situado nun tramo, agora inhabilitado, da estrada comarcal AC-524, preto de Poulo. Alí apilábanse distintos tipos de refugallos, desde electrodomésticos, un carriño de bebé, varios colchóns vellos... etc. Jesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente, sinalou que será prioritaria a eliminación de calquera punto de vertedeiro/verquido incontrolado. Por outra banda, o Concello proxecta habilitar puntos de extracción de auga destinada á limpeza de cisternas, para evitar os verquidos de Purín ós rios.

Noutros temas fun bastante reservado á hora de dar a miña opinión, pero neste, vexome na obriga de facelo. Se teñen bontade de eliminar todos os puntos de verquidos incontrolados/contaminantes, xa lles dou un polo cal empezar: na parroquia de Leira, atópase situada unha das maiores empresas ordenses, internaco. Pois, fara un mes, mais ou menos, un rapaz ordense, facíase eco no seu blogue dun verquido ilegal procedente dunha das naves desa empresa, e que ia dar a un rio próximo. Prégovos que visitedes o link, porque hai imaxes, imaxes que dan verdadeiro noxo. Xa sei que o de tirar refugallos por aí é un tema distinto, pero complementario. E moito choio teñen no concello se queren erradicar todos os vertedoiros incontrolados, pois saindo ó monte detrás da miña casa xa hai varios.

Pregovos a vosa opinión, pois é un tema que me toca bastante a fibra sensible.

Saudos dun "desinformador".

25 comentários:

Anónimo disse...

A verdade e que eu co dos vertidos en Ordes e que me parto... Fai tres anos houbo un problema con un camión de polos mortos, porque foi tirando polos mortos dende o polígono, parando a comer no restaurante María, dou a volta enfrente a Husqvarna e foi cara a Cerceda e sabíase o recorrido porq toda a estrada estaba chea de polos, ou do que de eles quedaban porque os coches atropellavanos e destrozavaos. Si non recordo mal isto pasou as 3 da TARDE. Eu chamei o Seprona, para denuncialo e a miña resposta foi que o seprona non traballa pola tarde, que o sentian.
Chamei á policia local e eles foron á planta a denunciar o camión, e a multa ascendeu a 50€!!
A esto creo que hai q añadir por si a xente non o lembra que os animais que mandan aquí é porq non sirven para o consumo.
Esto é Ordes amigos!!

Anónimo disse...

¿Verquidos incontrolados en Ordes?.¡¡Verquidos incontrolados por todo o mundo....!! porque estamos incontrolados con tanto consumo.
Está claro que toda a merda que se produce vai acabar nalgún sitio, tarde ou temprano acabaremos por papala. ¿Solucións?. Cambiar de sistema, cambiar de mundo...
Pero mentras esperamos paréceme ben que limpen, que limpen...
Polo río detrás do centro médico (non creo que o limparan dende que non vou) tamén teñen merda abondo que queimar en meirama.

Anónimo disse...

que yupi eres luci... demasiado jipe o teu punto de vista, toda unha idealista e innovadora, si señor. A culpa non é do sistema, nin do consumismo, a culpa é da xente que consume, a culpa é do que compra un frigorífico novo, e como non ten cultura, nin alfabetización, botao onde lle ben en gana. Non critiques o sistema, porque se fose como dis ti, estariamos literalmente, nadando entre lixo... e pese a que hai moito, ainda non nadamos nel, porque a maioria da xente sabe para que serven os contenedores, etc.

E en Meirama queimase carbon, non merda, a merda é en Sogama...

Anónimo disse...

