Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.

sábado, 14 de julho de 2007

Por petición dalgún lector...

Actuacións salientables do novo goberno ordense.

Respondendo a un comentario aparecido, que nos acusaba de escribir a favor de certo grupo político polo mero feito de criticar ó goberno utilizando interesadamente as novas que mais nos conviñan para criticar, vou facer unha especie de resumo coas actuacións máis importantes do novo equipo de goberno. Se me falta algunha que consideredes importante, facédemo saber.

1ª - O horario dos plenos queda fixado o último Luns de cada mes ás 10 da mañá. Xa me diredes se é bó ou malo, eu opino que se debería facilitar a asistencia ó pobo, que para algo é o representado no pleno...


2ª - Investimento de máis de 300.000 € na creación dun campo de fútbol de céspede Artificial, se ben é certo que xa estaba previsto polo anterior equipo de goberno, creo que hai que salientar que non fai falta ningunha, e tal e como se queren cambiar as orquestras contratadas para as festas patronais polo elevado custo das mesmas, creo que tamén se pode evitar este desembolso innecesario de 300.000 €... Creo que a S.D. "Ordenes" (cando cambiarán o nome) ten dabondo cos 3 campos de fútbol cos que conta, mentres que parroquias coma Leira, etc. non teñen nin un campo de fútbol no que os rapaces poidan pasar o tempo (despois hai exceso de videoxogos, obesidade, drogadicción...)

3ª - A famosísima feira medieval.
Algo que está ben nun pobo con casco histórico, coma betanzos, e con unha ampla historia medieval, pero... en Ordes pinta tanto unha feira medieval coma a feira do champiñon (que non se dá nas nosas terras).

4º - Anclaxes dos contenedores.
A primeira acción que me parece ben do novo goberno, xa que a maioría dos contenedores do lixo eran levados polo vento cada día que este soprase con unha forza máis ou menos intensa.

5º - Activación e regulamento do bombeo de augas residuais do polígono.
Tamén me parece moi ben, outra acción acertada.

6º - Repintado de rúas.
Esta parece máis unha medida para facerse ver ca unha medida necesaria, porque xa me diredes se habia falta algunha de repintar as ruas que xa estaban ben pintadas, cando hai pistas por aí polas aldeas que dan pena, cheas de buracos...


E agora dicídeme, as poucas accións ben feitas até o de agora, parécenvos máis importantes que a creación do parque eólico? parécevos máis importante ter os contenedores suxeitos que perder moitísimos metros cadrados de monte? A min non, sinceramente.

P.D.: con respecto ós que din que son voceiro do "extinto" BNG, dicirlles que se o BNG estivese gobernando e o fixese mal, tamén o diría, porque o que a min me importa é o pobo, non quen o goberne...

15 comentários:

Anónimo disse...

1)300.000€, por se a gente nom o sabe, som 50 milhons de pesetas. Cartos mais que suficientes para que umha Concelharia de Desportos eficaz e séria, fixesse um programa maravilhoso para o desporto local, com actividades para tod@s.

2)As instalaçons do S.D.Órdenes nom som de um clube, senom municipais. E polo tanto de tod@s. Logo tod@s deveriamos decidir o que se faz com elas, como se gestiona, etc... Porque alguns pensam que o campo de futebol é seu, assim como dim "yo soy el club (O S.D.Órdenes [sic]).

3)Há mais desportos que o futebol...

4)O do horário dos plenos que mo expliquem os do PSOE... Tinha boa razom Martino no que dizia no Metropolitano sobre o tema. Assim que é um "hito histórico" (Couto dixit)transmitir pola rádio os plenos... Um "hito" seria que participasse o povo, nom que o ouvisse sem poder decidir. Um "hito" seria que o povo fixesse a rádio (veja-se o que se faz em Venezuela).

5)Para quando um estudo epidemiológico sobre o "transfuguismo agudo" em Ordes?

Anónimo disse...

Carlitos marx ou melhor adolfito hitler, ese sí seria o teu perfil, pois a bilis de rencor que vomitas e moi grande.

Anónimo disse...

