O grupo nacionalista manexa tres propostas básicas:
A creación do consensuado Local Social, cuxa non inclusión no plan supón, segundo Ramiro, un retraso na construcción dun edificio que albergaría, nunha das súas plantas, o local de ensaio demandado reiteradamente polo BNG e algún grupo musical xuvenil afín a este partido (que xa fixeran protestas "pacíficas" nalgunha sesión plenaria levados da man por dito partido). Engade o edil nacionalista que, pese a que o seu grupo valorará positivamente se se produce o apoio da Consellería de Cultura a financiar este proxecto, dita vía de financiamento atrasa a construción da obra, mentres que, de incluírse no plan de Zapatero para os concellos, a súa edificación sería inmediata, a través dos fondos económicos estatais.
A reforma e modernización da praza de abastos (que na actualidade din eles que está prácticamente desocupada) serviría de base para desenvolver un plan de dinamización que facilite a implantación nos postos dos productores locais do sector primario da comarca, o que contribuiría a reforzar a comercialización dos produtos dun sector de gran importancia para Ordes. (todo isto segundo o BNG).
Por último a terceira gran proposta nacionalista baséase na creación dun vivero de empresas co fin de favorecer o autoemprego e o inicio da actividade de mozos/as
Que vos parece a non inclusión do bloque no plan inversor?
Que vos parecen as propostas do BNG ordense? Son realmente necesarias? Proporías outros investimentos diferentes?
Credes que a reunión de Regos con Bugallo sairá ben para os intereses ordenses?
Coma sempre esperamos a vosa opinión.



