Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.

quarta-feira, 29 de agosto de 2007

González e a Abraira

Ouvín unhas noticias que poden ser interesantes, aínda que non actuais, si está ben coñecer algunhas cousas que pasaron, para saber a que aternos.

Contase nos círculos académicos do colexio Castelao, que cando foran as votacións para decidir se se aplicaba un horario de xornada continua, ou se polo contrario se mantiña o horario de tarde, houbo manobras estranas.
Este tipo de votacións necesitan dun porcentaxe de votos de nais e pais de alunos para se aprobar. Polo visto, ás poucas horas de pechar as urnas, non habia o quorum necesario. Foi entón cando aparece Roberto González, actual concelleiro de Obras Públicas. A Abraira acude a el, e entre os dous, coa listaxe de alunos, e telefono en man, chaman unha por unha a todas as casas pedindo o voto, dun xeito que recorda moito a certas prácticas caciquís deste país.

Por outro lado, parece ser tambén que durante o tempo que Maricarmen Abraira estivo de directora do colexio, houbo certo desvío de fondos. O colexio ten uns cartos destinados ao menú do comedor escolar, que escolle o colexio. A trampa é fácil, declárase comprar un peixo (por exemplo) de certa calidade, e de certo prezo, mais en realidade o que se lle dá aos nenos de comer é outro máis barato. A diferenza de prezos, obviamente, ia para o peto da Abraira.

Gustaríame que se alguén sabe algo sobre isto, que me parece moi serio, o compartise con nós para facelo público. Evidentemente, se alguén dos aludidos quere desmentir isto, ten o blogue á súa disposición.

6 comentários:

Anónimo disse...

iso é certo, eu fun chamado para ir votar por xente do colexio.

Anónimo disse...

Asi e todo, tamen non se pode esperar moito dela, alguen que usa a violencia como modo de educacion...

Anónimo disse...

O Terrunho... acábasme de defraudar enormemente.
As acusacións que aquí fas son moi graves, estás facendo unha acusación de malversación de fondos.
Con qué provas?
Víchelo ti?
Hai algunha sentencia en firme?
Xuizo?
Denuncia ante os tribunais?
O que estás a facer é dun mal gusto impresionante, de baixeza moral e dunha covardía sen límites.
Linche outras críticas que fixeches por aquí e estaban máis ou menos argumentadas e razonadas pero con esto tiras pola borda todo o feito ata o de agora.
Xa sen meterme no das votacións, que digas que alguén é un ladrón con esa lixeireza con que o fixeches paréceme patético.

Anónimo disse...

Pois a min pareceme ben que poña novas coma esta ainda que sexan vellas, e polo que vexo non acusou de nada se non que fala do que se viu e non se dixo non vexo que diga que foi asi se non que pide opinion
A mais disto creo que calquera de nos sabe ben quen foi Abraira...

Anónimo disse...

Saudos. Aquí escribimos tres persoas, asi que non vos refirades a "o terrunho" coma un único ser. Ademais, nesa noticia so se fala de "supostos" , ninguen asegura nada, pero a persoa que as escribiu, fixooo porque lle pareceu interesante. Moitas veces, é interesante saber isto, xa que non creo que vaia habernin sentencias, nin xuizos, etc. no referente a este tema. Sen máis, saudos.

Anónimo disse...

1º En ningún momento se lle chamou "ladrón" a ninguén.
2º Dise explicitamente que o blogue está á disposición de quen queira defenderse ou achegar datos sobre isto.
3º Evidentemente non se pode dicir isto con unha condena xudicial na man, como tampouco se podería dicir case nada entón.
4º Penso que a noticia ten a suficiente importancia como para recordarllo á xente. Iso si, procedendo de un xeito honrado, xa que os-as aludidos-as, poden facer uso de este espazo.
5º Paréceme que atacar a quen publica isto, en vez de rebater o que se publica, tampouco é moi xusto. Xa é horas de que alguén se atreva a dicir o que se ouve polas rúas. Se o anonimato de Internet serve para poder tratar temas "tabú" sen medo, benvido sexa.

 

© New Blogger Templates | Webtalks