Ordes aproba os seus presupostos sen atender ás alegacións veciñais.No pleno do pasado Luns, fíxose definitiva a aprobación dos presupostos para este ano, que son os máis altos da historia do concello, con 13 millóns de €. Pero o pleno non foi fácil para o grupo de goberno, houbo varias alegacións, feitas polo PP e por varios veciños. Estas alegacións (melloras na piscina climatizada, no tanatorio e inclusión nos orzamentos do investimento necesario para realizar o proxecto de ampliación da escola de música), foron rexeitadas polo pleno con 9 votos a favor do grupo de goberno.
No debate do pleno, o portavoz do Goberno, Manuel Astray acusou ó BNG de non dar a cara no asunto das peticións xa que, segundo el "estas alegacións non son duns veciños, son do BNG", Astray continuou coas súas acusacións: "non sei por que non tendes a valentía de presentalas, como fixo ou PP, e vos escondedes detrás de oito veciños"...
Ante a demanda dunha partida para un local de ensaio na actual escola de música, o alcalde Regos Fenda deu lectura a un informe técnico que revela que esa estrutura «non pode baixo ningún concepto soportar a construción dunha segunda planta, tanto polo sistema construtivo como pola capacidade resistente da estrutura», explicou. Por isto sinalouse que o Concello está estudando situar ese local de ensaio nunha escola rural. (ou sexa, que ainda pasaremos un bo tempo sen locais de ensaio...).
No que se refire ás alegacións de partidas orzamentarias para a xestión directa do tanatorio, Astray recordou que «o asunto do tanatorio está no xulgado e haberá que liquidar contas co anterior concesionario». Sobre o caso da piscina climatizada, Regos recordou que existen partidas presupostarias que, pese a non estar dirixidas exclusivamente á piscina municipal, poderán ser empregadas para solucionar os problemas.
As alegacións presentadas polo PP estaban dirixidas a que, segundo eles, hai obras presentes nos presupostos que xa están executadas, algo ó que Regos contestou que os orzamentos anteriores estaban prorrogados e que, ademais, se fixo unha modificación de crédito para efectuar a obra de iluminación.
Para rematar, ante a denuncia dos populares dunha incorrecta valoración dalgunhas obras previstas no orzamento, o alcalde sinalou que non só non é causa para presentar unha alegación, senón que entende que «tendo en conta que existen proxectos técnicos elaborados por técnicos competentes na materia, non é dá súa competencia estimar se os ditos prezos de licitación son caros ou baratos».
O BNG de Ordes bótalle en cara a Regos que as festas patronais poderían non ser celebradas na Alameda polo retraso na aprobación dos presupostos.O concelleiro Ramiro Recouso criticou ó goberno de Manuel Regos por non ter aprobado os presupostos en Xaneiro, como debería ter sido, engadindo que por causa disto é posible que as festas patronais non se celebren na alameda pois as obras non teñen pinta de rematar en Agosto.
O portavoz do BNG ordense, Gonzalo Castro, ofreceu o seu apoio ó goberno para «conseguir resolver un problema de grande importancia para os veciños e veciñas de Ordes, como é o mantemento da celebración das festas patronais non centro da vila, tal e como ven sendo tradicional», no que parece unha actuación de cara á galería por parte do nacionalista.
Cal é a vosa opinión sobre os asuntos? Parecenvos uns presupostos axeitados? Como pensades que marchan as obras da alameda? Estarán listas para Agosto? Sempre agardamos a vosa opinión.
Recordade que segue en marcha a sección Proteste Xa, para a que necesitamos a vosa colaboración. Mandade as protestas que desexades que se fagan públicas a:
oterrunho@gmail.com