O alcalde de Abegondo, Juan José Rocha, lanzou onte duras críticas contra o Parque Eólico de Ordes.
Rocha dí que o Parque, unha iniciativa tramitada directamente polo Ministerio de Industria,«hipoteca definitivamente calquera posibilidade de desenvolvemento sostible e renovable do Concello» e, xa que logo, choca «frontalmente co Plan Eólico Solar Estratéxico do Concello de Abegondo incardinado dentro do Plan de Eficiencia e Aforro Enerxético Municipal».
A Deputación financia a normalización lingüística de 13 concellos, entre eles o de Ordes.
A relación de Concellos, que se beneficiarán de achegas que oscilan entre 6.000 e 12.000 euros, está integrada por Santiso, Boimorto, Frades, Boqueixón, Tordoia, Vedra, Oroso, Arzúa, Ordes, Ames, Melide, Teo e Val do Dubra. O deputado responsable da área de Normalización Lingüística destacou que «as administracións locais teñen que xogar un papel fundamental na normalización e na dignificación do noso idioma, e, por iso, dende a Deputación da Coruña se prantexou hai uns anos a posibilidade de conveniar cos concellos que así ou desexasen a creación e mantemento de servizos de normalización lingüística». En palabras de Xoán Manuel Sande «a convocatoria de axudas deste ano foi un éxito pois case duplica ou número de concellos que van contar cun servizo de normalización lingüística, chegando a preto dá metade dúas concellos dá provincia».
Cincocentos ordenses piden o desvío dos residuos de Sogama.
Preto de medio milleiro de veciños de Ordes estamparon a súa firma nos escritos que desde hai dúas semanas están repartidos polo municipio para esixir a Sogama que utilice unha vía alternativa ao centro urbano da localidade para trasladar os residuos sólidos urbanos á planta de incineración de Cerceda. Os responsables locais do BNG esperan aumentar o número de sinaturas, xa que deixaron numerosos escritos repartidos por diversos comercios da vila. A proposta que expoñen os autores da campaña é que o constante peregrinar de camións cargados de residuos sólidos desvíese pola autoestrada e por novos viarios nos que o impacto ambiental é menor.Sogama confirmou que non está polo labor de aceptar esta proposta porque considera que lle supón un custo engadido de 2,4 millóns de euros. Como medida compensatoria asinou un convenio de colaboración co Concello de Ordes para organizar actividades que fomenten a compostaxe e a reciclaxe, no que Sogama exerce o pago dunha tarifa (ó meu parecer ridícula) polo paso dos camións polo centro da vila.
Coma sempre, pedimos as vosas opinións.
Saudos!
Como facía o vello xornal, este blogue de opinión trata de asomar a información de Ordes desde un punto de vista politicamente imparcial.
quarta-feira, 17 de outubro de 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)



18 comentários:
O B.N.G. o que ten que facer ,e menos lerias e esixirlle á xunta que habilite unhas vías alternativas para que poidan circular os camións por elas ¿Senón por onde queren que pasen? Téñeno fácil, hai pistas de concentración que se poden acondicionar con pouco traballo. O que fai falta é voluntade, cousa que non teñen.
Cando estaban na oposición na xunta, prometeron mil veces que si chegaban a gobernar desaparecería Sogama. O que fixeron foi incrementar a queima ¿Quén lles fai caso?
Agora, claro, despois do fracaso electoral queren endereitar o rumbo, pero eu penso que con demagoxias non o van a conseguir.
O que hai que facer e traballar e buscar solucións. O demais son contos malos que fan pouca gracia.
Home para min o que propoñen e unha solucion, xa vexo eu un camion de sogama por unha pista da concetracion... quen se atope eso... acabaria sendo unha corredoira para camions
Home eu creo que se algo estamos de acordo todos e que non queremos e que pasen os camions entre nos
Asi e todo eso que se di de que o bng tiña que buscar outra solucion e como se calquera do partido de Regos fixese algo mal e se lle bote a culpa ao psoe ,ainda asi nin e comparabel un goberno municipal ao autonomico cousa que ainda fai mais ridiculo tal posicion
Hai un que di que os camións de Sogama teñen que ir por pistas da concentración parcelaria!!!
Vaia burrada!! Sabes o que pesa un camión de Sogama cargado de lixo?
Este pobo é increible. En canto alguén move un dedo para solucionar algo, o único que fan é criticalo.
Asi nos vai.
Oye anónimo de la primera opinión, quien está gestionando Sogama de forma lamentable es el psoe.
A cada uno lo que es lo suyo.
