Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.

domingo, 25 de novembro de 2007

Resumo da actualidade.

Problemas na Piscina climatizada.
Durante toda esta semana, segundo os socios, a auga da piscina climatizada estaba moi fría; segundo algúns deles, dende o mesmo Luns. Pois ben, até o xoves non se fixo nada, e foi o xoves cando se pechou o vaso ós bañistas para cambiar unha peza no transformador da caldeira. Os cruces de acusacións entre os partidos deixaronnos perlas coma que a piscina non puido ser utilizada (dto por parte do portavoz do BNG), cousa que non é tan certa, posto que si houbo xente que a utilizou, simplemente estaba máis fría do normal.

Ordes propón a Zhini como premio do deporte.
O concello impulsará o galardón para o xoven do clube Luar na gala da mancomunidade.
O pleno decidiu, por unanimidade realizar unha felicitación institucional a Óscar Zhini, recente campión de España sub-21 de taekwondo.
O representante do concello na mancomunidade de municipios, Manuel Astray, transmitiralle ós demais representantes a candidatura do xoven ordense ó premio do deporte, nunha galña que se celebrará a principios do vindeiro ano.

Entregarán a parcelaria de Montaos en 10 días.
Nun comunicado remitido ós medios de comunicación, o representante ordense do BNG, Gonzalo Castro, anuncia que nos vindeiros días será definitiva a publicación dos acordos de propiedade no DOG.

Cemiterio.
A principios de semana denunciaronse filtracions de auga nos panteóns, froito da mala xestión por parte da empresa concesionaria, apareceu deterioro en tumbas que afectou a cinzas e restos.
Segundo varios veciños, o problema ven xa do ano pasado, co derrubamento de varias cubertas dos panteóns, etc. A magnitude dos desperfectos pode asegurarse polo feito de que a propia funeraria viuse obrigada a utilizar unha bomba de achique, pois "os cinceiros frotaban nos nichos". Regos emitiu unha queixa á empresa concesionaria, da cal ainda non obtivo resposta.

Aproveitando o balbordo, o BNG acusou a Regos de consentir unha xestión ilegal do cemiterio, acusando ó alcalde de incluso favorecer a xestión ilegal do cemiterio do Balado por parte da firma Empresa para la Gestion del Nuevo cementerio de Ordes S.L. , cando a concesionaria deste servizo, por acordo plenario é a empresa arzuana Chofricas. Segundo Ramiro, cando no ano 93 se propuxo a creación do novo cemiterio, a Empresa para a Xestión... presentouse a un concurso público, pero incumplía unha serie de requisitos e a escollida foi Chofricas, a cal, realizou unha subcontrata con Empresa para a Xestión... de maneira ilegal, pois foi sen o consentimento plenario. Ademais, Ramiro asegurou que o único que o alcalde pode facer é rescindir o contrato coa concesionaria, e polo tanto rematar tamén coa actividade de "Empresa para la Gestión del Nuevo Cementerio de Ordes".

Perdoade polo parón de varios días sen publicar, pero e que andivemos ocupados.
Coma sempre, gustamos da vosa participación.

domingo, 4 de novembro de 2007

Resume informativo semanal.

O bloque ve en Ordes "intereses inconfesables".
O BNG de Ordes, a través do seu portavoz, Gonzalo Castro, fixo público o seu malestar tralo anuncio por parte do alcalde Manuel Regos da paralizacion do Plan Xeral. Os "nacionalistas" manteñen sospeitas de que "detrás da paralización do PXOM existen intereses inconfesables que buscan provocar que non se aprobe o mesmo no presente mandato municipal", una decisión que, según Castro, "abocaría a Ordes a seguir padecendo un desenvolvemento urbanístico caótico e pouco sostible". Ante esta situación o BNG asegura que defenderá a modificación do avance do PXOM, actualmente en tramitación, co obxectivo de aprobar un documento "que permita un desenvolvemento urbanístico equilibrado, que fomente a creación de vivenda protexida e que prime a calidade de vida dos veciños e veciñas de Ordes".

500 veciños participan na homenaxe ó soldado Lois.
Regos, Couto e o comandante Juan Feal Vázquez fixeron unha ofrenda floral nos tradicionais actos (que non sei se coa nova lei de memoria histórica se poderán seguir realizando) de homeaxe ó soldado ordense, que este ano foron seguidos por medio milleiro de persoas.
Logo da homenaxe, houbo concerto da Banda de música de infantería do Terzo Norte.

Ordes sube a taxa da recollida lixos un 3% e a de augas un 2'5%.

No pleno celebrado o pasado Luns día 29, a corporación ordense sumerxiuse nun debate sobre as normativas fiscais reguladoras de tributos e impostos. Segundo as propostas da alcaldía, as reformas pretenden simplificar o acceso dos cidadáns á documentación, até tal punto que, a partires do 1 de Xaneiro de 2008, eliminarase a taxa presente na maioría dos documentos administrativos (certificados de empadroamento, etc). En canto ás demais taxas, destaca a suba do imposto do lixo, que se incrementará por primeira vez desde o 2003, e que o fará nun 3%.
En canto ó servizo de abastecemento de auga e alcantarillado, a suba é dun 2'5%.

E digo eu, a taxa pagada por sogama polo paso dos camións, non sería ben empregada na baixada do imposto do lixo? Ainda por enriba súbeno? Como xustifican estas subas?

Coma sempre queremos saber as vosas opinións.
 

© New Blogger Templates | Webtalks