Facéndonos eco de diversos comentarios que preguntan que pasou coas ditas orquestras, temos informacions de que o dia 15 de agosto, pola tarde, apareceron 2 orquestras na alameda para realizar a montaxe, coa conseguinte sorpresa que se levaron ó ver que xa estaban os palcos de outras 2 montados. Co cabreo que tiñan, pediron falar con xente do concello, alí chegaron distintos persoeiros, que foron increpados polos membros das orquestras, que pediron cobrar o mesmo ca se tocaran, pois ninguen os avisara da contratación de outras. Pois nada, ó final o conto acaba nos xulgados, cos das orquestras poñendo denuncias a punta pala. Todo isto resúmese nunha frase: "Pagamos as orquestras baratas e as caras, e só escoitamos as baratas".
Esperamos as vosas opinións sobre o tema e sobre a actuación do concelleiro de festas, se foi el o que actuou.
Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.
terça-feira, 21 de agosto de 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)



5 comentários:
Xa, eu isto xa o sabia, o que pasa que non sei porque non se informou
Eu estaba por ali e e de vergonza...
Como vos gusta desinformar. As orquestas de Martino eran bastante peores que as que tocaron, pero sabedes que pasou? Martino debe ainda as orquestas do ano pasado, entonces este ano contratou as peores orquestas co presupuesto do ano pasao e de este ano, e as orquestas de sorpresa nada porque xa fai moito tempo que o seu representante "Vieites" sabía que non iban a tocar por intentar ser demasiado listos e intentar colarlla o novo goberno, e de denuncias non sei que denunciou a quen pero creo de boas fontes que o contrato que tiña Martino co representante era un poco "ilegal"..Xa veremos o que pasa, pero deixade de desinformar.
(...)Esperamos as vosas opini�ns sobre o tema e sobre a actuaci�n do concelleiro de festas, se foi el o que actuou.
Creo que ese "se foi el o que actuou" deixa bastante claro que ningu�n esta desinformando, sen�n fac�ndose eco ,sen dar por suposto nada, dun rumor que corre polo pobo fundada ou infundadamente. Como si non tiveran feito cousas peores...
Creo que a iniciativa dos responsables do blog � moi boa, que cada un pode dicir o que lle ve�a en gana sen censura e que o comentario anterior � un desprecio que non se merece. Sempre botando pestes contra os que intentan facer algo diferente con boa intenci�n.
Home...se pensades que avisar ao tal "Vieites" con un mes de antelación que non pode vir é moito tempo tendo en conta a temporada que é...!!!!!A min paréceme que neste caso o novo "excelentísimo" alcalde actuou con rencor e revanchismo contra ó anterior goberno, só importándolle anular todo o que deixaron feito os de antes sen reparar se era bo ou malo, e impórtalle moi pouco xogar co pan da xente que traballa nesas orquestas.
Enviar um comentário