Yo no soy del BNG, ni mucho menos, pero lo que no soporto es que mienta.
Eu polo menos dei a opinión das pistas de concentración, vós só falades de quitar os camións da vila, pero non decides por onde. ¿Polo furado dunha toupa? eu sei o que pesa un camión de lixo, pero tamén sei que as pistas de concentración se poden anchear e afirmar para que soporten a tonelaxe de calquera camión ¿Ou non?
Polo menos dade solucións.
Non te enteras anónimo das pistas de concentración. Cando leas o escrito de sinaturas do BNG fala.
Criticas aos do BNG e nin sequera sabes o que propoñen.
Falar por falar.
Ao anónimo que propón a burrada das pistas de concentración:
O BNG propón que vaian pola A9 ata Ledoño e de aí pola nova estrada que hai a Sogama (non pasan por ningún pobo).
Ah! e cando e construa a circunvalación, pola circunvalación.
Pero non ves que esta reclamación pode acelerar a construcción da circunvalación.
Por certo, non se pode criticar sen informarse, como dis que o BNG non ten proposta, ten unha proposta bastante máis realista que a das pistas de concentración, que non ten nin pes nin cabeza.
Eu teño unha proposta, se trouxeran os contendores en avions e helicopteros xa estaba que asi non acondicionamos as pistas da concentracion
En helicópteros e avión non, pero en tren podían traer moito máis. Porque non o fan? Porque non interesa...€€€.
Non queirades xustificar ainda por riba a Fenosa, que é quen realmente goberna Sogama, porque o señor Manuel Vázquez, Conselleiro de Medio Ambiente non ten o que hai que ter para poñer a andar ós de Fenosa.
en tren... con iso pasa coma con Meirama, o carbon podia levarse perfectamente por tren, pero hai algún chupón que dirixe compañias de transporte (camións) que non deixaría que iso pasase.
Vexo que á maioría non vos interesa resolver o problema dos camións de Sogama. Somentes defendedes ao BNG. Unha cousa é a política, e outra ben distinta o problema que temos na vila ¿Cando aprenderemos a non misturar unha cousa coa outra? ¿Que queremos, decir que sí ao que antes deciamos que non? ¡sexamos un pouco serios, senón chegará un momento que colleremos todos no mesmo saco!
Xa que algúns de vós defendedes o indefendible, e vos dá igual unha cousa que outra, que o único que buscades é defender ao BNG. ¿porque non traedes a Quintanilla cos maiores de festa e que se encarguen de levar o lixo nos autobuses cando van de excursión?
Á maioría de vós, os camións de Sogama tráevos sen coidado.
Quintanilla, marea os maiores. ¡veña festas! Suárez Canal aos do rural, e vós agora aos de Ordes.
¡A este paso, Mussoline, Hitler, Lenin, Stalin e tantos outros quedáronse curtos coa súa propaganda.
¡sexamos serios e deixémonos de demagoxias! ¡busquemos solucións claras e concisas, sin partidismos de ningunha clase! ¡o demais dá noxo!
Exacto, sin partidismos digo que estou de acordo coa campaña para desviar os camións do BNG.
Outros, con evidente partidismo non están de acordo coa campaña só porque a fai o BNG.
Creo que non iba tan descamiñado o anónimo que propoñía utilizar algunha pista de concentración para os camións de Sogama. o que pasa que non o explicou de todo ben. Evidentemente habería que arranxalas para tal fin. eu tamén vou dar a miña opinión. si dende as Casillas fan unha desviación cara o Balado, ou cara o empalme de Carballo, xa se podían desviar os camións e a carretera xa se aproveitaría para o día que se faga a circunvalación conectala con ela. Así tamén se aproveitaba para descargar parte do tráfico da rúa do Recreo. o custo non sería moi elevado por que o traxecto é pequeno. os terreos habería que tratar cos donos. Quizais os donarían a cambio de urbanizarlles a sembradura restante.
Digo todo esto sin partidismo nin rancor cara ninguén, que aquí cando se opina algo que non lle gusta a determinada xente xa se arma, teñas razón ou non.
eu votaria por facer un aeroporto, e mandar a merda en avions, canta merda collera no novo airbus?
Deberiamos empezar por ESIXIRLLE A SOGAMA que os seus CAMIÓNS vaian BEN SELADOS, que non estren a merda por todo o pais porque para algo a recollemos e selecionamos, digo eu...
¿ou é que ó resto da xente por onde queremos mandar os camións non lle vai cheirar?
A solución ó problema non é pasarllo a outro
Enviar um comentário