Alguén sabe o que pasou con eordes.com?
Morreu?

Anónimo disse...

Creo que estivo o server caido, pero que agora xa volve a funcionar, onte polo menos funcionaba.

Anónimo disse...

anonimo que ten de hitleriana a opinion de carlos? hitlers tiñan que ser os que levan estes blog non deixando poñer opinion como as tuas que non din nada

Anónimo disse...

Muito falabarato... Rogaria que quando alguém opinasse o fixesse de jeito produtivo, que aporte algo e que argumente. Ou tod@s compartimos umas regras mínimas de debate ou isto ficará em um: "tonto", "tonto tu"...

Anónimo disse...

Se non me equivoco, e conto que non, o do campo de herba artificial non é un tanto para apuntar no concello, dado que é una subención da diputación para facer este tipo de campos en localidades que fomenten as canteiras dos equipos.
No que si estou de acordo con Carlos e que hai mais deportes, pero recordarvos a todos que o S.D Club Ordenes ten unha escola deportiva de mais de 200 nenos, polo que 200 nenos do noso concello fan deporte, e por tanto é unha porcentaxe moi alta de rapaces q elixen este deporte, polo tanto supoño que tendrá que ter mais presuposto que o tenis de mesa, ou que outros deportes mais minoritarios... Porque lle pese a quen lle pese os fins de semana do inverno moitos dos maiores e pequenos estamos pendentes do que pasa cos equipos os que animamos, xa sea o Ordenes, O Celta o Depor ou o equipo que sigamos.

Anónimo disse...

Moi ben, pero eu tamen penso que fai máis falta un campo de fútbol (ainda que sexa pequeno e de terra) en Leira ou parroquias grandes que están sen el, ca en Ordes-centro, que xa ten 3, se non me equivoco

Anónimo disse...

"polo tanto supoño que tendrá que ter mais presuposto que o tenis de mesa, ou que outros deportes mais minoritarios..." non compares o prezo dunha mesa de tenis de mesa co dun campo de fútbol...

Anónimo disse...

pero e que neste caso creo q non tedes razón porque é unha partida da diputación para concellos que cumplan certos requisitos, e si cumplimos ese requisito e gracias o club ordes, que eu non estou en desacordo q leira precise un campo de futbol, porq posiblemente si, e tamen moitas outras cousas, pero a subención e esta, e si se quere aceptase e si non se quere non, e neste caso aceptouse, a subención da diputación é para campo de herba artificial para concellos de mais de non seicantos habitantes e que cumpla certos requisitos, si tamén poidese entrar leira solicitaríanse dous, pero neste caso só se pode solicitar un..

Anónimo disse...

Vaia pois polo que se dicia eu pensaba que fora esther couto e non o sd ordenes.

http://www.dicoruna.es/bop/2006/05/31/6173-x.htm

Enton quen escolle a localizacion?

Anónimo disse...

Non é nin de Esther couto nin do club, e unha solicitude do concello, pero está solicitado de cando gobernaba martino, porque xa llo solicitara o club, e para a localización, creo que o sd ordenes ten dentro do seu recinto sitio para colocar o campo, que é donde se poñían antes os circos..

Anónimo disse...

o recinto non é da sd ordenes, o recinto é municipal. Se eu fago un equipo de futbol cos colegas, e non teño onde xogar, o campo seria igualmente meu ca da SD ordenes.

Anónimo disse...

Mijail Bakunin DIXIT:Empresa SEAGA, S.A. (servicios agrarios galegos, s.a.) en la que el bloque ha colocado a 890 enchufados (en el sistema de selección era determinante una ¡¡¡ENTREVISTA!!! que era puntuada, según qué categorias profesionales, con el 30%-40%-50% de los puntos totales posibles)

Anónimo disse...

eu estou de acordo contigo de que o recinto é municipal, pero e de uso do club ordenes, e si ti non tes campo, terías que ir ó concello, e dudo moito que poideras ir a xogar ó campo do ordenes.. tendrías outras posibilidades, pero dudo moito que esa fora unha...

 

© New Blogger Templates | Webtalks