San Pepé, se cres realmente que me vou ofender porque me chames jipi, innovadora, idealista ou... yupi?, estás equivocado. De feito, estou orgullosa de ser idealista. Pero equivócaste no de innovadora, porque criticar o sistema non é nada novo. Se tes esa cultura e esa alfabetización da cal falas, deberias sabelo. Porque a cultura e a alfabetización non son nada máis para que sepas a utilidade dun contenedor, ou que non podes deixar o teu frigorífico vello no río.
O s. XX iniciouse cun entorno global relativamente limpo e estable.
Actualmente a economía global produce en 17 días tanto como a finais do século a economía dos nosos antergos producía nun ano.
Desde mediados de século o mundo doblou o seu uso per capita de enerxía, aceiro, cobre e madeira.
....etc,etc,etc.....
¿Sabes o que é a insostenibilidade?
Tempo ó tempo, amigo Pepé, que igual non tardamos tanto en nadar na merda, e non é porque o diga eu.
É porque o sistema que penso seguir criticando só respeta ó Deus Diñeiro. En Ordes e en todas partes.

Anónimo disse...

o de innovadora díxeno irónicamente... non se soluciona nada criticando ó sistema.

Anónimo disse...

P.D.: Creo que, polos meus esdtudos, sei bastante de sostenibilidade e insostenibilidade e non fai falta que me deas leccións de historia. A cultura e a alfabetización deberían ensinarnos que se non coidamos o que temos, imos mal. E a moita xente impórtalle unha merda; esa xente para min, non son máis que analfabetos funcionais.

Anónimo disse...

Vaia por deus... sempre ten que vir un listo a meter os partidos politicos no meio, non me extrañaria que borrasen o teu comentario porque e que aporta tanto...
Agora si, claro que esta todo cheo de merda pero hai certa xente que de maneira voluntaria pois animase a facer algo por limpar os montes, e xa que podemos ser tan idealistas a hora de cambiar sistema animovos a que propoñades alternativas populares a limpeza sen animo de lucro. A defensa do monte tanto lle ten que o falemos aqui o monte quere solucions.

Anónimo disse...

E que facedes ti contra a insostibilidade?

Anónimo disse...

E curioso que roñemos de despois haxa xente que actua como un consumista de primeira clase, quen daqui fuma? e necesario para a vida fumar? non supon unha parte do consumo e da industria? Moi ben falar por falar pero despois cada quen intenta vivir con todas as comodidas e manias propias.
Actua!

Anónimo disse...

É máis crimen atentar coa natureza que matar a tódolos jipis, fachas ou políticos da terra.

Anónimo disse...

o meu nome non ten nada que ver co pp, estades moi equivocados...

Anónimo disse...

San PepE!! Sinto facer alusión ó pp, darche leccións de historia e ofenderte tanto cos meus comentarios...non era a miña intención.
Pero creo que a crítica ó sistema é productiva e necesaria. Máis alá desa conciencia de que se non coidamos o que temos non chegarán a velo as xeracións futuras, coa que estou totalmente de acordo, creo que o sistema capitalista propicia esta situación.
Que a liberdade é mal entendida, que se converte en libertinaxe. Que o único valor que importa é o material. Que moita xente se queda á marxe do pastel de vivir a un nivel material sen precedentes. Que non é sostible. Que non produce felicidade. Que acarrea problemas novos na Historia: a drogadicción como industria do olvido, á marxinación da 3º idade, de todo aquel que non produzca...Etc, etc, etc.
A cultura e a alfabetización da que falas ensina o que convén ós intereses do sistema; a competitividade, o ter máis, ser máis...
Anónimos! quen meteu partidos políticos por medio??.
Respecto ó de ir a limpar o monte a título individual, admiro ós que teñan moral para facelo, pero posto que eu non o ensucio, tampouco entendo porque teño que ter a obrigación moral de ir a limpalo. Sobre todo porque podían empregar os impostos para iso.
Respecto ó de ser un "consumista de primeira clase", recórdame a unha anécdota que me pasou cun punky que decía que eu estaba no sistema e el non.
Creo que os dous estamos no sistema, só que el revolve no lixo e vive coa ansia de que chegue a policía a desaloxalos. Eu non.
Egoísmo? Hipocresía?....Eu creo nun mundo mellor e estou disposta a renunciar ás comodidades se hai intención de conseguilo. Pero non só pola miña parte. Non creo que porque me prive eu de cousas materiais vaia a cambiar nada máis que a miña propia situación. Vaia como lle vaia ó mundo, eu só teño unha vida para vivir. E penso disfrutala. Non creo que eso teña nada que ver con pensar, ou soñar, que as cousas poden ser de outra maneira.

Anónimo disse...

Eso e como o comunista que che di que quere mercar un porsche e despois perguntaslle se non era comunista e diche que el non renuncia ao sistema capitalista mais seria o primeiro a renunciar nun posibel cambio. Ao mellor de cara o escaparate mola mais dicer esas cousas, pero como dician por ai arriba hai que actuar. Por ter conversas de taberna non arranxas nada.
Enton xa que ti non emporcas o monte como pretendes concienciar a xente? Vexo que ese tampouco debe ser o teu problema. O ecoloxismo non e algo que estexa arraigado na sociedade, non hai informacion suficiente ao pe da rua, non hai grandes actuacions de plataformas nas vilas, tampouco existen maneiras de animar actuar. Pareceme loxico xa que emporcan outros o unico que debemos facer e queixarnos e estar sentados porque somos xente tan ocupada... que non temos nen un dia para axudar. Eso e como se alguen morre de fame porque non traballa, estalle ben, se non que traballe...
Alguen nun comentario que xa non esta meteu partidos politicos polo medio.

Anónimo disse...

Non sei, non conozco ningún comunista. Eu non son nada. E non quero un porsche para decirlle ó mundo que son rica. Non teño grandes ansias materiais. Consumidora sí, pero é que non hai opción de poñerse fóra do sistema. Así que non sei que se supón que teño que facer eu para actuar. Eu fun recoller chapapote que non vertín e fun apagar lume que non prendín, e o mundo seguía sendo igual despois...
Dame exactamente igual o que mole, e a filosofía de taberna serve simplemente porque disfruto dela.
Non ter respostas para todo non significa que non se poidan facer preguntas.
Paréceme unha paradoxa que me critiques por facer crítica e logo ti critiques tamén. Que se o ecoloxismo blabla. Pois o ecoloxismo é anticapitalista por lóxica. Así que no fondo ata me das a razón.
Respecto á comparación que fas ó final, non sei a que te refires, non vexo a que ven.

Anónimo disse...

pois ten razon na comparacion

Anónimo disse...

deixemonos de andrómenas, parecevos que, calquera persoa normal, sexa capitalista, comunista,... o que sexa, compra unha neveira nova, e tira a vella ó monte?¿ parecevos que é culpa do sistema iso? non saquemos as cousas de quicio, nin confundamos touciño con velocidade, que isto dexenera...

Anónimo disse...

Lucy eu non vexo que anonimo falase de ecoloxismo blabla, so falou da actuacion ecoloxista que existe na cercania da xente, nin falou do capitalismo, nin dixo que ti querias un porsche e dubido que o mundo seguise igual cando a xente foi limpar chapapote ou apagar lume.

Anónimo disse...

criticar por facer critica? criticara porque critica a tua critica digo eu...

Anónimo disse...

Qué maravilla!! Facédesme sentir importante por crear tanta polémica...

Anónimo disse...

Tes razon, falemos do novo mercedes de astray!

Anónimo disse...

xa sabemos onde estan os cartos que faltaban para chegar ós 100000€ do presuposto das festas...

Anónimo disse...

NON SOIO SODES RUINS SI NON TAMEN SODES COMO CANS DE PALLEIRO POR DEZIR QUE NEL MERCOU O SEU COCHE CON CARTOS DUBIDOSOS. (Escribo con letra maiscula, como mandan os canones de internet para enfatizar ou darlle forza de protesta).

Anónimo disse...

primeiro aprende a redactar, e despois podes escribir con maiúsculas, minúsculas ou até en chinés.

Anónimo disse...

quen son uns ruins?

Anónimo disse...

Cal e o problema de un can de palleiro?

 

© New Blogger Templates | Webtalks